Usuario:Garrote20/Eurovision Song Contest 1961

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión 1961
Datas
Final 18 marzo de 1961
Anfitrión
Lugar Palais des Festivals et des Congrès
Cannes, Francia
Produtor executivo Maurice Barry
Televisión anfitrioa Radiodiffusion-Télévision Française (RTF)
Acto(s) intermedio(s) Tessa Beaumont and Max Bozzoni
Participantes
Participantes 16
Países que debutan España, Finlandia e Iugoslavia
Votacións
Sistema de votación Cada país tiña un xurado de 10 membros, cada membro otorgaba un 1 punto a súa canción favorita.
Canción gañadora Luxemburgo, "Nous les amoureux"
Festival de Eurovisión
◄1960 1962►

O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).

O concurso foi organizado no "Palais des Festivais et des Congrès" (Pazo de festivais e congresos) o 18 marzo de1961. Foi o primeiro concurso realizado nun sábado polo serán, tradición que continúa ata a actualidade. O espectáculo foi conducido por Jacqueline Joubert, quen tamén conduxera o festival de 1959.

Dezaseis países participaron no concurso, tres máis que na edición anterior. Debutaron no festival a Finlandia, a España e a Iugoslavia.

O gañador foi Luxemburgo coa canción "Nous les amoureux" (Nós, os amigos), interpretada por Jean-Claude Pascal, escrita por Maurice Vidalin, e composta por Jacques Datin.

Localización[editar | editar a fonte]

Palais des Festivais et des Congrès, Cannes - local anfitrión do festival de 1961

O festival tivo lugar en Cannes, Francia, no Palais des Festivais et des Congrès, após de que Francia gañara o concurso de 1960 o que otorga o dereito de ser anfitrión do festival do ano seguinte.

Cannes, é unha cidade localizada na costa azul francesa. É un dos maiores destinos turísticos de toda a Francia e é mundialmente coñecida por ser anfitrioa do Festival de Cine de Cannes, feito tamén no Pazo dos festivais e dos congresos. O edificio do foi construido en 1949 dentro do hotel de luxo JW Marriott Cannes na popular avenida do Croisette. Ista foi tamén a sede da edición de 1959.

Formato[editar | editar a fonte]

O vídeo introdutorio foi semellante ó de 1959: primeiro unha visión do mar e do Palais des Festivals et des Congrès; despois, unha visón do local, das cabinas dos comentadores, do público, da orquestra e, finalmente, unha cortiña, que por detrás deixaba entreveres o escenario. O escenario foi maior do que fóra usado nos anos anteriores, nel representábase un grande xardín dunha gran pazo mediterráneo, con escadas de pedra, flores e co cuadro de votacións posicionado á esquerda do palco. Abriu a cortiña desvelando a todos os artistas reunido no escenario (por primeira vez na historia). Aparece entón a presentadora do espectáculo, Jacqueline Joubert, que foi a primeira persoa a apresentar duas veces o festival.

Comezou co clásico "Boa noite, Europa!" E concluiu a sua introdución con: "Para aproximar as persoas, un pouco dun refrán as vezes é moito mellor do que un longo discurso." Doña Joubert deu entón a benvida aos participantes, que, un por vez, avanzaron ata o micrófono para dicir o seu nome. Despois, a propia Joubert foi quen introduxo cada canción.

Como é habitual houbo un intervalo de varios minutos entre a última música e a votación. Para amenizar istes minutos a RTF contratou a dous bailadores da Ópera do Paris para dar un breve baile.

A emisión durou 1 hora e 35 minutos. O evento foi seguido por 35 millóns de persoas.

O sorteo da orden de actuación foi feita a 16 de marzo.

Debido a problemas co tempo límite do concurso, a música vencedora non foi transmitida no Reino Unido.[1]

Durante as votacións Luxemburgo votou ó Reino Unido con 8 puntos, Noruega tamén votou á Dinamarca con 8 puntos. Ista foi a votación máis grande feita por un só pais a outro dende 1958 e non sería superada ata 1970 cando a Bélxica votou á Irlanda con 9 puntos.[2]

Países participantes[editar | editar a fonte]

Un total de dezaseis países participaron no Concurso, incluíndo o tres debutantes: Finlandia, España, e Iugoslavia.[2]

Mestres de orquestra[editar | editar a fonte]

Cada país tiña un mestre de orquestra de seu para cada actuación.[3] Léo Chauliac, foi o director do tema de apertura do festival. [a]

  • España – Rafael Ferrer
  • Mónaco - Raymond Lefèvre
  • Austria – Franck Pourcel
  • Finlandia – George de Godzinsky
  • Iugoslavia – Jože Privšek
  • Países Baixos – Dolf van der Linden
  • Suecia – William Lind
  • Alemaña - Franck Pourcel
  • Francia - Franck Pourcel
  • Suíza – Fernando Paggi
  • Bélxica - Francis Bay
  • Noruega – Øivind Bergh
  • Dinamarca - Kai Mortensen
  • Luxemburgo – Léo Chauliac
  • Reino Unido – Harry Robinson
  • Italia – Gianfranco Intra

Resultados[editar | editar a fonte]

