Usuaria:Elvire/archive3 du 23 mars 2008 au 11 mars 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo de conversas N° 3 (23/03/08 - 11/03/09)

Re: Lista de monarcas de Francia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire!

Pola miña parte non vexo que que as tuas ligazons feitas ata agora, estén tan mal ou con erros como ti dis. De todas as maneiras aqui ninguen de nos, pode asegurarnos que todo é perfecto e que ben sabido é, que a Galipedia utilizase pois precisamente para que tudo o mundo poida aportar a sua colaboración corrixindo ou millorando os artigos. Ti tranquila, que as cousas pouco a pouco entraran pola tira, contando sempre coa xente de boa voluntade, con ganas de fadelo o millor que se poida, dentro sempre das suas posibilidades. Grazas outra vez pola tua xenerosidade. Nunca dudes de que outros usuarios os mellorarán. Un forte saudo e ánimo. --Padin 12:08, 23 marzo 2008 (UTC)

Hola Elvira.

Perdona si mis aportaciones no son muy gratas. Pero es que las asociaciones traidoras me indignan mucho y me resulta muy molesto ver que tienen cabida en un lugar tan serio como la wikipedia aquellos grupos que odian a mi país. De todas formas,no te preocupes: no haré ninguna modificación a pesar de la poca seriedad de ese artículo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.60.141.94 (conversacontribucións)

Compañeiro anónimo: Estás no teu dereito de non estar de acordo coa política de calquera asociación, mais non de modificar información verídica. O feito de modificar nomes de cargos etc. é unha destrución de información RELEVANTE. O lugar para discordar do contido dos artigos é nos comentarios, non na edicíón. Un saúdo. LvKinHo 13:53, 31 marzo 2008 (UTC)

Ola Elvire, o comentario de LvKinHo vai en referencia ó comentario anónimo que te fixo a IP, e que modificara uns artigos vandalizándoos, non o di por ti. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:03, 31 marzo 2008 (UTC)

Para iso estamos todos[editar | editar a fonte]

Non fai falla que mo agradezas, muller... para iso estamos todos!: para axudarnos e corrixirnos mutuamente. E a seguir traballando con ilusión!! Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 16:54, 31 marzo 2008 (UTC)

Un gran?[editar | editar a fonte]

Heheh, :) Eu tamén ando a mil en moitas frontes... Se queres mándame un correo. Ou se prefires mándame un correo e quedamos nunha sala de messenger ou de chat... Apertas --Xabier Cid 07:46, 1 abril 2008 (UTC)

En francés é perfecto. Téñoo algo enferruxado para escribir, pero léoo sen ningún problema. --Xabier Cid 10:24, 1 abril 2008 (UTC)

Ola Elvire. Supoño que te refires ás páxinas Ródano e Mosa. Penso que deberían marcarse como lixo e ser borradas, a non ser que ti mesma tiveras a intención de aumentar os artigos. Así que eu poría o marcador de lixo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:30, 6 abril 2008 (UTC)

Posto o marcador e borradas. Con respecto a Acerca da alma, hai que fusionar os historiais porque non se moveu o artigo, senón que se copiou, e polo tanto perdéronse os historiais. --Xabier Cid 22:28, 6 abril 2008 (UTC)

Grazas, pero...[editar | editar a fonte]

Grazas, pero sigo pensando que as diferenzas non son tantas. O malo é que é difícil expresarse cando un está mediatizado por unha actuación anterior, ou escoitar cando non se está de acordo coa actuación previa de alguén. A miña proposta baséase en que calquera actuación na Galipedia, ou no exterior da mesma, teña, se é previsible, un punto de partida nun marco colaborativo (ata o de agora non dera con este xeito de expresalo). É preciso crear páxinas do estilo "Wikipedia (ou Wikiproxecto, ou como se desexe):Prensa"(véxase Wikipedia:20.000 artigos ou Commons:Commons:Prensa, inda que non son exemplos totalmente adecuados ó que digo), para que a prensa teña onde acudir, recabar información e saiba a que usuarios, co respaldo da comunidade (este é un punto problemático) pode dirixirse. Isto permitiría que eses usuarios fosen moito máis conscientes das súas posibilidades e que non houbese por exemplo pequenas meteduras de pata como as que eu tiven no seu momento.

Si creo que os administradores ou usuarios que desenvolvan ese labor deben (cando menos débeselles rogar), antes de realizalo e despois de realizalo, informar ós outros usuarios e co maior detalle posible de en que consiste e como resultou (iso é enriquecer a comunidade). Si creo que se debe poder abrir un debate se se entende que é posible facer as cousas mellor. Si creo que un usuario ou un administrador pode ser bloqueable polo seu labor -ponte no peor dos casos posibles- no exterior da Galipedia (xa sei que algúns -non todos- non pensan coma min). Podo aceptar que a palabra representación non é adecuada, pero, polo meu propio estilo, non podo entender ningunha actuación miña (dentro ou fóra) sen un marco colaborativo con varios usuarios ou cos máis deles.

Pensei que isto último o compartía con todo o mundo, xa vexo que non. Por iso falo de que teño que encontrar o meu sitio no proxecto. Non teño claro que o encontre se as políticas negan esa posibilidade e/ou non a promocionan, pero xa veremos. Desde logo, se eu vou facer unha entrevista, desexaría saber qué farían os demais se estivesen no meu pelexo, gustaríame que os demais a visen ou escoitasen e que me chegasen a dicir que o fixen ben, que a valorasen (como ocorreu no seu momento). Inda non me acabo de crer que non pensemos e actuemos todos así.

Non estou plantexando unha cuestión de orgullo. Non estou intentado xustificar a miña actuación. Estou intentando comprender onde está a raíz das diferenzas que provocou a miña actuación, e expresalas. Se as miñas palabras lense coma se fosen unha xustificación, procurando exclusivamente as diferenzas que temos e non é posible avanzar nada desde elas, é preferible que me tome un descanso ou solicitar eu mesmo a miña revogación. Comprendo que todo está moi fresco e, ademais, quizais en pouco tempo, poida acadarse unha solución ó conflito, polo que eu polo de agora voume manter á parte. Por desgraza, pequenas necesidades fanme rexistrar e ver que teño mensaxes. Por como eu son, non son capaz de deixar de respondelas. Espero, cando menos nesta mensaxe, ter dado coa redacción e composición adecuada para ser escoitado. O triste é que, se consigo expresarme e darme a entender, non será porque alguén me teña axudado, non será por estar nun proceso colaborativo. De tódolos xeitos, grazas (por moitas diferenzas que teñamos -que creo que non son tantas con ninguén-, penso que debo de agradecerche o que temos en común e o valor que lle dás). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:24, 7 abril 2008 (UTC)

Non entendo o que entendes da miña mensaxe, e non sei se entendo ben a túa
  • Os dous entendemos que é conveniente elaborar páxinas do tipo das indicadas en Wikipedia:A Taberna (xeral)#Ferramentas pa preparar o Dia de Internet 2008.
  • Non falei de que a comunidade dese o seu "permiso", supoño que non me entendiches. Falei de que se informe para que a comunidade opine (se iso é vinculante ou non é outro asunto. Dese asunto non falei -creo- nesa mensaxe). Se hai un wikiproxecto sobre algo, e hai varios candidatos para un labor (unha entrevista), pódese opinar sobre quen ves máis adecuado para cada cousa, pódese opinar se sería conveniente que fosen dous ou tres por ter experiencias diferentes, se sería conveniente que se turnasen,... ¿Por que negar de raíz que a comunidade diga o que lle praza? ¿Por que non potencialo?
  • Si, discrepamos nunha cousa: Se eu aparezo na televisión e digo o teu nome de usuario e ademais o teu nome real e póñoche podre polo teu quefacer na Galipedia, ademais de poder tomar ti accións legais contra min, considero que debe a comunidade respaldarte e debo ser bloqueado (con exemplos coma este son tachado de radicalizar as discusións, cando o que ocorre é que pretendo que non haxa que arrepentirse das decisións). Debemos de ver o mundo diferente: Eu entendo que unha persoa pode falar da Galipedia a título persoal onde lle pareza, pero un usuario non pode. No momento en que unha persoa fala doutros usuarios concretos con nomes e apelidos, ou só con nome de usuario, e do seu quefacer, sen haber unha coaboración previa, pasa esa persoa a non ser tal persoa, pasa a ser un usuario, e poden tomarse medidas aquí. Non se trata de obrigar a seguir premisas da comunidade. Non se trata de que a comunidade poida dar permiso para asuntos persoais (non pode), trátase de delimitar o que é unha actuación persoal e o que non o é. Un cordial saúdo----Lmbuga Commons - Galipedia 20:58, 8 abril 2008 (UTC)
Non comprendo que haxa discutir o que acabo de escribir. Paréceme que cae de caixón. Si é discutible que sexa posible que se hai unha actividade que desenvolve unha persoa, poida falar aquí na Galipedia como usuario e fóra como persoa. Eu entendo que non: Se precisa falar dela aquí, compétenos a todos. Pero isto si me parece discutible. Ó mellor son moi cerrado--Lmbuga Commons - Galipedia 21:08, 8 abril 2008 (UTC)
  • Por suposto, é unha grande idea, tes o meu permiso para editar na miña páxina e poñer o teu nome nos artigos que desexes.--Arco de Rayne 19:54, 10 abril 2008 (UTC)

