Usuaria:Maria zaos/trebellando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

No que ando a traballar e estou editando provisionalmente acó[editar | editar a fonte]

Ada Lovelace

Ada Lovelace color.svg

Augusta Ada King-Noel, Condesa de Lovelace, nada como Augusta Ada Byron en Londres o 10 de decembro de 1815 e finada na mesma cidade o 27 de novembro de 1852, foi unha matemática e escritora británica coñecida principalmente por ser considerada a primeira programadora do mundo.

O seu interese polas matméticas e as máquinas conduciuna a unha relación de amizade prolongada co matemático inglés Charles Babbage. Entre 1842 e 1843, traduciu un artigo do enxeñeiro militar italiano Luigi Menabrea sobre a máquina analítica de Charles Babbage, que complementou cun artigo repleto de notas propias. Estas notas conteñen o que se considera o primeiro programa de computador da historia, sendo o primeiro algoritmo codificado deseñado para que unha máquina o procese. [Superando incluso as expectativas do creador da máquina analítica, Ada soubo ver o potencial da automatización, profetizando as capacidades dos futuros ordenadores.]

Ela referíase a si mesma como unha científica, poetisa, analista e metafísica.

Biografía[editar | editar a fonte]

Imaxe de Ada con catro anos

Augusta Ada naceu como a filla única e lexítima do poeta George Gordon Byron, Lord Byron, e a súa esposa a baronesa Anne Isabella Byron, casados o dous de xaneiro de 1815.

En torno ao seu nacemento Isabelle comezou a dubidar do seu matrimonio a raíz duns rumores espallados pola súa curmá, Caroline Lamb. Apoiada nas sospeitas da infidelidade de seu home coa súa media irmá, decidiu separarse de Lord Byron, abandoandoo o 15 de xaneiro de 1816[1]. Este abandonou Inglaterra definitivamente en abril de 1816[2], falecendo por enfermidade durante a guerra de independencia de Grecia, deixando así orfa de pai a pequena Ada con só oito anos.

Formación e estudos. A máquina de voar.[editar | editar a fonte]

A nai de Ada promoveu o interese de Ada nas matemáticas e a lóxica.[3]Cando tiña 13 anos súa nai, que tamén estudara matemáticas de nena, asignoulle o que fora o seu propio titor o doutor William Frend e o doutor William King como profesores de ciencias básicas e matemáticas

A saúde de Ada era feble, chegando a interrumpirse o ritmo dos estudos ao longo de case tres anos a raíz dun sarampelo. A partir dos dezasete a súa saúde mellorou, poidendo ser presentada oficialmente na sociedade londinense da época. Foi durante un destes eventos, o 5 de xuño de 1833[4], cando coñeceu a Charles Babbage.[5]A raíz deste encontro Babbage invitouna a ela e máis a súa nai a presentación do prototipo da súa máquina diferencial.[4]Ada quedou fascinada pola máquina e ao longo dos seguintes anos seguiu de preto os avances e publicacións en torno á devandita máquina.[2]En 1834 ela e máis a súa nai percorreron o norte e centro de Inglaterra, visitando as zonas industrais, incluindo unha fábrica de lazos en Conventry. Ada estaba moi interesada no funcionamento das máquinas textís porque lle lembraban á maquina diferencial de Babbage.[6]

Ada Lovelace.

No 8 de xullo do 1835 Ada casou con Lord William King, 8º barón de King, converténdose na baronesa de King. A súa residencia pasou a ser unha gran propiedade en Ockham Park, xunto con outra no fiorde de Torridon e unha máis en Londres. Pasou a súa lúa de mel na Mansión Worthy, situada en Ashley Combe, preto de Porlock Weir, Somerset. Posteriormente esa casa converteríase na súa casa de retiro de verán. En 1837, o seu home foi gratificado cun título nobiliario pola raíña Vitoria, converténdose Ada deste xeito na condesa de Lovelace.[4]

O matrimonio tivo tres fillos, dous homes e unha muller. A vida de Ada estivo chea de sucesos dramáticos, polémicos e controvertidos; no 1841 a súa nai chegou a contarlle ás súas fillas que o seu pai era o pai de Ada, o cal era falso. A nai de Ada tiña un rencor reservado a Lord Byron e sempre que tiña ocasión aproveitaba para difamar a súa imaxe.[Cómpre referencia]

Nesa mesma década, Ada protagonizou algúns escándalos debidos, en primeiro lugar, ás súas afectuosas relacións con outros homes, as cales desembocaron nunha serie de rumores sobre aventuras amorosas; no segundo lugar a súa paixón polo xogo, grazas á cal conformou no ano 1851 un grupo coa ambiciosa intención de crear un modelo matemático que lles axudase a gañar grandes apostas. O intento foi un estrepitoso fracaso, xerándolle a Ada miles de libras de débeda e provocando que un dos membros do grupo a chantaxease con informar ao seu marido. Finalmente, Ada viuse obrigada a confesarllo.[Cómpre referencia]

