Usuario:Elisardojm/Obradoiro profes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obradoiro de edición

Razóns para introducir a Galipedia nas aulas

Beneficios para os estudantes

  • Deste xeito expoñen as súas tarefas ante unha audiencia global e poden sentirse máis responsables do traballo.[1][2][3]
  • A exposición e publicación do traballo pode aumentar a súa motivación.
  • O seu traballo poderá seguir mellorándose unha vez que a tarefa sexa completada, por outros usuarios da Galipedia ou por alumnos doutras promocións.
  • Reforzan a súa habilidade para pensar criticamente e avaliar fontes de información.
  • Tamén aprenden a traballar nun ambiente colaborativo.
  • Aprenden que non son só consumidores de información, senón que poden axudar a creala.
  • Esta actividade tamén os libera do rol pasivo que normalmente teñen nas aulas e mellora a súa autoestima.
  • Tamén esperta a curiosidade polo coñecemento, se os alumnos se afán a usar a Galipedia, é doado que algúns deles se enganchen a ler e amañar artigos, aprendendo moitas cousas novas.
  • Mellora a súa competencia dixital dentro das actividades de cada materia.
  • Axuda á interdisciplinariedade, xa que varias áreas poden traballar nun proxecto común.
  • Supón un aprendizaxe significativo porque a Galipedia non admite copias doutras fontes (libros de texto incluídos; o que si hai que facer é citar as fontes), polo tanto os alumnos teñen que redactar o tema coas súas palabras.
  • Melloran as súas habilidades na escrita.
  • Melloran o seu pensamento crítico.
  • Aprenden como referenciar e a usar fontes fiables correctamente.

Beneficios para a Galipedia

  • O proxecto medra e faise máis completo.
  • Máis xente adquire habilidades de edición e poden colaborar.
  • Máis xente obtén unha sólida comprensión da fiabilidade da Galipedia e pode utilizar o seu contido de forma máis segura.

Beneficios para os profesores

  • Outros editores da comunidade axúdanlles a guiar e/ou avaliar ós estudantes.


Configuración adicional do editor visual
Para que o editor visual permita modificar as páxinas de espazos de nomes diferentes do principal tedes que seguir estes pasos:

  • crear o voso ficheiro common.js aquí
  • engadir o seguinte código:
$wgVisualEditorAvailableNamespaces = [
    NS_MAIN => true,
    NS_USER => true,
    NS_WIKIPEDIA => true,
    4 => true,
    NS_IMAGE => true,
    NS_MEDIAWIKI => true,
    8 => true,
    NS_TEMPLATE => true,
    10 => true,
    NS_HELP => true,
    NS_CATEGORY => true,
    NS_PORTAL => true,
    100 => true,
    NS_BOOK => true,
    NS_MODULE => true,
    828 => true,
    "_merge_strategy" => "array_plus"
];
  • gardar a páxina


Axuda do editor
Aquí está a axuda do editor visual Axuda:Introdución.


Proxectos pedagóxicos
Aquí está toda a documentación dos proxectos pedagóxicos da Galipedia: Wikipedia:Proxectos pedagóxicos


Información para os usuarios dos proxectos pedagóxicos
Modelo:Usuario programa pedagóxico


Notas