Victor Hugo[editar | editar a fonte]

Moi boas Elvire! Vexo que apuntaches para facer o artigo Victor Hugo, eu tíñao entre un dos traducibles (véxanse aquí: Usuario:Albert galiza/Bos artigos wikis). A miña intención era traducilo da wiki francesa. onde é un artigo de calidade, porén non ando con tempo suficiente para porme con el (ademais de que teño outros pendentes que van antes). Así que cóntame como tes pensado facelo. Se vas traducilo da francesa, poderías traelo o mellor que poidas e eu logo melloraría un pouco a ortografía. Dime que opinas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:24, 10 abril 2008 (UTC)


Artigo Francia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, xa arranxei a primeira parte da Historia de Francia, agora acabo de pegar a segunda parte, pero antes de traduci-la, poderías arranxar mellor un parágrafo que che puxen en letra cursiva? é que non entendo moi ben a tradución. Grazas--Hugo22 14:08, 13 abril 2008 (UTC)

  • Grazas Elvire xa o amañei, se queres podes comezar coa segunda parte e che vou botando unha man.--Hugo22 14:47, 13 abril 2008 (UTC).
    • Elvire xa arranxei unha parte do que traduciches, pero púxenche en cursiva unha frase que non entendín na parte de Protohistoria, antigüidade..., Grazas pola túa colaboración e paciencia--Hugo22 20:05, 13 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes[editar | editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 21:57, 15 abril 2008 (UTC)

borrado[editar | editar a fonte]

ola Elvire!

creo que fixen como sempre, pero non pasou o de sempre. Agora fixen unha chapuza e xa se visualiza o asunto. O artigo proposto para borrar é Conca do Sil, que non aporta nada novo ó xa dito en río Sil. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:40, 16 abril 2008 (UTC)

  • Ola Elvire, a verdade é que me sorprendeu o anuncio de copyright, porque é un artigo editado por varios usuarios (entre eles eu). Quizais poida haber algunha frase coincidente co publico ou co Diario de Mallorca, mais en todo caso sería cuestión de variar esas frases literais. Sinto non poder axudar máis pero surxiume un problema persoal e vou andar ausente por algún tempo (agardo que pouco). Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:28, 17 abril 2008 (UTC)

Xa que estamos/Por certo[editar | editar a fonte]

By the way (à propos/au fait/soit dit en passant), na túa sinatura tes charla con mi. Na primeira e segunda persoas en galego hai unha forma contracta única como en castelán: comigo e contigo. Para a cuarta e quinta pódese usar a sintética (connosco e convosco, reduplicación da preposición latina) ou a analítica (con nós e con vós, menos usual e jolie para o meu gusto). Para o resto, consigo (reflexivo: avec soi même/avec eux-mêmes/avec elles-mêmes), con el, con ela, con isto, con eles e con elas. Xa os crearemos no Galizionario. -- Sobreira (parlez) 22:38, 17 abril 2008 (UTC)

Vale, xa os creei: wikt:comigo, wikt:contigo, wikt:connosco, wikt:convosco. Falta consigo. -- Sobreira (parlez) 23:27, 17 abril 2008 (UTC)
  • Non tes que te disculpar, e máis cando o que pretendías era desfacer un vandalismo, fallos témolos todos.--Arco de Rayne 14:02, 18 abril 2008 (UTC)

Res:Posible infracción do copyright[editar | editar a fonte]

Ola Elvire,

Vista a tua mesaxe, pode que si, posiblemente poida haber algo de copyrght, eu pola miña parte direiche que a miña contribución limitouse únicamente a engadir as liazons externas. Polo resto direiche tamén que haberia que discutilo entre os usuarios participantes. Esperando as suas reacions, recebe un grand saúdo. Basilio 15:03, 18 abril 2008 (UTC)

  • Revisei artigo e fontes. Eliminei dúas liñas que eran textualmente idénticas ás da dunha fonte e que eran prescindibles por mor da expresividade das seguintes (mesmo me pareceron 2 liñas pouco enciclopédicas). Polo demais, eu non vexo problema. Non se abriu votación, así que retirei a etiqueta de copyvio. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:46, 18 abril 2008 (UTC)

Re:Sufixo[editar | editar a fonte]

Boas Elvira! Grazas polo aviso, non me decatara de que metía unha ligazón a "sufixo" no seu propio artigo. Vouno cambiar decontado para que ligue co artigo "prefixo". A min éme igual que apareza unha ligazón vermella, pois penso que así pode que alguén se anime a crear o artigo, non? Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 17:30, 18 abril 2008 (UTC)

Retirada de contidos dos historiais[editar | editar a fonte]

Non sei seentendo o que dis, sexa como sexa e,inda que eu son administrador, non sei facelo e, ademais, non estou de acordo. Para min, todo o mundo ten dereito a opinar -seguindo unhas normas- e a que quede constancia da súa opinión. Repito que non sei retirar dos historiais nada, pero tamén é certo que se soubese non lle vería moito sentido pois o relevante é o produto. O feito de que nos historiais apareza iso e o artigo continúe vivo (de corpo presente) é importante, pois facilita que antes de se facer outra observación coma esa se miren edicións anteriores e se procure demostrar motivos.

Se desexas que se borren esas entradas dos historiais, podo falar con outros administradores por ver se o saben facer (eu son bastante negado nalgunhas cousas), pero eu manifestareime en contra. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:37, 18 abril 2008 (UTC)

  • Agora non podo, pero comentarei a túa "petición" cando volva conectarme. Agora tócame xa descasar. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:57, 18 abril 2008 (UTC)

sacarina[editar | editar a fonte]

Segundo unha revista, a sacarina (E-954) está prohibida en Francia e Canadá. ¿Podes confirmarme o dato respecto a Francia? E, se é certo, ¿que alternativa hai á sacarina? Na Galipedia temos un artigo sobre a sacarina que recolle esa prohibición en Canadá pero non menciona nada de Francia. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 15:50, 19 abril 2008 (UTC)

  • Grazas pola investigación, Elvire. Elimino entón a suposta prohibición en Francia. En calquera caso que saibas que esa directiva xa foi modificada varias veces (a última, que eu saiba, no 2001) e que as Directivas europeas non son de aplicación directa nos países membros, a diferencia dos Regulamentos, que se aplican directamente. Aquelas necesitan ser transpostas á lexislación nacional e só nese momento entran en vigor en cada país, coas modificacións que cada país queira introducir. Quero dicir que noutras cousas seremos iguais tódolos europeos (da Unión Europea) pero nisto dos aditivos que comemos non. Un saúdo e repito as grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:00, 19 abril 2008 (UTC)
  • A cuestión non é esa, o problema é que o que fixo a IP anónima foi crear un artigo valdeiro, sen contido que debe ser marcado como lixo, pero se ti vas darlle contido non vexo problema en quitarlle o de lixo.--Arco de Rayne 18:40, 21 abril 2008 (UTC)

Política[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, xa subín a parte de política francesa, cando te animes botalle unha ollada--Hugo22 21:29, 24 abril 2008 (UTC).

  • Ola Elvire! A verdade é que xa non lembro se o fixen querendo ou sen querer, pero ó ver que unha ip borraba unha páxina, dixen eu: malo, e desfixen. Agora decátome de que fixen mal. Eliminei a páxina para que sexa creado con contido correcto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:02, 25 abril 2008 (UTC)
    • Ola Elvire! hoxe andiven a traballar no artigo Francia, xa subín os parágrafos correspondentes coa Administración francesa, e comecei a traducir a primeira parte, agora atópome un pouco perdido coa tradución, poderíasme axudar a continua-la?--Hugo22 22:25, 27 abril 2008 (UTC).
  • Seguro que ti coñeces mellor a realidade francesa e as súas leis, e se ves erros é lóxico e normal que os corrixas. --Arco de Rayne 21:26, 28 abril 2008 (UTC)

"A Casa", de Xaquín Lorenzo[editar | editar a fonte]

Elvire, "A casa" que incorporaches na bibliografía de Xaquín lorenzo xa estaba. Esta publicación de Galaxia de 1982 é unha reedición parcial de "Etnografía. Cultura Material", Volume II de Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962. Reeditado por Akal, Madrid, 1979-1980, e en cuatro volumes diferentes por Galaxia en 1982 na colección "Biblioteca Básica da Cultura Galega": A casa (nº 11), A terra (nº 12), O mar e os ríos (nº 13) e Os oficios (nº 14).

A ordenación das obras que fixen neste artigo é simplemente cronolóxica, por iso esta obra ("Etnografía. Cultura material") está en 1962, que foi cando se publicou. Non me pareceu relevante recoller como bibliografía as reedicións, como esta de Galaxia. Outra cousa que non me gusta facer é poñer ligazóns na bibliografía: así, a ligazón a "Galaxia" non engade nada ó artigo de X. Lorenzo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 30 abril 2008 (UTC)


Plantexas dúas cuestións interesantes.