Mantivo ademais unha relación secreta e posiblemente ilícita co fillo de Andrew Crosse, John, da que se coñece pouco xa que o propio pai queimou toda a correspondencia que tiveron entre eles trala morte de Ada. Aínda así, esta relación foi o suficientemente forte para que Ada lle deixase en herdanza as únicas reliquias familiares que o seu pai lle deixara a ela. Durante a enfermidade que finalmente a matou no 1852, Ada sentíase moi angustiada por mor de que John, o seu amante, a visitara.[Cómpre referencia]

Ada Byron aged seventeen (1832).jpg

Máquina analítica de Charles Babbage[editar | editar a fonte]

Logo da construción da máquina diferencial, Charles Babbage adicouse ao desenvolvemento dunha nova máquina que nunca chegou a construirse por completo por falta de financiamento, a chamada máquina analítica.

A relación entre Charles Babbage fíxose máis estreita a través do traballo de deseño da máquina analítica. Ada estaba moi interesada na súa evolución e mantivo unha intensa correspondencia con Babbage sobre o tema. De feito foi ela a que suxeriu a adaptación das tarxetas perforadas, inspirada probablemente polas tecedoras Jacquard que tivera a oportunidade de ver*.

Modelo de parte da máquina analítica exposto no Science Museum de Londres

Ada Lovelace é principalmente lembrada por escribir unha descrición da anterga máquina analítica de Charles Babbage que nunca chegou a construírse, e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial da computadora. En 1843 fixo a suxestión da adaptación das tarxetas perforadas á programación. Ada soubo apreciar as ideas de Babbage, e en particular o concepto dunha máquina universal. E o que é máis importante, preveu un atributo que podería facer que potencialmente podería procesar non so números, senón tamén calquera notación simbólica[7], incluída a notación musical, as linguas e as imaxes.

Carta de Ada Lovelace a Charles Babbage onde propón un exemplo de cálculo automatizado.

As notas ao artigo de Luigi Menabrea sobre a máquina analítica[editar | editar a fonte]

Charles Babbages realizou en agosto de 1840 unha serie de conferencias sobre a súa máquina analítica en Turín. Luigi Menabrea, enxeñeiro militar que se convertería en xeneral do exercito de Garibaldi e posteriormente primer ministro italiano, foi un dos asistentes a esas charlas. Menabrea publicou un resumo en francés dos discursos de Babbage na Bibliothèque Universelle de Genève en 1842[8]. En outubro de 1843 unha tradución ao inglés[9] foi publicada no Scientific Memoirs de Richard Taylor, precidida por un resumo dos traballos de Babbage feito polo propio Taylor e acompañada dunhas extensas notas. A tradución inglesa fora realizada por Ada Lovelace, quen non asinou a tradución segundo era costume na época, pero si as Notas, como "A.A.L". Esta sería a única publicación científica que Ada publicaría en toda a súa curta vida.[10] As notas de tradutora, asinadas coas súas iniciais por medo a ser censurada por ser muller, superaban en volume ao artigo orixinal e tornárose máis importantes que o artigo orixinal.[7]

Nota A[editar | editar a fonte]

Nela establece as diferencias da máquína analitica en relación á máquina diferencial, de natureza meramente aritmética. Porén os límites da aritmética víronse superados no momento no que xurdiu a idea de aplicar tarxetas e a máquina analítica non ten nada en común coas meras "máquinas de calcular". Ocupa plenamente un lugar de seu.(...) Ao permitir a un mecanismo combinar símbolos xerais, en sucesións de variedade e alcance ilimitados, establécese un vínculo de unión entre as operacións da materia e os procesos mentais abstractos da rama máis abstracta das matemáticas.[11]--revisar é nota g ou A?

A máquina analítica podería desenvolver e tabular calquera tipo de función. A través dun sistema de tarxetas incorporadas ó mecanismo da máquina, seguindo o modelo da tecedora Jacquard, poderían realizar calquera tipo de función que se teña a ben definir. As tarxetas unicamente indicarían as operacións que a máquina debería realizar e polo tanto poderían aplicarse indistintamente a unha infinita variedade de valores numéricos. Separando deste xeito os conceptos de operación e obxecto/resultado, Ada declara que a adaptación das operacións e os mecanismos da máquina permitiría non só usala con números, senón tamén coa música. Unha vez incorporadas as relacións da harmonía e composición cos distintos sons e tonalidades, a máquina podería "compoñer elaboradas e científicas piezas musicais de cualquier nivel de complexidade e duración".[10][12]

Máquina Jacquard
Nota B[editar | editar a fonte]

Explica os distintos tipos de tarxetas utilizadas para resolver os mecanismos de acumulación de valores en determinadas variables: tarxetas provedoras e tarxetas receptoras, que considera deberían ser chamadas tarxetas distributivas.

