Usuario:Elisardojm/JavaScript Wiki Browser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Text-x-source.svg
Código fonte
Ficheiro de internacionalización
Folla de estilo
Executar script
Páxina de configuración

O JavaScript Wiki Browser é un código JavaScript que permite ós usuarios facer edicións semi-automáticas de forma sinxela. Non precisa instalación e pode executarse en calquera plataforma.

Este código está baseado principalmente na versión descargable do AutoWikiBrowser.

Instalación[editar | editar a fonte]

Para instalar esta aplicación, pon o seguinte código no teu ficheiro JavaScript (por exemplo Special:MyPage/common.js):

importScriptURI('//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Joeytje50/JWB.js/load.js&action=raw&ctype=text/javascript');

Comezando[editar | editar a fonte]

Despois de instalar a aplicación, simplemente vai a esta páxina para executar o programa. Tamén che aparecerá no menú de ferramentas a ligazón JS Wiki Browser que te levará en todo momento a este trebello.

A interface do JWB pode semellar un pouco confusa ó principio, pero en pouco tempo afaraste a traballar con el. Esta interface empaquetada densamente ten poucas pestanas a usar, o que permite facer máis cousas sen ter que cambiar de pestana.

A parte máis importante da aplicación é a lista de páxinas. Podes indicar calquera cantidade de páxinas na lista na esquina inferior esquerda da interface. A lista de páxinas, así como a área de edición e a pantalla de resultados (a parte superior) son redimensionables, e para os campos de texto, expandiranse sobre o resto da interface de JWB para evitar mover o contido a un lado.

Mentres se edita, todas as entradas están desactivadas, polo que para modificar a túa configuración, primeiro tes que premer o botón de Parar.

Lista de páxinas[editar | editar a fonte]

Na primeira pestana (Config.), atoparás un conxunto de opcións que te permiten realizar certas accións na lista de páxinas. O botón Eliminar duplicados filtrará automaticamente calquera páxina duplicada, e o botón Ordenar ordenará a lista de páxinas alfabéticamente.

Variables de páxina[editar | editar a fonte]

Podes definir variables de páxina na lista de páxinas. Isto pode facerse poñendo unha | despois do nome da páxina, e engadindo despois o valor da variable de páxina. Esta variable poderá ser accedida despois usando $x nas caixas de substituír Substituír: e Con:, nas dúas caixas de Saltar cando:, e para os administradores, na caixa de nome de páxina obxectivo.

Isto pode ser de utilidade para mover unha gran cantidade de páxinas. Simplemente prepara unha lista de nomes de páxina iniciais co novo nome de páxina posto despois delas con |, e así encherase automaticamente no novo nome de páxina. Tamén pode usarse cando queres substituír unha palabra específica que é diferente para cada unha das páxinas da túa lista, ou se necesitas substituír algo cunha palabra específica. Se non se indica unha variable de páxina, úsase o título da páxina como variable de páxina.

Pre-análise[editar | editar a fonte]

O modo pre-análise pode usarse para filtrar automaticamente a túa lista de páxinas collendo só as que cumpran certos requisitos. Simplemente marca a caixa Usar modo pre-análise, e define os requerimentos para filtrar as páxinas na pestana Saltar. Despois de definir as túas condicións de salto, preme Xerar para comezar a cargar cada páxina na lista, saltala cando cumpra as condicións de salto, ou movela ó final da lista de páxinas para usala despois.

JWB insire automaticamente unha marca #PRE-PARSE-STOP (fin da pre-análise) ó final da lista de páxinas, para que os artigos se traten só unha vez. Se queres cambiar o lugar onde debe parar a pre-análise, simplemente insire a marca #PRE-PARSE-STOP nunha nova liña na lista de páxinas debaixo da última páxina que queiras pre-analizar (como se fose un nome de páxina).