  • Unha é a da ligazóns nos artigos: cando está xustificados e cando non. Eu non o teño moi claro pero, en principio apoiaría a tese de utilizalos só cando engaden información adicional. Como unha especie de nota ó pé pero que remite a outro artigo no que poidas ampliar a información. Isto levaría a reducir sustancialmente o número de ligazóns internas, e seguramente algún día farei unha proposta máis en serio neste sentido. As ligazóns ós anos (nacemento, morte, publicación, o ano no que unha persoa fai calquera cousa) resúltanme francamente inútiles, aínda que sigo as normas e as marco cando cito un ano determinado; as ligazóns xeográficas serían unha cousa intermedia: ás veces achegan información pero habitualmente non; ligazóns a "cm", "kg", "a.d.C.", "°C", etc., tamén me parecen absurdos. Neste artigo (en calquera artigo que inclúa bibliografía) ligar á editorial que publicou tal ou cal cousa, tamén me `parece absolutamente innecesario. E tamén se a cita se fai dentro do texto do artigo.
  • Respecto a deixar a bibliografía dentro do artigo ou facer un á parte ("lista das obras de xxx") xa o discutiron, efectivamente, no artigo sobre Sarmiento. Pode ser unha boa idea pero non sei se hai precedentes. Aí non teño nada que opoñer e creo que incluso gañaría o artigo se a bibliografía estivese fóra porque, tes razón, hai casos nos que unha lista tan longa desequilibra o artigo.

Para rematar, non te autolimites por cuestións da fala/escrita. Non tes nada que envidiar dos demais nese sentido. De verdade que es máis que competente. Saúdos, Elvire ;) Pedro --Lameiro (conversa) 22:23, 30 abril 2008 (UTC)

Biotopo[editar | editar a fonte]

Boas noites, Elvire. Alguén colleu unha definición en castelán e copiouna neste artigo. Isto non é un artigo senón unha definición, e aínda por riba en castelán e con erros ortográficos e tipográficos. Claro está que agora podemos nós corrixir, wikificar, aumentar e convertelo nun artigo como Dios manda, ou esperar a que o autor o remate pola súa conta -se queres darlle cancha-, pero creo que debemos ser máis esixentes e respectar un nivel mínimo para empezar. Por exemplo, o artigo biocenose é breve, pódese ampliar todo o que queiramos, pero é digno e merece quedar. Non é o caso deste biótopo. Sigo pensando en que, por min, debería borrarse directamente, a non ser que alguén se comprometa en reconvertelo. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 23:41, 10 maio 2008 (UTC)

  • Non hai nada que perdoar, nin moito menos, nin me pareceu mal en absoluto a túa chamada de atención. Se estamos de acordo no fondo, agora só nos queda por discuti-lo tempo. O tempo que debe deixarse a calquera usuario para que complete un artigo (completar ata un nivel estándar). Se o usuario puxese a marca de "en uso" habería que esperar, aínda que ese comezo fose insuficiente. Non o puxo pero ¿debemos pretender que un usuario novo coñeza esas técnicas? É posible que eu sexa de gatillo fácil e teña pouca paciencia con determinadas edicións, coma esta, pero para iso estades tódolos demais, para atemperar gaitas e deixar prazos. Bueno, algún administrador terá que toma-la decisión de esperar ou actuar, e eles saben ser pacientes.Vou cambia-la marca de lixo pola de atención. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:01, 11 maio 2008 (UTC)

Augardente[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire. Quixen salvar o artigo sobre a augardente e reformeino. Bótalle un ollo por se ves cousas que aínda non son axeitadas. Un saúdo. --Xabier Cid 20:28, 17 maio 2008 (UTC)

Queda moito por ampliar, pero agora si que vai polo bo camiño. O que máis me gusta de como fas as cousas é a viraxe de perspectiva que lle dás ás cousas. Saudiños --Xabier Cid 21:53, 17 maio 2008 (UTC)

Francia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! grazas por retomares a tradución de Francia, estiven facendo bastante cambios, que che parecen? se hai algo que non che guste dimo e o mudamos--Hugo22 18:16, 18 maio 2008 (UTC).

  • Grazas polas ligazóns, mirarei de integralas mañá no artigo. Por certo, hoxe estiven nunha exposición e nunha conferencia sobre o maio do 68. Habería que mellorar ese artigo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:53, 22 maio 2008 (UTC)

Metz[editar | editar a fonte]

ola Elvire! podes botarlle un ollo a este artigo e aumentalo desde , dado que polo de agora só é un esbozo? Un saúdo e graciñas. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:30, 27 maio 2008 (UTC)

Outra que se dá á bebida pola miña culpa... a ver se me vou ter que retirar da wikipedia para evitar que a xente caia no alcoholismo e na vida desenfreada, hehehe. Agora en serio, grazas polo apoio. Un saúdo. AlberteSi, digame? 23:09, 4 xuño 2008 (UTC)

Your global account[editar | editar a fonte]

It has been deleted per your requestVasilievVV 10:22, 6 xuño 2008 (UTC)

Os 100 artigos principais[editar | editar a fonte]

Elvire, grazas polo teu apoio no proxecto. Vouno levar a cabo na ligazón vermella que aparece na proposta da Taberna--Hugo22 17:23, 8 xuño 2008 (UTC).

  • Acabo de ver que o fixeches en forma de Wikiproxecto. Espero que non te moleste, pero gustaríame face-lo semellante á súa versión catalá. Como che dixen antes, vouno crear na ligazón vermella (Wikipedia:Os 100 artigos fundamentais) e alí pegarei o bosquexo que fixen coa axuda de Alberte. Unha vez creada discutiremos os diferentes artigos en cadansúa discusión--Hugo22 17:27, 8 xuño 2008 (UTC).
    • Espero que non che parecese mal, pero antes de leva-lo a votación xa tiñamos máis ou menos a estrutura final. Xa o creei, se queres anótate na lista de Colaboradores. Como ves, cada un dos 10 temas ten discusión de seu, se queres propor outros artigos faino na discusión da categoría--Hugo22 17:36, 8 xuño 2008 (UTC).
  • Arte contemporánea. :) Non estou de acordo con Arte contemporánea porque me parece un artigo de límites moi difusos, e herdado dunha tradición de dividir a historia en idades que non se corresponde en nada coa arte. Se a idade contemporánea arrinca na revolución rusa, debe entenderse que é contemporánea a arte de todo o século XX, pero tamén do XXI, porque aínda non se inventaron un termo para chamar ao período de despois de 1989. Ademais, creo que xa existe historia da arte e que esa é só unha parte, non máis importante cás outras. Pola mesma razón, creo que non debería ser artigo fundamental século XXI. Opóñome ademais a historia universal porque non está aínda creado e porque me parece moi difícil de crear como artigo. Pero vamos... todo na súa xusta medida, ;) e se os demais o credes importante, aí estarei pra botar unha man... --Xabier Cid Conversa 12:11, 10 xuño 2008 (UTC)

Evolución nome Galicia/Galiza[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Precisamente o meu problema é que sendo novo na galipedia non sei moi ben como crear un novo artigo. Para min resultaría máis fácil traballar engadindo contidos sobre un artigo xa feito que crear eu un esbozo. Ou aportar algúns datos nas páxinas de conversa que se lle parecen interesantes aos editores do artigo poidan incluir eles mesmos. En calquer caso, a ver se cando teña máis tempo me animo e fago algo. Por suposto, nunca dubidei da boa fe, e non hai nada no que dixeras polo que che teña que perdoar. Un saudo e gracias pola benvida e a axuda --Nanni 13:45, 24 xuño 2008 (UTC)

Lista de universidades[editar | editar a fonte]

Ola! En canto chegue á casa póñome con iso. Só unha aclaración, o que queres é que a taboa "normal" estea ordenada alfabéticamente por comunidade autónoma verdade? Outra cousa, habería que avisar aos que votaron en contra para que revisen o seu voto :) Grazas polo teu traballo. un saúdo --Banjo tell me 14:19, 17 xullo 2008 (UTC)

  • Feito, revisa por si hai algo máis. Se necesitas algunha outra cousa avísame :) --Banjo tell me 18:16, 17 xullo 2008 (UTC)
  • Grazas polo aviso. Pero grazas sobre todo pola volta que lle diches ao artigo, agora moito máis útil. Saúdos, Miguel.lima 16:54, 21 xullo 2008 (UTC)

Desculpas[editar | editar a fonte]

Prégolle señoriña acepte as miñas disculpas, fóiseme un pouco a man nas discusións. Saúdos e boa estadía. -- Norrin_strange (Fala-me) 19:22, 26 xullo 2008 (UTC)

  • Non, señoriña non o digo como burla, de feito a moitas das migas amigas chámolles así... non sei, é coma unha forma antiga de dirixirse ás señoriñas, ;). Unha aperta. -- Norrin_strange (Fala-me) 19:45, 23 agosto 2008 (UTC)

Sorte a miña[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, moitisimas grazas por me deixar unha mensaxe tan completa! ;). Primeiramente desculpa que non che respostara antes, e é aínda que non sexa un gran galipedista tomei pequenas vacacións, e por iso non puiden ver antes a túa conversa. Ben, como xa intues unha das miñas teimas foi e é, a de acadar un artigo o máis rigoroso e amplo que se poida sobre o reino de Galicia, nada máis nin menos que dende o ano 410 ata o 1833, por iso encheme de ledicia ver estará presenta grazas a ti, nuha das linguas que máis me gusta.

