Usuaria:Moniquiña/Carmela Porteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Carmela Porteiro (Vigo) é unha bióloga experta en avaliación e xestión de recursos mariños vivos. Foi a primeira muller en ocupar a vicepresidencia do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES-CIEM)

Porteiro foi investigadora desde os seus inicios no Centro de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Dirixiu expedicións a bordo dos buques Cornide Saavedra e Thalassa, como investigadora do IEO Foi representante de España na FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), STCEF (Comité Científico, Técnico e Económico para a Pesca da Comisión Europea) e a NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica) estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo investigadora do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo a finais de 2005 Carmela Porteiro, foi nomeada vicepresidenta do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES-CIEM) sendo a primeira muller en ocupar ese posto. Co seu nomeamento, España acedeu xunto con Canadá, Francia, Rusia e Suecia aun posto clave dunha institución adicada a coordinación e promoción da investigación no Atlántico Norte e que está considerada a máis prestixiosa a nivel internacional. O ICES-CIEM é un organisno con 102 anos de historia e que conta coa colaboración de 2000 científicos de 19 países membros.[1]


Ligazón a Dialnet https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=1940736#ArticulosRevistas


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carmela Porteiro, vicepresidenta de ICES-CIEM". Vigoempresa (en castelán). 2005-12-17. Consultado o 2019-10-10.