Podes premer en Parar en calquera momento durante a pre-análise. A marca #PRE-PARSE-STOP porase nese sitio, co que simplemente podes modificar as túas regras de salto, e continuar, ou podes premer o botón de reiniciar que está ó lado da caixa de Usar modo pre-análise para re-analizar toda a lista de artigos de novo.

Xerar a lista de páxinas[editar | editar a fonte]

Para xerar unha lista de páxinas, simplemente preme o botón Xerar na pestana Config.. Isto abrirá unha xanela nova onde podes especificar os requerimentos que debe cumprir a páxina. Ten en conta que a xeración da lista de páxinas está limitada a 50 peticións consecutivas a un tempo. Isto é para previr a sobrecarga do servidor. A cantidade máxima de páxinas por petición depende do xerador que se use. Para páxinas dunha categoría ou ligazóns nunha páxina, o límite é 500 (ou 5000 para bots), e para os outros xeradores é 50 (ou 500 para bots).

Cada un destes xeradores filtra os seus resultados baseándose nos espazos de nomes seleccionados na caixa de espazos de nomes á dereita das opcións de xeración. Podes seleccionar varios espazos de nomes mantendo as teclas Ctrl ou Shift e premendo, ou arrastrando polos os espazos de nomes. Se a lista de páxinas xerada supera a cantidade máxima de páxinas, podes usar isto para filtrar os resultados e obter a lista completa en varios pasos.

Simplemente marca a caixa despois da lenda do conxunto do campo para activar os campos e incluír ese xerador de lista cando se cree a lista de páxinas.

Categoría
Obtén todos os membros da categoría indicada.

Para excluír as subcategorías, ficheiros, ou artigos, simplemente desmarca as respectivas caixas para desactivalas.

Ligazóns a unha páxina
Obtén todas as ligazóns á páxina indicada.
  • Pode incluír ligazóns wiki regulares, transclusións de modelos, ou uso de ficheiros. E poden usarse simultaneamente.
  • Tamén ten a opción de filtrar as redireccións. Podes escoller se incluír só redireccións, se excluír redireccións, ou se incluír tanto as redireccións coma as ligazóns wiki.
  • Finalmente, ten a opción de incluír ligazóns ás redirecccións da páxina. Isto quere dicir que se unha páxina A redirixe a unha páxina B, e a páxina C ten unha ligazón á páxina A, esa tamén será incluída na lista de páxinas cando se marque esta caixa.
Páxinas con prefixo
Obtén unha lista de todas as páxinas que comezan co prefixo indicado. Isto pode ser útil cando se está intentando xerar unha lista de todas as subpáxinas dunha páxina determinada, por exemplo.
Lista de vixilancia
Este xerador simplemente engade todas as páxinas da túa lista de vixilancia.
Ligazóns nunha páxina
Obtén unha lista de todas as ligazóns que están incluídas na páxina indicada. Isto pode ser útil cando se está a usar un xerador de lista máis complexo como DPL.

Opcións de salto[editar | editar a fonte]

Usando a pestana Saltar, podes engadir varias regras para indicar páxinas que deben saltarse automaticamente.

Redireccións
Podes seleccionar que se sigan as redireccións e editar a páxina á que apunta a redirección (isto tamén segue as dobles redireccións), ou editar as redireccións mesmas. Tamén podes seleccionar que se salten as páxinas de redirección completamente.
Sen cambios
Se seleccionas saltar cando non se fan cambios, a páxina saltarase automaticamente cando a regra de substitución non aplica ningún cambio á páxina.
Existencia de páxina
Podes seleccionar saltar cando existe a páxina, saltar cando non existe ou editar as dúas, páxinas existentes e non existentes.
Contidos
Podes saltar unha páxina cando contén unha cadea determinada, ou cando non a contén. Se a frase indicada en Cando a páxina contén devolve calquera coincidencia na páxina, ou se a frase indicada en Cando a páxina non contén non devolve ningunha coincidencia, a páxina sáltase.
Tamén podes indicar unha clave que debería ou non debería aparecer na páxina, ou podes usar unha expresión regular. Para máis información sobre expresións regulares consulta #Uso de expresións regulares.