Con todo, debo pedirche un tempo para rematar cunha parte moi moi importante do artigo, os século X e XI, que aínda están sen tocar e que teñen unha crucial importancia, e como non, unha breve explicación sobre as diferentes tendencias historicistas, pois aínda hoxe e con todos os datos, hai historiadores que negan taxativamente a existencia do reino de Galicia, por incrible que pareza pero si. É dicir, os apartados do artigo que dou por rematados, son os seguintes:

O Reino Suevo, A Gallaecia visigoda, A formación da nova monarquía en Galiza e Asturias, Orixe e consolidación do Regnum Christianorum, Afonso II e tumba apostólica, Periodo e liñaxe ramirense, O reinado de Afonso III e o neogoticismo, A Era Compostelá, Anexión á Coroa de Castela, O duque de Lancaster e Fernando I de Portugal reis de Galiza, O reino de Galiza na literatura medieval, Os derradeiros nobres rebeldes, A recuperación do voto do Reino de Galiza nas Cortes, As linguas oficiais do reino,

O resto de apartados deben ser axiña postos en concordancia e moi traballados, tarefa que espero cumprir en 2 meses. Pidoche porfavor que agardes 2 semanas, para que engada todas as citas relativas aos apartados que están listos, e 2 meses para finalizar* o artigo dunha maneira que seña un todo ben explicado.

Coas imaxes, cando queiras enviame á conversa as dúbidas que teñas, etc.., para calqueira cousa, non dudes en me contactar, agarda 2 semanas porfavor! ;). --Alexandre Vigo 22:11, 21 agosto 2008 (UTC)

Re: Lista de Universidades de España[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Cando me deixaches a mensaxe estaba ausente e non puiden corrixir o voto. Por sorte o resto dos compañeiros que interviron anteriormente na votación si estaban. Desculpas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:26, 2 setembro 2008 (UTC)

B (homónimos)[editar | editar a fonte]

¿Quere iso dicir que aquí compriría unha páxina de homónimos?:

  • B:
    • B, segunda letra do alfabeto galego.
    • B, símbolo químico do elemento químico boro.
    • B, grupo de vitaminas de diferentes efectos relacionados co metabolismo celular, coñecidas conxuntamente como complexo B.
    • B, un dos catro grupos sanguíneos humanos.

Olvidándonos, como é lóxico, das acepcións como caixa B e series B, que como ben dis non teñen contido (supoño) para un artigo propio.

Neste caso, ¿cal sería o título máis axeitado do artigo: B ou B (homónimos)?, e ¿cal sería a frase que encabezaría a lista de homónimos?

Aproveito a ocasión para repetir unha pregunta que che fixen hai días: ¿como se suben imaxes da Galipedia a Commons? ¿como se escribe a descrición? ¿como se poñen os permisos? Non sei se viches que Furado quere utilizar na es:wiki dúas imaxes de cranios de mascatos que subín eu á Galipedia, e pídeme que as suba a Commons.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:41, 14 setembro 2008 (UTC)

Re: seguindo[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. O proxecto dos cen artigos semella moi importante e alédame que ti sigas pensando en como poñelo en marcha. Pola miña banda, neste intre non sei se farei algo ou non. Como podes ver hai unhas semanas que ando menos activo na Galipedia, agora mesmo descoñezo canto tempo vai durar esa situación. Afortunadamente hai bastantes usuarios que contribúen a cotío con moito éxito á boa saúde deste proxecto, por iso espero que algúns deles se apunten a axudar no dos cen artigos. Como testemuña da evolución da Wikipedia en galego aproveito a ocasión para agradecer a túa presenza aquí, a túa constancia na colaboración, a túa contribución co coñecemento que tes da Wikipedia en xeral e o esforzo na procura dun proxecto en lingua galega que teña valor, credibilidade e sexa útil para todos os lectores e colaboradores nesta lingua. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:46, 14 setembro 2008 (UTC)

Ovo[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Acabo de ver que o iw en francés de Ovo (alimento) é fr:Œuf amniotique, o cal é evidentemente absurdo. Supoño que debería dicir Œuf (cuisine), pero é máis seguro que o corrixas ti. Por certo, que aínda non me dixeches como se sube unha imaxe da Galipedia a Commons. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:03, 15 setembro 2008 (UTC)

imaxes a commons[editar | editar a fonte]

Boas Elvire. Seguindo as túas indicacións conseguín subi-la imaxe do cruceiro de Vilagarcía (Image:Cruceiro Carril 01 02b.jpg). O curioso é que as páxinas que se ían abrindo e as caixas a encher non sempre coincidían cos que ti me dis, pero entre unhas cousas e outras e aplicando o sentidiño, parece que a imaxe se cargou con éxito. Vótalle un vistazo, por se é caso. Vexo un problema na descrición da imaxe, o comentario parece excesivo e repetitivo. Supoño que será máis lóxico no futuro subi-las imaxes directamente a Commons e non pasar pola Galipedia, aínda que iso supón que na Galipedia non nos enteramos das imaxes que subimos os galipedistas, e iso é unha mágoa. Pero iso será un segundo experimento que farei esta noite. Pois iso, que grazas e ata outra. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:49, 18 setembro 2008 (UTC)

Re:Día[editar | editar a fonte]

Como xa lle dixen a Pedro, aquí estamos para prestarnos axuda mutua. Intentarei seguir ampliando o artigo aos poucos, así como algúns relacionados, como por exemplo "semana". Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:45, 27 setembro 2008 (UTC)

Museo do Pobo Galego[editar | editar a fonte]

Saúdos Elvire. Subín algúnhas imaxes máis do Museo do Pobo Galego (do patio )e da igrexa de San Domingos de Bonaval (dous sepulcros), por se tamén queres subilas s Commons. Apertas. --Iago 15:39, 11 outubro 2008 (UTC) Cóntame

Ola. Pois non sei o nome, é unha mágoa. Saquei as fotos hai catro anos, co que nin me lembro dos nomes que entón lera. Estos días estou subindo fotos antigas que tiña almacenadas e que sirvan para ilustrar algún artigo. O que si che podo decir que non son o mesmo sepulcro. Tiña bastantes máis de San Domingos, pero case todas saíron movidas (aínda estaba a comenzar a usar aquela cámara) e non valen para subir. Apertas, e para o que queiras. Iago

Porta dalgures[editar | editar a fonte]

) Efectivamente, é a Porta de Alcalá e non a do Sol... Polo de modificar os datos non hai problema, pero non sei como se lle pode mudar o nome a un arquivo xa subido. Voullo comentar a Lmbuga, e se non pídolle que a borre e vólvoa subir co nome correcto. Graciñas polo aviso, que hoxe subin unha morea de imaxes e xa sabía eu que nalgunha ía a meter a gamba...--Iago 21:55, 12 outubro 2008 (UTC)

Être et avoir[editar | editar a fonte]

boa noite Elvire!

dado que sempre tropezo na mesma pedra e non dou aprendido, solicito a túa axuda. Comecei a tradución do artigo da película Être et avoir, pero superoume e non me vexo con demasiadas forzas. Se te animas a traducilo, agradeceríacho ben. Por certo, recoméndoa.

Un saúdo. Falamos. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:41, 13 outubro 2008 (UTC)

  • Ola Elvire; un millón de gracias pola tradución, e parabéns polas túas melloras á hora de escribir en galego. un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 13:09, 18 outubro 2008 (UTC)

Re: Os cen artigos[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Xa deixei a miña intervención en Conversa Wikipedia:Os 100 artigos fundamentais. Sinto non ser de moita axuda, a ver se ti consegues tirar por nós :-) coas propostas das que falas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:55, 14 outubro 2008 (UTC)

Moi boas[editar | editar a fonte]

A ver se desta vez teño tempo e podo facer algo. Levo un rato vendo cousas e ando moi perdido. Agardo poñerme ao día en breve. Saúdos e un pracer volver a falar contigo. --Beninho 19:05, 16 outubro 2008 (UTC)

Re: Votos (non?) nulos[editar | editar a fonte]

Son casos diferentes, aínda que só por un pequeno matiz. Se me poño detidamente a pensalo, estou bastante de acordo do que dixo Lameiro aquí:

«[...] pero canto á validez do voto de Lmbuga non me cabe dúbida de que si, é tan válido como calquera [...] Que eu saiba, [...] a única limitación que atopo é que "É unha regra habitual neste wiki non tomar en consideracion as autopropostas", limitación que nin siquera é unha política aprobada, e unha "regra habitual". Entendo que está feo as autopropostas e os votos a favor do autor, pero non temos política oficial que o prohíba [...] Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 21 outubro 2008 (UTC)»

Quizais habería que abrir unha conversa na Taberna para aclaralo, e recoller o que saia de aí nalgunha páxina. Se fose como di Lameiro (e insisto en que estou só en parte de acordo), habería que darlles válidos os votos a Hugo22 (anulado por min) e mais a Lmbuga (polo de agora xa é válido).