Sorteo País Artista Canción Lingua[4][5] Sitio[6] Puntos
01  España Conchita Bautista "Estando contigo" Español 9 8
02  Mónaco Colette Deréal "Allons, allons les enfants" Francés 10 6
03  Austria Jimmy Makulis "Sehnsucht" Alemán 15 1
04  Finlandia Laila Kinnunen "Valoa ikkunassa" Finés 10 6
05  Iugoslavia Ljiljana Petrović "Neke davne zvezde" (Неке давне звезде) Serbo-Croata 8 9
06  Países Baixos Greetje Kauffeld "Wat een dag" Holandés 10 6
07  Suecia Lill-Babs "April, april" Sueco 14 2
08  Alemaña Lale Andersen "Einmal sehen wir uns wieder" Alemán, francés 13 3
09  Francia Jean-Paul Mauric "Printemps, avril carillonne" Francés 4 13
10   Suíza Franca di Rienzo "Nous aurons demain" Francés 3 16
11  Bélxica Bob Benny "September, gouden roos" Holandés 15 1
12  Noruega Nora Brockstedt "Sommer i Palma" Noruegués 7 10
13  Dinamarca Dario Campeotto "Angelique" Danés 5 12
14  Luxemburgo Jean-Claude Pascal "Nous les amoureux" Francés 1 31
15  Reino Unido O Allisons "Are u sure?" Inglés 2 24
16  Italia Betty Curtis "Al di là" Italiano 5 12

Resultados[editar | editar a fonte]

Cada país participante tivo un xurado de 10 xuíces que puntou con 1 punto á súa canción favorita.

Puntuación total Italia Reino Unido Luxemburgo Dinamarca Noruega Bélxica Suíza Francia Alemaña Suecia Países Baixos Iugoslavia Finlandia Austria Mónaco España
España 8 1 2 2 1 1 1
Resultados [7][8]
Mónaco 6 1 1 3 1
Austria 1 1
Finlandia 6 2 2 1 1
Iugoslavia 9 1 1 1 2 1 3
Países Baixos 6 2 1 1 2
Suecia 2 2
Alemaña 3 1 1 1
Francia 13 2 1 4 1 1 2 2
Suíza 16 2 2 4 2 1 2 2 1
Bélxica 1 1
Noruega 10 1 5 1 2 1
Dinamarca 12 8 2 1 1
Luxemburgo 31 3 1 1 1 5 1 1 5 3 4 4 2
Reino Unido 24 1 8 1 1 7 3 3
Italia 12 4 4 1 1 1 1

Personalidades[editar | editar a fonte]

A continuación unha lita das persoas encargadas de presentar na retransmisión os votos de cada país no orde en que foron feitos:

  1. Italia – Enzo Tortora
  2. Reino Unido – Michael Aspel
  3. Luxemburgo – TBC
  4. Dinamarca – Ole Mortensen
  5. Noruega – Mette Janson
  6. Bélxica – Ward Bogaert
  7. Suíza– Boris Acquadro
  8. Francia – Armand Lanoux
  9. Alemaña – Heinz Schenk
  10. Suecia – Roland Eiworth
  11. Paises Baixos – Siebe van der Zee
  12. Iugoslavia – Saša Novak
  13. Finlandia – Poppe Berg
  14. Austria – Emil Kollpacher
  15. Mónaco – TBC
  16. Estado español – Diego Ramírez Pastor

Transmisión[editar | editar a fonte]

A continuación unha táboa cas televisións encargadas de transmitir o festival.[9][10]

País Televisión Presentador
Austria ORF Lobo Mittler
Bélxica RTB Francés: Robert Beauvais
BRT Holandés: Nic Bal
Dinamarca Danmarks Radio TV Sejr Volmer-Sørensen
Finlandia Suomen Televisio, Yleisradio Aarno Walli
Francia RTF Robert Beauvais
Alemaña Deutsches Fernsehen Lobo Mittler
Italia Programma Nazionale Corrado Mantoni
Luxemburgo Télé-Luxemburgo Robert Beauvais
Mónaco Télé Monte Carlo
Países baixos NTS, Hilversum 1 Piet te Nuyl
Noruega NRK, NRK P1 Leif Rustad
España TVE Federico Gallo
Suecia Sveriges TV, SR P1 Jan Gabrielsson
 Suíza DRS TV Alemán: Theodor Haller
TSR Francés: Robert Beauvais
Reino Unido BBC TV Tom Sloan
BBC Light TV Pete Murray
Iugoslavia Televizija Beograd Serbo-Croata: Ljubomir Vukadinović
Televizija Zagreb Serbo-Croata: Sašun Novak
Televizija Ljubljana Esloveno: Tomaž Terček

Referencias[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Música en 1961]] [[Categoría:Festivais de música en Francia]] [[Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión]]

  1. Tobin, Robert Deam (2017-07-05). Eurovision at 50: Post-Wall and Post-Stonewall. Routledge. pp. 25–35. 
  2. 2,0 2,1 http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?event=278. Consultado o 2009-02-13.  Falta o |title= (Axuda) Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "official1961" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. http://www.andtheconductoris.eu/. Consultado o 10 July 2018.  Falta o |title= (Axuda)
  4. http://www.diggiloo.net/?1961. Consultado o 4 March 2012.  Falta o |title= (Axuda)
  5. https://4lyrics.eu/eurovision/esc-1961/results/. Consultado o 16 September 2020.  Falta o |title= (Axuda)
  6. https://eurovision.tv/event/cannes-1961/final. Consultado o 28 March 2021.  Falta o |title= (Axuda)
  7. https://eurovision.tv/event/cannes-1961/final/results. Consultado o 28 March 2021.  Falta o |title= (Axuda)
  8. https://eurovision.tv/page/history/by-year/contest?event=278#Scoreboard. Consultado o 14 June 2021.  Falta o |title= (Axuda)
  9. "1961 - Cannes". songcontest.free.fr. Consultado o 2022-01-02. 
  10. "Welkom op de website van Eurovision Artists". www.eurovisionartists.nl. Consultado o 2022-01-02. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente