Usuario:Estevoaei/fonética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nº de orde AFI 101
AFI (texto) p
AFI (imaxe) p
Secuencia HTML p
p
X-SAMPA p
Kirshenbaum p
Voiceless bilabial plosive.ogg Pronunciación

A oclusiva bilabial xorda é un tipo de son consonántico usado en varios idiomas. O símbolo do Alfabeto Fonético Internacional que representa este son é p, e o símbolo X-SAMPA equivalente é p. Na lingua galega, a implosiva bilabial xorda é escrita coa letra p, como en pai ou .

O son [p] falta aproximadamente no 10 % de idiomas que teñen o son oclusivo bilabial sonoro, [b]. (algo similar pasa coa oclusiva velar sonora, [ɡ]). Esta é unha característica rexional da zona circum-sahariana (a parte de África ao norte do Ecuador, incluíndo a península Arábiga). Non se coñece a antigüidade desta característica rexional, nin se é un fenómeno recente a causa de que o árabe se empregue como lingua de prestixio (o árabe perdeu o son [p] en tempos prehistóricos), ou se o árabe mesmo foi afectado por un patrón rexional máis antigo. Esta carencia atópase tamén noutras áreas, por exemplo, o protocelta e o éuscaro antigo están reconstruídos contando co son [b] mais non co [p].

Con todo, o son [p] é moi común, e a maioría dos idiomas ten polo menos un [p] simple, e algúns distinguen máis dunha variedade. Moitos idiomas indios, como o hindi, teñen un contraste dicotómico ou binario (de dous valores distintos) entre o son [p] aspirado e o simple.

Características[editar | editar a fonte]

O seu modo de articulación é oclusivo, o que significa que é producida obstruíndo o aire no tracto vocal.

O seu punto de articulación é bilabial, sendo articulada con ambos os dous beizos.

O seu tipo de fonación é xorda, sen vibración das cordas vocais.

Ao ser unha consoante oral, o aire escapa pola boca.

Ao ser unha consoante central, o aire flúe polo medio da lingua, non polos lados.

A iniciación é egresiva pulmónica, sendo articulada empurrando o aire dos pulmóns e a través do tracto vocal, en vez da glote ou a boca.

Variedades[editar | editar a fonte]

IPA Descrición
p p simple
p aspirada
p palatalizada
p labializada
p no soltada
p sonora
p exectiva