  • En resumo: a miña postura é que o creador da imaxe non pode votar na proposta dunha imaxe súa, nin pode propoñer imaxes propias. Ah!, e grazas por valorar o meu traballo. Sempre dá ánimos que cho digan. E, por se che interesa, son máis de ciencias, aínda que sempre me gustou escribir (a parte de literatura nunca me gustou demasiado). Deica logo e a seguir traballando así, que ti tamén o fas moi ben!! --Toliño Fala aquí comigo 13:45, 22 outubro 2008 (UTC)

Ola Elvire. Desculpa a intromisión, permíteme un apunte rápido, tiña pensado comentar algo sobre o tema dos votos nas imaxes para explicar un pouco o motivo de non aceptar autopropostas (refírome a como se foron asentando certos procedementos ao longo do tempo e porque foron nesa dirección) pero precisamente ando inserindo imaxes nos artigos e aínda non o fixen. Só dicir que non trata tanto de que sexa "feo" senón de certas prevencións nos procedementos nos que hai votacións para que se realicen coas máximas garantías. Cómpre explicar isto algo máis, espero facelo no fío da votación da imaxe. Hai máis cuestións asociadas tamén espero poder comentalas alí. Fago este comentario porque debido ao tempo que levo aquí creo que podo axudar a aclarar o tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:53, 24 outubro 2008 (UTC)

Nucléolo[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Fixeches ben en substituír a imaxe. Tardei moito en volver conectarme e en corrixir eu o problema. Como a imaxe SVG, en galego, non me funcionaba, subina en formato PDG, pero tardei un par de días en facelo. Actualmente xa está en galego (Imaxe:Nucléolo.png), inda que era preferible o formato SVG. Sexa como sexa, actuaches da mesma maneira que eu actuaría. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 13:59, 24 outubro 2008 (UTC)

¿Sieur?[editar | editar a fonte]

No artigo 23 de outubro dáse conta da morte en tal data de 1688 de Charles du Fresne, "máis coñecido como sieur du Cange, filólogo francés (n. 1610)". ¿Ese "sieur" é correcto ou el será un erro por monsieur? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 24 outubro 2008 (UTC)

  • Xa tes marcada a ligazón (23 de outubro). Este Du Cange foi un filólogo que publicou un dicionario de latín inmenso e completísimo. Polo que dis, esa forma de chamalo, sieur, é válido aínda que sexa anticuada. Deixarémolo estar, entón. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 20:50, 24 outubro 2008 (UTC)

"Molexas"[editar | editar a fonte]

De nada, Elvire, de nada. Esquecíame de preguntarche unha cousa. ¿En Francia é práctica habitual come-lo páncreas das reses de abasto? Bota un vistazo á páxina de conversa de molexas e entendera-la pregunta. Supoño que alá se venderá e se comerá o timo (ou moega) pero ¿e tamén o páncreas? Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 22:47, 29 outubro 2008 (UTC)

Lio lioso[editar | editar a fonte]

Ai Elvire! Menudo lío me estou facendo. Contesteiche aos teus comentarios na páxina de conversa de Wikipedia:Os_100_artigos_fundamentais. Pero logo vin que estiveches traballando na outra, na vella que levaba parada dende xuño, Wikipedia:Wikiproxecto Os 100 artigos fundamentais. E entón xa non sei si volver a contestarche ahí, ou na outra, ou...........

Eu penso que tiñamos que usar un dos dous, e pechar o outro. Xa somos poucos no allo, como para ter dous wikiproxectos para o mesmo, con contidos distintos, debate distinto, lista de artigos propostos distintos, ... 22:05, 30 outubro 2008 (UTC)

Antes non puxen a asinatura ben Miguel.lima 22:06, 30 outubro 2008 (UTC)

Usuario:Pontevedra78/Os meus comunicados

Desculpas. Se tal e como e, o e 18:07, 31 outubro 2008 (UTC)

a morte[editar | editar a fonte]

Pois non che sei, xa que non acabo de entende-lo significado do Wikiquote nin Wikifontes: ¿poderíanse copiar textos sen atentar contra os dereitos de autor? En calquera caso, neste artigo particular verás que leva o termo literatura pero tamén o de "popular", e por iso a miña idea era quedarme coa literatura oral, non a de autor. Ter textos sobre a morte (e outros temas de cultura popular nos que me irei metendo: o embarazo, o nacemento, a infancia, a voda, a vellez) teño moitos, pero non pensaba transcribilos. Se me explicas máis polo miúdo o obxectivo e limitacións deses dous proxectos ó mellor me convences. En calquera caso, se cres que habería que pasa-lo artigo a un deles, se cadra mellor neses outros proxectos, eu non teño inconveniente ningún. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:34, 1 novembro 2008 (UTC)

É posible que haxa algo da miña colleita pero o caso é que Galicia foi rural ata onte, en comparación con outras zonas nas que a vida urbana foi predominante. Aínda así, esa diferenciación entre a Galicia rural, aldeá, profunda e a Galicia das vilas e cidades podes vela en case tódolos textos que falan da cultura popular. Claro que moitos costumes rurais se exportaron ás vilas segundo a poboación rural ía traballar ás vilas e, de feito, hai recollidas informacións sobre a morte (e sobre outros temas) en Santiago, na Coruña, Pontevedra, etc.
Supoño que boa parte do que digo no artigo xa non existe máis que nos libros, en parte por ese cambio social que trouxo a industrialización, a escolarización, a televisión e outras modernidades (que tampouco son tan modernas, por certo), e en parte porque moitos usos rurais se calificaron de incultura e superstición, case bruxería, e a igrexa, os mestres, médicos e outras forzas vivas, que tamén vivían nas aldeas, foron eliminándoas. O hospital, o tanatorio, a incineración, etc substitúen hoxe a morte na casa ata no último rincón galego. Os cemiterios están chamados a extinguir. Tamén desapareceu o costume de parir na casa e tantas e tantas tradicións. Desapareceron na aldea e desapareceron na cidade e neste século XXI só quedan nos libros e nas cabezas dos vellos. Pero seguen existindo algunhas prácticas (Galicia está chea de curandeiros) e supoño que na Galicia rural serán máis frecuentes, aínda que sexa só por razóns de idade dos poucos que van quedando na aldea.
Ó gran. Que revisarei esa introdución e intentarei segui-lo teu consello. Tanto como borrar ese parágrafo non cho prometo pero buscarei a forma de que quede máis clara a diferenciación. E citarei fontes que acrediten o que escribo.
Alégrame que te guste o artigo. Grazas por lelo con esa atención. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:41, 1 novembro 2008 (UTC)

Re: Os cen artigos[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Tentarei ler as páxinas este fin de semana. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:47, 1 novembro 2008 (UTC)

Hahahahahaha, :) que graza e que ilusión me fixo recibir a túa mensaxe... état des lieux c'est "estado das cousas", même si elle est une expresion beaucoup plus employé en français que en galicien. Pour bilan... je dois en penser un petit peu plus... :) --Xabier Cid Conversa 02:27, 2 novembro 2008 (UTC)

  • Bilan... je crois que "balanzo". Mais peut-être le contexte change tout... Je risquerai avec "balanzo". --Xabier Cid Conversa 02:29, 2 novembro 2008 (UTC)

Re:política[editar | editar a fonte]

Tranquila, Elvire, ¿como me vai molesta-lo que me dis nin que mo digas sen preguntar eu nada? Tranquila, de verdade, e excusas pedir desculpas. Insisto en que declararse dun partido ou doutro, coloca-la bandeira nacionalista ou cousas similares sonche cousas moi distintas do que escribiu o usuario na súa páxina.

Por certo, canto o que falabamos onte da Galicia rural e a urbana hoxe estiven preguntando. Eu vivo nun pobo duns 12.000 habitantes e costeiro, é dicir, pouco "rural". Aínda así, ata os anos 80 celebrábanse os velorios na casa tal como os describo, con moreas de xente na casa, con caras serias primeiro e briscas despois, cos homes e mulleres en habitacións separadas, con comida e bebida para axudar a pasa-la noite, mesmo con carpideiras (plañideras) contratadas. O loito da viúva, rigoroso durante anos. Xa ves como estes usos existían ata case onte, e iso que, insisto, non falo dunha aldea de 5 veciños perdida na montaña. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:24, 2 novembro 2008 (UTC)

Artigo[editar | editar a fonte]

Vale, entón se o fan vostedes mellor facédeo, eu marcho... Como borro conta?

