Usuario:Adalbertofrenesi/Arquivo1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Arquivo da primeira época [editar | editar a fonte]

Benvido á Galipedia, Adalbertofrenesi! --Agremon 20:48, 26 Nov 2004 (UTC)

Adalbertofrenesi, esta mensaxe é para darche a benvida e dicirche que se necesitas algún tipo de aclaración ou axuda podes dirixirte ao espacio común A Taberna (axuda) ou a miña páxina de discusión. Fixen algúns cambios nas páxinas que editaches para mellorar a presentación, fundamentalmente usar o asterisco * como forma de crear unha lista. Eliminei a imaxe da páxina de Tom Clancy, fixeno porque é unha imaxe con copyright. Non temos publicada aínda a páxina que explica as cuestións do copyright, pero avanzarche que só se poden usar aquelas imaxes das que se teña a seguridade de que están libres de dereitos. E tamén que o xeito de incluílas non pode ser a través dun enlace exterior. Bueno benvido e para calquera cousa estamos nas páxinas que dixen antes. Un cordial saúdo. --Prevert 23:28, 26 Nov 2004 (UTC)

Añadinlle cousas ó teu artigo de Patton --Pablo Grandio 21:32, 27 Nov 2004 (UTC)

Cullergondo[editar | editar a fonte]

Xa movín a páxina ao enderezo Cullergondo, Abegondo, aínda que está escrito Cullergondo (Santa María). O criterio que usamos é nome parroquia, concello e se se trata dun lugar nome lugar, parroquia, concello. Temos tamén un modelo cos nomes das parroquias de Abegondo {{Abegondo}} que se introduce en todas as páxinas das parroquias de Abegondo con só escribir iso. Saúdos. --80.103.17.216 16:42, 29 Nov 2004 (UTC)

Imaxes[editar | editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi, como comentei nunha mensaxe máis arriba non temos publicada a páxina que fala das cuestións do copyright, un dos aspectos dos que trata é dos formatos admitidos e desaconsellase o uso de imaxes tipo GIF (basicamente polo tema das patentes aínda que algunha delas está a punto de caducar), no seu lugar prefírense os formatos PNG e JPG segundo os casos.

Tamén é moi importante na páxina da imaxe poñer algunha información da orixe da imaxe (sei que as veces resulta un pouco tedioso facelo pero axuda moito a ter claro os temas dos dereitos). Na wikipedia inglesa teñeno moi traballado e dispoñen dunha serie de modelos para inserir nas páxinas coa información do copyright. (Me temo que nós somos "máis pobres" e ese traballo aínda está por facer.)

Outra cousa que axuda moito sempre que se poida é poñer algo na liña Resumo -debaixo da caixa de edición-, permite seguir mellor os cambios das páxinas e sirve de ensinanaza para os usuarios novos. Un cordial saúdo. --Prevert 19:23, 1 Dec 2004 (UTC)

En progreso[editar | editar a fonte]

Todos os artigos aos que se lle engade o marcador {{En progreso}} pasan automaticamente a estar clasificados na Categoría:Wikipedia:En progreso. Non pasa o mesmo con outras mensaxes de alerta que se poden ver na páxina Wikipedia:Mantemento. Nalgúns casos hai que incluilas manualmente nos listados. Un cordial saúdo. --Prevert 23:13, 9 Dec 2004 (UTC)

Dobre A na Mitoloxía grega[editar | editar a fonte]

Non podemos facer nada -que eu saiba- con respecto ao dobre A na categoría Mitoloxía grega, me temo que é unha cuestión do software. Sobre Mitoloxía cristiá como segue a estrutura de categorías que temos, creeina e xa podes úsala. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 23:25, 16 Dec 2004 (UTC)

Europa[editar | editar a fonte]