Opcións de edición[editar | editar a fonte]

Na pestana Edición, podes especificar a configuración básica para a edición. Podes indicar un resumo, e se queres ou non marcala como edición 'menor'. A caixa ó lado da caixa do resumo indica se debe engadirse automaticamente o texto (via JWB script) ó final do teu resumo. Tamén podes seleccionar que facer coa túa lista de vixilancia. Podes seleccionar engadir ou eliminar cada páxina que edites na ou da túa páxina de vixilancia, non modificar a túa páxina de vixilancia, ou vixiar páxinas baseándose nas túas preferencias.

Mentres se edita, tamén podes engadir ou eliminar directamente as páxinas á túa lista de vixilancia premendo o botón ó lado da caixa da lista de vixilancia. O botón estará etiquetado coa acción que realizará (engadir ou eliminar).

Todas as páxinas mostrarán automaticamente as diferenzas entre o contido almacenado e o contido despois de aplicar as regras de substitución. Tamén podes premer o botón Vista previa para ver a saída xerada. Porén, algúns estilos non poden cargarse nesta vista previa, xa que JWB usa unha estrutura de páxina diferente da dos contidos das páxinas normais. Isto pode provocar que estilos que dependen da posición no documento non funcionen nesta vista previa.

Os usuarios no grupo de usuarios bot tamén poderán gardar de forma automática as súas edicións. Isto debe facerse cun regulador para previr a sobrecarga do servidor. O número indicado no campo "cada [] sec" é a cantidade de segundos entre edicións. Este número tamén pode conter decimais (usando un . como separador decimal).

Substitucións[editar | editar a fonte]

Quizais a característica máis importante de JWB son as substitucións automáticas. Podes definir as regras para a substitución na pestana Editar. Por defecto, todas as substitucións fanse globalmente. Isto quere dicir que especificando que a debe substituírse con b, entón todas as letras a atopadas no artigo serán substituídas por b. Cando se usan expresións regulares, isto pode desactivarse eliminando a marca g.

Corrección de erros ortográficos[editar | editar a fonte]

Podes usar a lista de correccións do JWB para amañar de forma automática os erros que haxa na páxina. Lembra que sempre tes que revisar se as correccións automáticas son correctas. Estas correccións automáticas non se aplicarán a nomes de imaxes, nomes de modelos e parámetros*, citas**, e calquera texto seguindo a unha comiña ou asterisco, así como calquera regra que coincida cunha ligazón wiki. Estas regras cóllense do listado de regras para o JWB.

* A causa da natureza non regular do texto wiki, este programa recoñecerá calquera }} de peche como o final do modelo máis externo. Isto significa que se un modelo está anidado dentro doutro, e hai un erro ortográfico despois do modelo anidado, non será ignorado.
** As citas só poden ocupar unha liña para ser recoñecidas. Se unha cita aberta está nunha liña e a cita non se pecha ata a seguinte liña, non se considerará unha cita, e non será ignorada. Por favor, vixía as citas que non se recoñecen automaticamente.

Ten en conta que esta característica usa a lista de erros da wiki dende a que se executa. Se estás usando este programa nunha wiki que non ten a páxina Project:AutoWikiBrowser/Typos, a corrección de erros non funcionará.

Uso de expresións regulares[editar | editar a fonte]

A parte da simple substitución de texto por regras, tamén podes definir substitucións con expresións regulares. Aquí tes máis control sobre o que se debe substituír e o que non. Podes especificar as marcas que queiras usar na caixa que está ó lado da caixiña de Expresións regulares.

Neste programa JWB, tamén podes especificar a marca _ (subliñado). Iso fará que a expresión trate todos os espazos e subliñados igualmente. Isto pode ser útil cando se traballa con ligazóns wiki, transclusión de modelos, etc.