Nota C[editar | editar a fonte]

Explica as vantaxes da aplicación do modelo da tecedora Jacquard no caso da máquina analítica.

Nota D[editar | editar a fonte]

Explica as diferentes variables: variables iniciais, variables de traballo, variables de resultados o finais. Cada variable corresponderíase con tres tarxetas, dúas tarxetas provedoras e unha tarxeta receptora.

Nota E[editar | editar a fonte]
Nota F[editar | editar a fonte]

Nela introducese a idea do uso de bucles para dirixir determinadas operacións da máquina.

Nota G[editar | editar a fonte]

Explica todas as operacións necesarias para calcular os números de Bernoulli a través de un diagrama e indicando as operacións realizadas con cada tarxeta.

  1. A explicación da esencia dos ordenadores modernos. Explica Ada:
  2. A xeneralización das operacións que pode realizar a máquina analítica. Baseándose na extensión de De Morgan da álxebra dunha lóxica formal sinalou que a máquina analítica podería procesar e executar calquera cosa que se puidese expresar con símbolos: palabras, lóxica, música...[Cómpre referencia]
  3. O funcionamento dun programa ou algoritmo informático. Intentando explicar como a máquina analítica podería calcular números de Bernouilli (unha serie infinita moi complexa) introduciu os conceptos de subrutina (secuencia de instrucións que realizan unha tarefa específica e que poden posteriormente introducirse nun programa máis amplo) e de bloque recursivo (secuencia de operacións que se repite).[13]

Nas súas notas, di que a "máquina analítica" só podía dar información dispoñíbel que xa era coñecida: viu claramente que non podía orixinar coñecemento[11].

A controversia en torno ás Notas[editar | editar a fonte]

=== O seu traballo perdeuse no esquecemento por moitos anos, atribuíndolle única e exclusivamente o papel de transcritora das notas de Babbage ou incluso dubidando da propia autoría das mesmas[1]. O propio Babbage declarou na súa autobiografía que Ada escribira as notas a partir do material que el lle entregara e que mesmo lle corrixiu un erro matemático[14]. Porén, investigacións posteriores mostran a orixinalidade do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para acadar o funcionamento desta máquina.[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndolle a plena autoría e orixinalidade das súas achegas. Por iso, Ada Byron está considerada a nai da programación informática e desenvolveu a programación analítica.

Ada Byron chamouse a si mesma analista, un concepto realmente moderno para a época. https://thonyc.wordpress.com/2012/12/26/christmas-trilogy-2012-part-ii-charles-and-ada-a-tale-of-genius-or-of-exploitation/

Morte[editar | editar a fonte]

Ada Lovelace morreu o 27 de novembro do 1852 aos trinta e seis anos a causa dun cancro uterino probablemente complicado polas sangrías realizadas polos seus médicos. A enfermidade durou varios meses, durante os cales a súa nai tomou o control respecto ás súas citas médicas e persoais. A súa nai fixo que deixase de ser materialista e adoptase ideas relixiosas que a levaron a arrepentirse da súa vida anterior.

Foi soterrada por petición propia ao carón do seu pai, na cripta familiar da igrexa de Santa María Magdalena, en Hucknall, Nottingham.[15]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Durante a vida de Ada poucos dos seus feitos foron apreciados e só se lle deron a importancia merecida anos despois da súa morte.

Non foi até o século XX cando as súas achegas se aproveitaron para os avances da informática. En 1953 Bertram V. Bowden escribiu un libro sobre a historia da informática no que incluíu unha reprodución das Notas ao artigo de Menabrea[16]. Tamén facía referencia ós logros de Ada, chegando a denominala "profeta".[2].Alan Turing applicaría o coñecemento xerado por Ada na programación da chamada "Bombe" o primeiro ordenador analóxico en Betchley

Ada Lovelace é a única muller que conta con unha linguaxe de programación que leva o seu propio nome, Ada.

O seu rostro foi marca de autenticidade nos certificados de licenza do sistema Windows.

En 1997 estreouse o filme sobre a súa vida Conceiving Ada.

No ano 2001, o autor estadounidense de ciencia ficción Michael F. Flynn publicou a novela In the Country of the Blind, ucronía na que se especula sobre as consecuencias de que se construíra a máquina analítica co programa de Ada.

