Usuaria:Saragz/Celia Escudero
Celia Calderón Escudero, tamén coñecida coma Celia Escudero Avilés (Cartaxena,1 de xaneiro de 1908-Estepona, 16 de outubro de 2009), foi unha actriz española de cine mudo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla da costureira Juana Escudero Avilés e do avogado e político liberal José Calderón Jorquera,[2] Celia Calderón pasou a súa infancia en Cartaxena e dende cativa amousou un gran interese polo cinema. Acudiu con acotío ás proxeccións de películas dispoñibles na súa cidade. Recibiu a súa educación nun colexio conventual,[3] e tras completar esta etapa, marchou a Madrid coa súa nai e as súas irmás. Alí, a súa nai puxo en marcha un negocio de moda na rúa da Princesa, número 60, onde se adicaba á venda de tecidos e pezas de roupa confeccionadas no seu propio obradoiro.[4]
Debutou en 1924 coa película Diego Corrientes dirixida por José Buchs. Un ano máis tarde fixo parte do elenco do avó, unha versión de Buchs de 1925, baseada na obra homónima de Benito Pérez Galdós.[2][5][6][7][8][9] Ao longo da súa carreira, participou en diversas películas de cine mudo, como A Bejarana, A sirena do Cantábrico, Os fillos do traballo de 1927, o Suceso de Onte á noite de León Artola de 1929 ou Viva Madrid, que é o meu pobo de Fernando Delgado, entre outras.[10][11][12][13][14][15][16][17] En 1935 rodou a súa primeira e última película de cine sonoro, O neno das monxas. Despois desta película desapareceu do panorama cinematográfico.[4] A prensa da época comparábaa coa actriz Greta Garbo salientaba o seu talento e sensibilidade artística.[18][19] A escritora Leonor de Santa Pola, describiuna como unha actriz capaz de expresar unha gran variedade de emocións con naturalidade e axilidade.[20] Foi unha das figuras máis distinguidas do cine mudo en Madrid e en toda España.[21][22][23][24]
Casou con Enrique Flores López, con quen compartiu dezasete anos de matrimonio. Tras o golpe de estado e a Guerra Civil española, ambos os dous buscaron refuxio na embaixada de Panamá en Madrid, antes de fuxir a Valencia e logo a Marsella, regresando finalmente á zona nacional. En 1953, tralo finamento do seu marido, ingresou nun convento de clausura de Navarra. Porén, a bronquite obrigouna un ano despois a abandonar a vida relixiosa, trasladando a Palencia, onde traballaba coma dependenta. En 1965 instalouse en Málaga para coidar da súa nai.[4]
- ↑ "Celia Escudero" (en castelán). 2021-05-19. Consultado o 2025-02-15.
- 1 2 "EL ABUELO GALDOSIANO EN EL CINE MUDO ESPAÑOL" (PDF). Consultado o 2025/02/16.
- ↑ ADÁN, LUIS MIGUEL PÉREZ (2017-01-07). "Celia Escudero, la 'estrella' cartagenera de la pantalla española" (en castelán). Consultado o 2025-02-15.
- 1 2 3 Montes Bernárdez, Ricardo. La mujer a lo largo de la historia en la Región de Murcia (PDF). ISBN 978-84-15162-88-9.
- ↑ "EVENTO CERO DOBLE EXPOSICIÓN CICCA" (en castelán). Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "datos.bne.es: El abuelo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2022-10-05. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Ayuntamiento de Toledo Ciclo Galdós: Obras de Benito Pérez Galdós llevadas al cine". Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Día mundial del patrimonio audiovisual 2020" (PDF). Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "Diego Corrientes". Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "Celia Escudero | Reparto" (en castelán). Consultado o 2025-02-15.
- ↑ "Sobre el Cine en Cantabria". Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "CVC. Rinconete. Cine y televisión. Perlas olvidadas del cine español (32). «¡Viva Madrid, que es mi pueblo!» (Fernando Delgado, 1928), por Rafael Nieto Jiménez.". Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "MADRID Y EL CINE. Panorama filmográfico de cien años de historia" (PDF). Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "La Bejarana". Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "Siluetas: semanario español de cinematografía" (PDF). Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "CCG em pub1670 Celtiga n082" (PDF). Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ "El Debate 19281017". Consultado o 16 de febrero de 2025.
- ↑ Carrión, Marta García (2017-03-15). "Peliculera y española. Raquel Meller como icono nacional en los felices años veinte" (en castelán) 106 (2): 159–181. ISSN 2255-5838. doi:10.55509/ayer/106-2017-07. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Popular Film - Num_031" (en inglés). 2012-05-31. Consultado o 2025-02-15.
- ↑ Coutel, Evelyne. "Mujer pasional, mujer ávida de emociones: registro afectivo y actrices nacionales en Popular Film (1926-1937)" (PDF). Consultado o 15-2-2025.
- ↑ "8 personas importantes de la Región de Murcia" (en castelán). 2020-03-30. Consultado o 2025-02-15.
- ↑ Meroño, Miguel (2018-06-01). "Los cronistas oficiales de la Región de Murcia celebran su congreso en Cartagena" (en castelán). Consultado o 2025-02-16.
- ↑ 20minutos (2018-06-03). "Un congreso repasa el papel de la mujer a lo largo de la historia en la Región de Murcia" (en castelán). Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "España: revista ilustrada de 15 de octubre de 1929, nº 10" (PDF). Consultado o 16 de febrero de 2025.