Ola Adalbertofrenesi. No teu comentario dís: &quotKazakhstán e Xeorxia son países asiáticos en todo o seu territorio", esa é a miña opinión por iso retirei os nomes do artigo Europa (de feito non os puxen no modelo de marcador {{Europa}}). Non obstante, despois pensei que era mellor recuperalos e no futuro facer mención dos argumentos que propoñen na wikipedia inglesa no seu artigo Europe: "Azerbaijan and Georgia lie partly in Europe according to definitions which consider the main watershed of the Caucasus as the boundary with Asia" e "Kazakhstan's European territory consists of a portion west of the Ural River (the Emba in other definitions)". A verdade é que parece estrano pero haberá que consideralo. Grazas polo comentario. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 22:25, 19 Dec 2004 (UTC)

Revisión, Galicia, A Coruña e outros[editar | editar a fonte]

Adalbertofrenesi o problema que manifesta Rocastelo -na miña opinión- é de natureza máis xeral e supera amplamente os exemplos concretos que utiliza. Ten que ver con que hai artigos que non teñen razón de ser, están mal escritos, presentan datos incorrectos, claramente erróneos, inducen a confusión, violan o Punto de Vista Neutral, etc.,.., e non ten ningún sentido mantelos na actual redacción na Galipedia. Ese, en realidade, é o problema que temos que abordar. Me temo que implicará moito esforzo e bastante tempo conseguir darlle unha solución. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 20:10, 22 Dec 2004 (UTC)

Maré[editar | editar a fonte]

Adalbertofrenesi, entendo que maré é usable tanto como marea. maré negra ten unha ligazón previa, que o cambiar de palabra fastidious. Por favor, se estás seguro que maré é incorrecto, corrixe o da ligazón, e se non, déixao como maré.

Estiven facendo unha pequena pesquisa sobre maré (por se acaso) e creo que pode deixarse así, aínda que poño unha ligazón dende marea negra, que é máis usado coloquialmente. Convenceume a procura: [1]. Un saúdo. --Agremon 05:07, 25 Dec 2004 (UTC)

Galiza[editar | editar a fonte]

Comecei a facer unha revisión / ampliación e Galiza esta mañá. Como vexo que engadiches algo a Galicia, mira o que fixen eu para copialo / adaptalo. antes de comezar deixei unha nota na wikipedia:A Taberna de que ía a pasar algúns días co tema, e logo que avisaba para que entraran os demáis e non estar todos ó tempo que pode dar lugar a confusións, duplicacións, etc. Un saúdo.--Agremon 14:50, 23 Dec 2004 (UTC)

Bo... estou no de Galiza para comezar a mover o tema, pero necesitará pasadas de todos nós... e o meu estilo sempre foi un pouco chafulleiro (aínda que intento que en cousas serias non se note moito) :) // Traducción: Contamos contigo. --Agremon 20:18, 23 Dec 2004 (UTC)

Punto de vista non neutral[editar | editar a fonte]

As páxinas que citas terían que estar marcadas cun modelo de marcador que indícase precisamente iso que teñen un punto de vista non neutral e en consecuencia deben ser retocadas. O problema é que aínda non está feito ese marcador, polo tanto, a advertencia tería que poñerse manualmente cunha liña na cabeceira do artigo por agora. A explicación de que iso ocorra indiqueilla a Rocastelo na súa páxina de discusión sobre o tema de Galicia - Galiza, é aplicable tamén a isto. Boas festas e un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:06, 24 Dec 2004 (UTC)

Como boa parte da culpa do 'punto de vista non neutral' sobre Israel téñoa eu, solicítote que a mellores gardando o equilibrio debido. Creo que o que recolle o artigo é unha realidade abondo documentada, polo que sería insincero se pedira disculpas, pero así redactado, sen máis datos si pode ser interpretado como non neutral, e polo que pos na túa páxina de usuario debes ter abondos coñecementos para melloralo dun xeito suficiente, abondos máis dos que poda ter eu. Un saúdo e boas festas. --Agremon 04:34, 25 Dec 2004 (UTC)

Volvendo ó tema de Israel, vin o que estás a facer e non entendo o de muro de defensa contra o terrorismo cando as forzas de seguridade israelís levan matado abondo máis palestinos que vice versa, ou que non cites que se contan os xudeus nos territorios ocupados e non os árabes, que no 48 comezaron a guerra os árabes e non as resolucións da ONU ás que Israel fai oídos xordos, que saca as augas do Xordán e non que ten ocupados territorios ata chegar alí, ... por poñer varios exemplos. --Agremon 04:08, 26 Dec 2004 (UTC)

Polo que me dis, entendo que recollerás en segundo lugar os feitos que completan a información governamental. Fai algún tempo que comecei a ver diferentes puntos de vista sobre as cuestións, e moitas veces non é doado sacar a verdade entre a desinformación (oficial ou non), e creo que cada vez é máis difícil.