Para realizar múltiples substitucións na mesma páxina, podes usar o botón Máis campos de substitución, que abrirá unha xanela onde podes engadir máis regras no mesmo formato que o formato da pestana Edición. Cando premes Tab mentres tes o cursor na última regra de substitución, outro conxunto de entradas será engadido. Alternativamente, podes premer o botón Engadir máis campos.

Para probar as expresións regulares (porén sen a marca _), podes usar IDEs en liña como http://regex101.com/, http://debuggex.com/, ou http://regexr.com/.

Ignorar contido sen analizar[editar | editar a fonte]

Marcar esta caixa fará que a regra de substitución se aplica só ó contido que estea fóra do seguinte:

  • Comentarios: <!-- Isto sería ignorado -->
  • Etiquetas de código: os contidos de <nowiki>, <code>, <source>, <syntaxhighlight> e <pre> serán ignorados
  • Etiquetas de formatado: <math>, <gallery>, <math> e <timeline>

O contido dentro destas etiquetas quedará sen modificar. Esta opción tamén funcionará cando non se usen expresións regulares.

Configuración[editar | editar a fonte]

JWB permíteche gardar a túa configuración actual tanto na wiki coma no teu ordenador. Tamén podes gardala temporalmente durante unha sesión premendo en Gardar configuración. Isto permíteche volver á configuración temporal gardada durante esa sesión do navegador, co que podes, por exemplo, re-executar JWB sobre a mesma lista de páxinas. Para acceder a ela noutra sesión posterior, tes que gardala na wiki ou descargala no ordenador.

Gardando na wiki almacena a túa configuración en Special:MyPage/JWB-settings.js. A configuración desa páxina tamén se carga automaticamente cando arranca JWB, e a configuración chamada "default" aplícase automaticamente cando arranca. Se cambiaches a túa configuración de JWB na túa subpáxina /JWB-settings.js, tamén podes refrescala no JWB premendo no botón Refrescar.

Tamén podes descargar a configuración como un ficheiro JSON. Cando se garda este ficheiro, asegúrate de especificar a extensión .json, de no o faceres non o poderás seleccionar co botón Importar. Podes importar ficheiros premendo no botón Importar e seleccionando o ficheiro JSON, ou arrastrando un ficheiro JSON sobre a pantalla do JWB e soltándoo. Se a extensión do ficheiro é JSON, automaticamente cargará a configuración dende o ficheiro.

Tamén podes borrar un ficheiro de configuración da túa lista seleccionando a vía de configuración no menú despregable e premendo Borrar. Se por accidente premes este botón, podes reverter de forma sinxela o borrado premendo Desfacer na barra de estado.

Outras accións[editar | editar a fonte]

Os administradors tamén poden realizar outras accións nas páxinas. Estas accións non se poden automatizar, nin con contas cos dereitos de bot e administrador.

Mover[editar | editar a fonte]

Cando se moven páxinas, o resumo do movemento que se usa cóllese da pestana Editar. Podes seleccionar eliminar as redireccións, o que evita que o movemento deixe unha redirección no lugar da páxina vella. Tamén podes seleccionar mover todas as subpáxinas e/ou as páxinas de conversa.

Borrar[editar | editar a fonte]

Ó borrar, igual que ó mover, úsase a caixa de resumo para indicar a razón de borrado.

Protexer[editar | editar a fonte]

Para a protección, podes especificar os niveis de protección para o movemento e para a creación de forma separada. Cando a páxina non existe, o nivel definido úsase a protección de edición no canto da protección de creación. O campo de finalización permite indicar do mesmo xeito que nas páxinas da wiki o tempo de aplicación. Isto quere dicir que entradas como "1 hora", "5 de xaneiro de 2000", etc. están permitidas aquí.

Logs[editar | editar a fonte]

The Log tab stores a history of all actions made in chronological order. The bottom stats bar also keeps track of these actions. The logs also contain links to the edits made, so you can review your edit after making it.