No ano 2009, a escritora e tecnóloga social Suw Charman-Anderson fundou o día internacional de Ada Lovelace.[17] Cada segundo martes de outubro celébrase este día como forma de visualizar os logros das mulleres en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) e co obxectivo de inspirar novas vocacións tecno-científicas entre as nenas e rapazas[18]. A Comisión Europea fixo coincidir esta data coa da programación da EU Code Week, a Semana Europea da Programación.[18]

A Ada Initiative foi unha iniciativa sen ánimo de lucro que tivo como obxectivo incrementar o número de mulleres na cultura e tecnoloxía abertas.[19]Foi fundada por Mary Gardiner and Valerie Aurora en 2011 e pechou en outubro de 2015.[20]

A empresaria e pioneira do movemento Maker, Limor Fried, alias Ladyada, rendeu homenaxe a Ada Lovelace[21] no nome da súa compañía Adafruit Industries

Ada´s Poetry Generator é unha aplicación para aprender a programar en Scratch inspirado na vida e logros de Ada Lovelace.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Stein, Dorothy (1985). Ada : A life an a legacy. MIT Press. p. XVIII. ISBN 0-262-19242-X. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kim, Eugene Eric; Toole, Betty Alexandra (1999). "Ada and the first computer". Scientific American 280 (5): 81. doi:10.1038/scientificamerican0599-76. 
  3. Charman-Anderson, Suw, ed. (2015). A Passion for Science: Stories of Discovery and Invention. Finding Ada. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Wolfram, Stephen (2016). "Untangling the Tale of Ada Lovelace". Idea Makers: Personal Perspectives on the Lives & Ideas of Some Notable People. Wolfram Media. ISBN 978-1579550035. 
  5. Green, Cristopher D. "Introduction to Ada Lovelace's Translation of, and Notes to, Luigi F. Menabrea's "Sketch of the analytical engine invented by Charles Babbage, Esq." (1842/1843)". Classics in the History of Psychology. Consultado o 15/02/2018. 
  6. "In Photos: Ada Lovelace Exhibit at London's Science Museum". Live Science. 13 de outubro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 BCS, The Chartered Institute for IT (27 de maio de 2010). Ada Lovelace by Ortis Deley (Vídeo) (en inglés). Escena en 3:35. Consultado o 17 de febreiro 2018. 
  8. Menabrea, Luigi F. (1842). "Notions sur la machine analytique de M. Charles Babbage". Bibliotheque universelle de Geneve (41): 352–76. 
  9. Lovelace, Ada (1843). "Sketch of the Analytical Engine by L.F.Menabrea". Taylor's Scientific Memoirs (3): 666–731. 
  10. 10,0 10,1 "Sketch of the Analytical Engine invented by Charles Babbage, Esq. By L. F. MENABREA,of Turin, Officer of the Military Engineers.". Classics in the History of Psychology. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 Menabrea, L.F. (outubro 1842). Note G. "Sketch of The Analytical Engine Invented by Charles Babbage: with notes upon the Memoir by the Translator Ada Augusta, Countess of Lovelace". Bibliothèque Universelle de Genéve (82). 
  12. "The operating mechanism can even be thrown into action independently of any object to operate upon (although of course no result could then be developed). Again, it might act upon other things besides number, were objects found whose mutual fundamental relations could be expressed by those of the abstract science of operations, and which should be also susceptible of adaptations to the action of the operating notation and mechanism of the engine. Supposing, for instance, that the fundamental relations of pitched sounds in the science of harmony and of musical composition were susceptible of such expression and adaptations, the engine might compose elaborate and scientific pieces of music of any degree of complexity or extent."
  13. Isaacson, Walter (2014). Los innovadores. Penguin Random House Grupo Editorial, S.A.U. ISBN 9788499924663. 
  14. Toole, Betty Alexandra (1996). "Ada Byron, Lady Lovelace, an analyst and metaphysician". IEEE Annals of the History of Computing 18 (3): 4–12. ISSN 1058-6180. 
  15. Sixty Symbols (13 de outubro 2015). Ada Lovelace's Tomb (Vídeo) (en inglés). University of Nottingham. Escena en 1:10. Consultado o 17 de febreiro 2018. 
  16. Bowden, Bertram V. (1953). "Appendix I". Faster than Thought. Sir Isaac Pitman & Sons Ltd. 
  17. "Meet ALD’s Founder". Finding Ada. Consultado o 17 de febreiro 2018. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Insituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) (ed.). "Celebra el Ada Lovelace Day 2017… ¡programando!". Educalab. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  19. Aurora, Valerie. "An update on the Ada Initiative". LWN.net. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  20. "Ada Initiative: Supporting women in open technology and culture 2011–2015". Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  21. Garrido Courel, Maite (08 de xullo de 2013). "Ladyada, la heroína del hardware libre". El diario.es. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]