Usuario:Iriapires

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

David Rodríguez Rivada[editar | editar a fonte]

David Rodríguez Rivada nado en Ourense o 4 de marzo de 1981, é un filólogo e músico galego.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música de Vigo no ano 1991. No ano 2003 remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, cursando o terceiro ciclo na UNED, e neste mesmo ano recibe o Premio Extraordinario de Fin de carreira e tamén o Premio autonómico de Fin de carreira. O ano seguinte, no 2004, remata o Grado profesional de violonchelo no Conservatorio profesional de música de Vigo e ingresa na función pública como profesor de Ensinanza Secundaria na materia de Música.

Dende o ano 2005 o seu labor docente recrease en Verín no IES Xesús Taboada Chivite. Neste realiza unha serie de traballos destacables nos que se encontra a elaboracion dun material didáctico que consiste nun libro de texto dixital para o curso de 2º de Educación Secundaria na materia de Música coa editorial Netex, a creación de diversos musicais escolares (Os miserables no ano 2013, Mouling Rouge no ano 2014, Mamma Mia no 2015, Hoxe non me podo levantar no 2016, Grease no 2017 e A Bela e a Besta no 2018) e concertos didácticos para escolares. Os dous primeiros musicais foron compartidos nas VI xornadas de Lingua e Literatura e nas I xornadas de Pedagoxía Musical no ano 2014 mentras que o musical Grease recibiu o Premio de Dinamización e Innovación Lingüística no 2018 do cal se falou no xornal Faro de Vigo [1] .A EDUGA realizoulle unha entrevista sobre este musical premiado na cal se comenta o uso de outras formas de ensino non habituais e que xeran mellores relacións entre o profesorado e o alumnado coma neste caso.[2]

No ano 2017 rematou o doutorado en Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo dirixido pola doutora María del Carmen Becerra Suárez o 21 de xullo de 2017 e nese mesmo ano o 8 de Novembro publicouse o seu libro O mito de Don Xoan na ópera Don Giovanni de Mozart[3] no que pretende dar conta dos mecanismos musicais e literarios que se articulan para dar paso a este mito. Para iso, tras expor brevemente a evolución do mito e identificar as súas variantes e o contexto do século XVI, repasa as fontes desta obra cume e analiza a partitura e libreto antes de mencionar o que deixou tras de sí. O Crítico musical, Roberto Relova, relata que é unha estraordinaria aportación ás investigacións musicolóxicas acerca do mito e a construción mozartiana e cunha extensa e rigurosa proposta dende a visión da literatura comparada.[4]

Na actualidade segue a impartir a materia de música no IES Xesús Taboada Chivite e no entanto estuda o terceiro curso de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago,e isto compaxinao cun blog académico chamado davidov3.blogia.com.[5]

Publicación[editar | editar a fonte]

  • O mito de Don Xoan na ópera Don Giovannni de Mozart (2017)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vigo, Faro de. "Docencia fóra da cuadrícula". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-05-28. 
  2. "Facendo de Verín un novo Broadway | Eduga". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-05-28. 
  3. Rodríguez Rivada, David,. El mito de don Juan en la ópera Don Giovanni de Mozart. Vigo. ISBN 9788416187935, 8416187932 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). OCLC 1059530343. 
  4. Codalario. "Lo mejor de 2018 en libros, conciertos, espectáculos escénicos y grabaciones". www.codalario.com (en castelán). Consultado o 2019-05-28. 
  5. "En el río pasan ahogados todos los espejos del pasado". davidov3.blogia.com. Consultado o 2019-05-28.