Usuario:Aldocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Barómetro[editar | editar a fonte]

Un barómetro é un instrumento que serve para medir a presion atmosférica,isto é,o peso da columna de aire por unidade de superficie exercida pola atmosfera.A forma máis habitual é observar a altura dunha columna de líquido cuxo peso compense o da atmosfera.

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Barómetro de mercurio:é o máis coñecido,inventado por Torricelli en 1643.Está formado por un tubo de vidro duns 850 mm de altura,pechado polo extremo superior e aberto polo inferior.O tubo énchese de mercurio,invírtese e colócase o extremo aberto nunca cubeta chea do mesmo líquido.

O nivel de mercurio no tubo baixa ata a altura duns 760 mm por enriba no nivel na cubeta(altura barométrica) e deixa un vacío case perfecto na parte superior do tubo(cámara barométrica).As variacións da presión atmosférica fan que o líquido do tubo suba ou baixe lixeiramente entre 737 e 775 mm.

  • Barómetro metálico:tamén denominado barómetro aneroide ou de Vidi,que está constituido por unha caixa metálica na cal fíxose o vacío parcial.A tapa superior leva un resorte que equilibra a presión media atmosférica,mentres que a tapa da caixa é unha membrana dunha aleación metálica e elástica de forma ondulada que se deforma con facilidade,e elévase ou descende en función da variación de presión.

Estos movementos modifican a posición dunha agulla que percorre unha escala circular graduada en milímetros de presión por comparación cos barómetros de mercurio.Os barómetros aneroides son máis precisos e teñen un mecanismo de fuelle elástico.