Manipulación xenética[editar | editar a fonte]

Así en principio o artigo é moi simple pero non tanto como para ser borrado, quizais porque como di Xabier sexa cousa dalgún estudante. Creo que a actualidade do tema pide que a Galipedia teña algo sobre iso. Canto ó título, eu preferiría Enxeñería xenética, claro, máis técnico e aséptico, pero neste caso non te deixes levar polas implicacións negativas que lle damos á palabra "manipulación". Nun sentido recto, isto non é outra cousa que meter man na cadea de ADN e modificala buscando un efecto que se considera beneficioso para o home, é dicir: manipula-lo ADN. O caso é que eu por agora non teño tempo para tanta cousa pero, como digo, este sería un caso deses de marcar como "progreso" ou "atención" e non esquecelo, porque o tema é interesante e merece un mellor tratamento. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:21, 3 novembro 2008 (UTC)

Linux[editar | editar a fonte]

Nin idea de Linux, pero póñome a fusionar entón... :) Grazas polo aviso!! --Xabier Cid Conversa 18:09, 3 novembro 2008 (UTC)

Rede informática e Rede de computadores[editar | editar a fonte]

Efectivamente, os dous artigos tratan do mesmo. Xa puxen os marcadores de fusión nas dúas páxinas. Saúdos, Miguel.lima 21:18, 3 novembro 2008 (UTC)

Obama[editar | editar a fonte]

Boas Elvire. Puxeches que o mandato deste home será de 2009 a 2012. Teño entendido que son 4 anos, logo remataría no 2013, salvo imprevistos, claro. Compróbao, please. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:29, 9 novembro 2008 (UTC)

Categoría Música - Singles[editar | editar a fonte]

Ola Elvire:

Grazas polo aviso, a verdade é que descoñecía a existencia da categoría música. Xa incluín a categoría de singles dentro da mesma. Sempre que vexas algún erro deste tipo non dudes en avisarme.

Un saudo --Jordav 17:58, 12 novembro 2008 (UTC)

  • Non é ningunha molestia! :-) Polo que vexo, Jordav xa adaptou as categorías el mesmo, así que nin teño que choiar. Un saúdo! --GallaecioE logo? 08:13, 15 novembro 2008 (UTC)

Artigo Música[editar | editar a fonte]

Vin o artigo Música na categoría Música e movino a Arte e Cultura. Logo, como me estrañou que estivese aí, e non recordaba ter feito tal cousa, mirei o historial do artigo e vin que foras ti quen o cambiara. O certo é que sempre dubidei con respecto á categorización de artigos que dan nome a categorías. Hai xa unha política ou algo ao respecto? Un saúdo. --GallaecioE logo? 08:30, 15 novembro 2008 (UTC)

Xa sei que non é unha guerra de edicións :-D. Deixei a cuestión na Taberna. Se resulta que non hai política, haberá que chegar a un consenso para ter unha. Un saúdo! --GallaecioE logo? 10:20, 15 novembro 2008 (UTC)
Finalmente e tras moito meditalo, concordo contigo na forma de categorizar este tipo de artigos (e xa fixen as modificacións pertinentes no de Música). De todos xeitos, cando teña tempo hei propor o tema pra chegarmos toda a comunidade a un consenso. Un saúdo, e bo Nadal! --GallaecioE logo? 12:13, 27 decembro 2008 (UTC)
Xa está aberto o debate sobre a proposta de política ao respecto, bótalle unha ollada a ver que se pode completar/cambiar/quitar. Un saúdo! --GallaecioE logo? 01:14, 29 decembro 2008 (UTC)
Boas de novo! Editei o artigo Wikipedia:Categorías e engadín un apartado sobre o tema. Xa avisei a algúns dos editores anteriores do artigo, e a ver se ti tamén lle podes botar unha ollada. Moitas grazas, e un saúdo! --GallaecioE logo? 18:44, 30 decembro 2008 (UTC)

Paulo Orosio e o Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, antes de nada, darche a miña máis grande noraboa!, aínda que fai tempo que non puiden aportar moito á galipedia, sego de perto todo o que se fai, e vexo todos os teus avances no Royaume de la Galice, paréceme faboluso, NORABOA! polo traballo a prol do coñecemento da historia galega, e noraboa unha vez máis pola túa constancia, non podo deixar de gabar a túa magnífica iniciativa. No tocante a Paulo Orosio, dicirche que fun eu mesmo o da IP descoñecida, atopábame no traballo e non tiña o contrasinal para editar, e decidin facer o cambio asi sen máis. Tes toda a razón, era un erro, e hai que rectificar, poderiamos dicir que é galego pero como ti ben dis, penso que é máis correcto o de galaico-romano, porque sexa coma for o Imperio estaba aí, asi que iso. Comentarche tamén que teño prevista unha ampliación do artigo, para dotalo de dimensións moito maiores, pero por falta de tempo e polo traballo, terá que demorarse un pouco, pero conta con el ;). Grazas por estar ai, e por facer o que fas.--Alexandre Vigo 22:53, 18 novembro 2008 (UTC)

Imaxes de Bonome[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire. Moi boa explicación, moitas grazas. Pero así a simple vista non me convencen algúns puntos: o de pertenceren ao arquivo persoal (a autora da foto é Canou e cede os dereitos, e a propietaria dos dereitos da escultura son os herdeiros de Bonome, polo tanto Canou, e cede os dereitos) é válido para algunhas das imaxes, pero non para todas. A foto do grupo onde sae Bonome no ano 32, p.ex. http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Bonome05.jpg, non puido ser feita por Canou (ou non consta), e o seu autor descoñecido podería non estar morto. Polo que respecta ao artigo sobre Bonome... vou ver de facer unha edición intensa, aínda sabendo que probablemente debería borrarse e agarrándome ao tempo e ás edicións transcorridas dende a súa creación :) Saúdos. --Xabier Cid Conversa 11:24, 23 novembro 2008 (UTC)

Alors, je crois que nous avons deux problèmes: un, determiner si Canou est vraiement la personne qui a hérité les droits des oeuvres de l'esculpteur Bonome; et deux, qui a les droits des photos que, évidemment, n'ont pu pas faites pour Canou (soit qui soit) ni pour Bonome, mais pour un autre journaliste ou photographe (comme celle-ci que j'ai signalé auparavant). Même si Canou a une copie de ces photos, elle ne peut pas avoir les droits de ces photos (car elle ne peut pas être l'auteure ni la héritière): Bonomeambassadeur.jpg, Bonome05.jpg, Bonome04.jpg... --Xabier Cid Conversa 13:42, 23 novembro 2008 (UTC)
Et voilà. :) C'est ça. --Xabier Cid Conversa 15:43, 23 novembro 2008 (UTC)


Ola Elvire. Vou deixar esta mensaxe tamén na páxina de Xabier Cid polo que me dirixirei ós dous a un tempo.

Primeiro desculpade por non ter respondido antes ás vosas mensaxes. Vinas, pero estaba atrapallado noutras cousas e non me daba tempo de respondelas, ...nin tiña as cousas moi claras. Desde aquela, non volvín conectarme.

Seguindo estritamente as políticas de Commons, as imaxes, na miña opinión, así que haxa consciencia delas, van ser borradas. Tras a primeira mensaxe de Xabier Cid, posto que as imaxes de Commons tiñan orixe na Wikipedia fracesa, en vez de borralas, decidín propolas para borrar. Iniciei o procedemento, pero desistín por dous motivos:

- Observei nese momento que o procedemento de proposta de borrado cambiou e non o tiña claro (decidín estudalo antes de actuar)

- Decidín pensalo mellor. Pareceume inadecuado propolas para borrar -mesmo inxusto- sen antes procurar unha alternativa que poida permitir que as imaxes estean en Commons, dado que é perfectamente posible que o usuario que subiu as imaxes na Wikipedia francesa detente os dereitos de autoría tal e como se expresa na Wikipedia francesa tras falar con Elvire.

O malo é que non estou capacitado para facer ese labor, pois non domino o francés para poñerme en contacto con Canou (usuaria que subiu as imaxes).

Partamos de que o que di Canou de que ten os dereitos das imaxes e de que é filla de Bonome é certo. ¿Como podelas manter en Commons? É difícil. Non creo que sirva Commons:OTRS/gl, inda que quizais si. A verdade é que Commons ou as wikipedias non son un espazo adecuado para subir fotos dun álbum familiar. Para iso hai outros espazos, o máis compatible con Commons é Flickr. Eu tería subido esas imaxes a Flickr e, tras colocarlle unha licenza compatible con Commons (a primeira ou a sexta da ligazón anterior), teríaas subido a Commons. Se se fixese así, non terían problema ningún. ¿Pero como explicalo en francés e ser escoitado cando na Wikipedia francesa as imaxes non tiveron problemas?

Se as imaxes se propoñen para borrar en Commons (o procedemento está escrito en Commons:Deletion requests), estou convencido de que van ser borradas, pero quizais non sexa o máis xusto; por iso parei e decidín pensar o xeito de actuar. É dicir, Canou, para que as fotos se poidan manter en Commons, ten que demostrar que é quen di ser e que ten os dereitos de autoría de imaxes realizadas por outros. Non creo que poida demostrar todo iso. En cambio, se as subise a Flickr, a situación cambiaría radiclamente e as imaxes poderían manterse ou volver subirse.