Se ves por cerca de Ribadeo, non deixes de poñerte en contacto comigo, teño ganas de coñecerte. Unha aperta. --Agremon 17:44, 26 Dec 2004 (UTC)

  • O Punto de Vista Neutral non ten que ver coa reproducción das posturas oficiais dun goberno ou outra institución, ten que ver con que as páxinas das wikipedias reflictan ideas e feitos. Está relacionado con que os artigos presenten o coñecemento humano de tal xeito que non transmita suposicións nin o punto de vista personal do autor. Debe incluir os elementos necesarios para que o lector poida sacar as súas propias conclusións sen que estean mediatizadas. A redacción, a utilización dos tempos verbais,..., poden convertir en parciais informacións que doutro xeito poderían ser admisibles. Como ben dín no wiki inglés o acordo o 100% probablemente en moitas ocasións sexa imposible. Non obstante é posible redactar artigos que non violen o punto de vista neutral na maioría dos casos.
Os temas "sensibles" como pode ocorrir co artigo sobre Israel requiren un especial coidado na escritura, pero se falamos do muro temos que expoñer igualmente feitos e faltaríase o mesmo á neutralidade abrilo coa versión oficial de Israel que o caso contrario. Debe poñerse o que o muro representa, e as posturas de Israel e Palestina (claramente identificadas) son datos engadidos para comprender como uns e outros interpretan a existencia desa división. Por outra banda, o artigo de Galiza Nova, semella do estilo "copiar e pegar" evidentemente ten que ser motivo de revisión, mentras o sistema de mantemento non estea rematado pode ser etiquetado dentro da categoría de artigos con problemas e nesa páxina expor as razóns que motivan que estea nesa clasificación.
Como comentario final, penso que ata que se faga unha revisión completa da base de datos non se poderá verificar que artigos non son neutrais, cales teñen erros, os que non teñen entidade para ser un artigo independente, etc.,... Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:30, 26 Dec 2004 (UTC)

Ola de novo. Deixaches o artigo de Israel?--Agremon 23:42, 28 Dec 2004 (UTC)

Sarai[editar | editar a fonte]

Na entrada de Abraham cambiei o nome de Sara por Sarai por ser esta a tradución que aparece na Biblia galega da editorial SEPT.--Rocastelo 00:16, 25 Dec 2004 (UTC)

Israel[editar | editar a fonte]

En canto ao muro, para respectar o principio de neutralidade, habería que dar prioridade á resolución do Tribunal de Xustiza da Haia declarando o muro ilegal, e a resolución da Asemblea Xeral da ONU que pide a Israel que bote abaixo o muro. Por moito que Israel sexa un Estado soberano e democrático non pode facer o que lle veña en gana. Aproveito para che fecilitar as festas, un saúdo.--Rocastelo 17:49, 26 Dec 2004 (UTC)

San Bernardo de Claraval[editar | editar a fonte]

Fun eu quen movín a páxina San Bernardo de Claraval a Bernardo de Claraval. Precisamente de acordo co Punto de Vista Neutral, polo tanto, esta redirección non pode existir. O mesmo que noutros casos que poden ser obxecto de debate, se tes outro parecer sobre a cuestión pode ser debatido na Taberna (posto que a páxina de eliminación rápida non está publicada e corresponde a ese tipo de páxinas), se non ten que volver a borrarse outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:51, 26 Dec 2004 (UTC)

Categorías[editar | editar a fonte]

A información que solicitabas hai días sobre unha lista de categorías comeza a aparecer na páxina Wikipedia:Categorías. Nese lugar maís adiante poderá terse un esquema xeral de todas as ramas en curso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:01, 30 Dec 2004 (UTC)