Sobre o procedemento para subir as fotos a Flickr (debería facelo Canou) e logo subilas a Commons (ou cambiar as súas características alí), podería guiarvos eu. ¿Que facemos?-- Lmbuga / Conversa comigo  19:07, 24 novembro 2008 (UTC)

Perdoade que me meta onde non me chaman pero non podo evitar facerme en voz alta unhas preguntas. Se eu fago unha foto dunha igrexa, dunha vaca ou dunha praia, ninguén me pide que demostre que eu son o autor da foto. Confíase na miña palabra ó subi-la imaxe. Se fago unha foto á estatua que teño no meu xardín ¿debo demostrar que esa éstatua é miña -comprada por min-? Se quero subir unha foto da miña nai ¿hai que demostrar que é miña nai e que me autoriza a subila? ¿Hai diferenzas se fun eu quen fixo a foto? E se se trata dunha foto da súa voda (feita polo fotógrafo profesional que vai saber se estará vivo ou non, pero logo cobrada ou regalada a quen hoxe ten a fotografía), ¿tamén teño que demostralo? É tan difícil demostrar que é miña... En resumo: ¿non será todo isto demasiado restritivo e non parte da base de sospeitar un uso fraudulento, en lugar de asumir, en principio, un uso lícito? ¿Non tería que ser ó revés: a carga da proba recae en quen diga que esa foto é súa e non de quen a fixo pública? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:33, 24 novembro 2008 (UTC)

Continuei conversando con Xabier Cid. El editou na miña páxina de conversa e eu respondinlle na súa.

Ó que di Lameiro: A Commons e á Wikipedia só se poden subir dous tipos de imaxes, aquelas que teñan autoría propia e aquelas que estean demostradamente no dominio público. Se non podes dicir que as fixeches ti, tes que demostrar a súa procedencia e a súa licenza. Agora ben, se ti fas unha foto dunha estatua dun xardín, haberá que ver se esa estatua está no dominio público ou non. A estatua, por moito que sexa da túa propiedade, por moito que ti a comprases, segue tendo os dereitos de autoría do escultor que a fixo ou dos seus descendentes ata que estes caduquen (cando caduquen, pasa a estar no dominio público). Outra cousa é que a estatua estea na vía pública, pois en España -en Francia non é así- as estatuas e edificios na vía pública están no dominio público.

Eu acabo de borrar, fai uns dous meses, unhas 12 fotos feitas por min e subidas a Commons relativas a obxectos de Sargadelos (cando as subín, non sabía o que sei hoxe). Fíxenas eu, algúns dos obxectos eran meus, pero os obxectos teñen copyright. Se eu os poño no dominio público, estou a dicir que calquera pode facer copias dos obxectos en porcelana (non só copias da imaxe); por iso borreinas. En España, ninguén ten dereito de copiar un obxecto que non estea na vía pública (en Francia nin iso) a non ser que pasasen 70 anos do 1 de xaneiro seguinte á morte do autor. Se estimas que a estatua que compraches é unha obra artística ou con copyright, inda que poidas facerlle unha foto para uso persoal, non podes publicala, salvo que o seu uso sexa educativo (libro de texto, por exemplo). A este respecto dicir que a Wikipedia, polo que respecta ás fotos, non é só un espazo educativo, é tamén un espazo divulgativo, polo que non se pode aplicar ás imaxes o concepto de que sexan de carácter educacional, pois no momento en que nós publicamos unha imaxe poñémola no dominio público e permitimos o uso comercial (un libro de texto non o permite).

En España, só podes publicar unha imaxe dunha estatua se está na vía pública ou se fas a foto dende a vía pública (non vale no interior dun museo), ou se o autor morreu fai máis de 70 anos (hai unha franxa de anos en que fan falta 90 anos, pero tería que buscar cal é). En Francia, as estatuas na vía pública teñen copyright.

Se sobes unha imaxe dunha estatua a Commons ou á Wikipedia, é responsabilidade daquel que a sobe indicar o autor da estatua e a data en que morreu, se é posible, debe poñer ligazón a unha páxina que o demostre.

Outra cousa diferente (seguindo co comentario de Lameiro): Imaxes de persoas. Calquera imaxe subida a Commons de persoas vivas e non públicas pode ser borrada. Non se admiten. Non se admiten porque non é posible que demostres que tes permiso desa persoa para publicala. A este respecto, Commons e as Wikipedias poden ser máis restrictivos do que a lexislación. Outra cousa é que esas fotos sexan desenvolvidas nun acto público. Para moitos usuarios de Commons son conflitivas as imaxes que eu subín dos meus fillos, inda que pareza incrible, inda que fosen feitas fai anos e non sexan recoñecibles na actualidade os rapaces (véxase a foto da miña páxina de usuario, imaxe que foi considerada excelente en Commons e que tivo, na votación para ser considerada tal, esa crítica).

Outra cousa diferente (foto dunha voda feita por un fotógrafo profesional): A foto pode ser túa, pero o fotógrafo ten os dereitos de autor. Esquécete de subila. Ti compraches a foto, se non tes un documento que indique que compraches ademais os dereitos, só compraches a foto. Polo tanto, tes que esperar a que pasen 70 anos da morte do fotógrafo para poder publicala.

Quede clara unha cousa: eu son transmisor do que sei, ou do que creo que sei; o que eu considere persoalmente pode non ter que ver con todo isto. Non estou dando a miña opinión do que sería ideal ou do que creo mellor; non estou a dar a miña opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  21:02, 24 novembro 2008 (UTC)

Estou canso, conecteime para traballar en Commons e levo varias horas con comentarios na Galipedia. É importante que hoxe faga algo en Commons. Mañá exprésoche os problemas das imaxes para que poidas comunicalos a quen desexes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:06, 24 novembro 2008 (UTC)


Aquí tes a listaxe de administradores de Commons segundo a lingua que empregan. Non tes máis que baixar a páxina e localizar os franceses. Eu non os coñezo. Antes coñecía a un que falaba español, pero agora xa non está, agora anda por Wikimedia. Solicítame toda a axuda que consideres precisa-- Lmbuga / Conversa comigo  18:34, 25 novembro 2008 (UTC)

moi bo traballo, Elvire! --Xabier Cid Conversa 22:23, 26 novembro 2008 (UTC)

fotos[editar | editar a fonte]

ola Elvire; grazas por subir fotos a commons. Xa licenciei a de Yolanda Castaño, que esquecera. Non lle poño a data porque xa vai incluída nos meta-datos, a data e a hora en que se tirou a foto.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 11:20, 8 decembro 2008 (UTC)

Uff[editar | editar a fonte]

Sinto moito que te vises metida neste problema pola miña culpa. Non entendo todo o que di, porque me faltan elementos de contexto, e non consigo encaixar todas as pezas, pero:

  • as fotos non se liberan aos 70 anos da foto, senón aos 70 anos da morte do fotógrafo (non sei seguro se en Francia son 70, pero creo que si).
  • se ela foi a fotógrafa das esculturas e as esculturas son propiedade dela, esas fotos están ben, claro.

Moi bo traballo, Elvire; :) --Xabier Cid Conversa 12:37, 15 decembro 2008 (UTC)

Sobre o bot[editar | editar a fonte]

Vin que puxeches un comentario neutro na votación dun dos bots, porque dis que lle rexeitaron a petición na inglesa. Sen embargo acabo de comprobar que esta a funcionar nesa wiki sen problemas Contribucións do bot na wiki inglesa. ¿Onde viches que lle rexeitaran a petición? É que eu moita idea de bots non é que teña e pode ser que estea confundido. Un saúdo --Jordav 13:01, 28 decembro 2008 (UTC)

Polo que puiden ler os motivos de que non o aprobaran son dous:
  • xa tiñan dous bots que facían a mesma tarefa (algo que sen saberlo a ciencia certa, diría que non ocorre na Galipedia)
  • o bot daba a benvida os novos usuarios, algo que na inglesa a lo menos non fai (supoño que o creador eliminaría esa funcionalidade)
Habería que controlar que este segundo motivo desapareceu, pero en principio creo que a Galipedia debería ser bastante flexible en canto os bots, xa que ten poucos dados de alta e funcionando. Un saudiño --Jordav 14:24, 28 decembro 2008 (UTC)

Intro[editar | editar a fonte]

E logo como me vai parecer mal!! haha ao revés. Xa lle dixen a Alexandre que a revisase, traducina porque a que había era aínda máis pequena e así polo menos xa hai unha base a partires da cal poder traballar--Hugo22 14:26, 3 xaneiro 2009 (UTC).

Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Moitisimas grazas polo teu ánimo Elvire. De verdade que estou moi contento de lerte de novo, e de saber que estás tan ilusionada coma min nel, en que quede un bon e completo artigo. Ben, estou dacordo co que dicides Hugo e ti, son consciente de que unha introdución non estaría mal -incluso estaría moi ben-, se cadra esta intro -como lle dixen a Hugo-, non fose o que estaba pensando polo que escribin na súa conversa arredor do problema historiográfico, pero si que pode ser reaproveitado dalgun xeito en diferentes seccións, mais si que me convence o feito de que exista unha introdución. Asi que nese aspecto, estou dacordo convosco. O que esrcibiches na miña conversa pareceume ideal, pareceume moi moi bo, encantoume e si me gustaría que fose algo máis nesa liña, conciso e práctico, xusto que o que eu non posúo!. :)

Estou dacordo contigo en que a sección de historia actualmente está desproporcionada respecto outras, pero por outra parte faiseme dificil concretar, moitisimos datos colgan un dos outros e resultame dificil cortar. O que teño en mente é rematar co que eu podo aportar ao artigo, e despois gustariame entre todos que lle visemos o mellor xeito de estructuralo, concretizalo e porque non, desmenuzalo, porque como ti dis, hai artigos da galipedia que poden recibir unha boa inxección de datos con estes capitulos do artigo. En fin, como sempre, acabo de soltar un lío tremendo!. Grazas pola túa axuda.--Alexandre Vigo 18:15, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Xudaísmo[editar | editar a fonte]

Os cambios que fixen foron, sobre todo, da forma de escribir as palabras, ligazóns, negriñas e cousas así, logo de traducir Xudaísmo conservador, co que creo que ese cambio xa estaba de antes. Se estaba mellor da outra maneira mellor múdao, que en todo caso podemos miralo con calma noutro momento e, se fora necesario, correxir un eventual erro. Saúdos, e feliz aninovo (con certo retraso). --Iago 23:19, 5 xaneiro 2009 (UTC)

Elvire, tesme que desculpar. Fixen varias modificación en relación a Islam, Islamismo e Xudaísmo ao mesmo tempo, e cando me comentastes que fixera cambios xa nin me acordaba dos que ti aludes (que fixen mentres estaba nos dous primeiros artigos. Logo, ao rematar con eles, fixen os cambios [negriña, ligazóns, etc,...] dos que eu falaba). Coméntoche; mudei a palabra seitas por ramas en relación, sobre todo, do mesianismo, porque considerei que seita ten unha connotación negativa que penso que non é acaída para esa corrente relixiosa. Seguindo a definición de Michael Langore recollida na wk.es:
Secta es un grupo o movimiento, que exhibe una devoción excesiva a una persona, idea o cosa y que emplea técnicas antiéticas de manipulación para persuadir y controlar (a sus adeptos); diseñadas para lograr las metas del líder del grupo; trayendo como consecuencias actuales o posibles, el daño a sus miembros, a los familiares de ellos o a la sociedad en general. [...] Dado que la capacidad para explotar a otros seres humanos es universal, cualquier grupo puede llegar a convertirse en una secta. Sin embargo, la mayoría de las organizaciones institucionalizadas y socialmente aceptadas, tienen mecanismos de autorregulación que restringen el desarrollo de grupúsculos sectarios.
Entendo que o mesianismo, que se atopa nun punto intermedio entre o xudaísmo e o cristianismo, carece desas características maila ser un grupo minoritario. Coido que deberíamos reservar a palabra seita para aqueles que reúnen as características da anterior cita.
En todo caso, concordo contigo en que ramas tampouco é a palabra acaída, na medida en que implica unha amplitude da que ese movemento carece. Se che parece ben, penso que, sería mellor nos referíramos a novos movementos relixiosos ou, mellor aínda, na miña opinión, a movementos relixiosos minoritarios. Penso que esta definición é máis neutra e carece da connotación negativa á que antes aludía.
Agradézoche que teñas en conta a información que engado nas imaxes que subo, porque precisamente a miña intención é facilitar o traballo de quenes logo van a recurrir a elas, tanto para usalas nesta ou noutras wikipedias coma para subilas a Commons. Saúdos, e para o que queiras. --Iago 13:30, 6 xaneiro 2009 (UTC)

Caxé[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire. Non sei moito disto, pero teño dúas hipóteses a partir do que contas.

  1. A wikipedia ás veces tarda en actualizar as caxés (caché, mémoire caché), por problemas cos seus servidores. Nestes últimos dous días, eu tiven bastantes problemas con iso.
  2. A outra posibilidade é que sexa o teu navegador quen estea lento no das caxés. Polo que contas pode ser así. Podes tentar darlle a borrar as caxés, pero non sei por que iso se acumula... Quizais Toliño ou Banjo che poidan dar respostas máis precisas. Biquiños. --Xabier Cid Conversa 21:25, 12 xaneiro 2009 (UTC)
  • Boas! Xa vira (bueno, lera...) hai tempo que tiñas algún problema coa caché. Ás veces, a min tamén me pasa. A ver se che funciona o Modelo:Purgar que veño de crear; incluíno nas páxinas das votacións, que é onde máis cómpre para comprobar os últimos cambios. Por certo, xa rematei co traballiño de Meta, deixeiche unha mensaxe alí avisándote pero supoño que esta a lerás antes. Máis nada, saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:11, 31 xaneiro 2009 (UTC)

Ficheiro:Ria de pontevedra.JPG[editar | editar a fonte]

De nada, moitas gracias a ti por subilo a Commons, o problema das datas é que o subir a foto non me acordo de cando a saquei, pero xa na wikipedia, sae a información da cámara dixital e se pode ver a data. Saudos e gracias.--Carronada 17:54, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Proposta[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, coido que o problema é que só engadíche-lo modelo á páxina de votación, pero non o creaches. Para crealo tes que editar nel do segunte xeito:

===[[:Ficheiro:Tambre.Ponte Maceira.Galicia5.jpg]]=== [[Ficheiro:Tambre.Ponte Maceira.Galicia5.jpg|300px|Pequena descrición da imaxe]] [[:Categoría:Propostas de Imaxe da Semana]] *{{Info}} imaxe creada por [[Usuario:Nome_de_Usuario|Nome_de_Usuario]] e cargada por [[Usuario:Nome_de_Usuario|Nome_de_Usuario]]; proposta por [[Usuario:Nome_de_Usuario|Nome_de_Usuario]]. --~~~~ #{{Concordo}}. --~~~~. Por certo, falando de propostas, propuxen Francia como destacado, para termos un artigo para a portada do mes que vén. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:30, 18 xaneiro 2009 (UTC)

  • Acabo de ver que o intentaras crear, mais creáchelo cun nome incorrecto, xa que non engadíche-lo nome da imaxe, puxéche-lo así: Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas/Ficheiro:, ó que lle faltaba engadi-lo nome da imaxe. Saúdos. Alberte Si, dígame? 13:33, 18 xaneiro 2009 (UTC)

¿Obras literarias?[editar | editar a fonte]

O caso, Elvire, é que estes tres álbums de Castelao, como acontecerá co "Álbum Nós", "Cegos", "Debuxos de negros", "Cousas da vida", "Cincuenta homes..." e algún máis que se me escapará, non son "obras literarias". En todas estas obras o peso recae no debuxo, e o texto é un leve complemento. Non se me ocorre agora ningún outro autor que teña traballos gráficos, así como estes. Pero bueno, clasificados están. Xa veremos máis adiante.

Aproveito, Elvire, para que me busques unha cousa: o autor de Tintín era un tal Georges Remi, así "Remi", na nosa Galipedia e nalgunhas outras que mirei. Pero na Voz de Galicia que dá a noticia do aniversario, o pasado día 10, escriben, e varias veces, Rémi (con til). A ver se o podes confirmar. Grazas, polas dúas cousas. Pedro --Lameiro (conversa) 21:00, 21 xaneiro 2009 (UTC)

  • Probablemente estea mellor clasificado como ti fixeches que sen categoría, e así o deixo estar, pero teno presente por se atopas mellor solución noutro momento. "Arte e cultura" paréceme demasiado vago, demasiado difuso; e tes moita razón ó dicir que "Álbum Nós" non cadra nada como "Pintura". Hai que darlle voltas a isto a ver que facemos. Grazas polo de Hergé. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:13, 21 xaneiro 2009 (UTC)


mensaxe de Rebekita[editar | editar a fonte]

Ola Elvira muchísimas grazas polas túas correcións servíronme de moita axuda pero vouche pedir un favor me podías explicar como se fai para subir ubha foto porque eu a subin como sabía pero está mal feito porque non sabía que nome porlle a fotografía que collín de internet. un biko --Usuario:Rebekita

Francofonía[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, creo que terías que modificar a definición do título deste artigo pois en galego repartición ten o valor de división ou distribución. Non sei se en francés ten outra acepción diferente a estas, e polo tanto dás por sentado que tamén é así en galego. Grazas e parabéns polo teu traballo.--PepedoCouto 16:14, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Mensaxe en Meta[editar | editar a fonte]

Déixoche aquí esta mensaxe para que saibas que xa lin a mensaxe que me deixaches en Meta. Cando poida póñome con iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:52, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Francia[editar | editar a fonte]

Boas, Elvire. Rematei o que serían correccións ortográficas e gramaticais (xa farei unha segunda lectura) e puxen na conversa algunha observación máis de frases e palabras que non entendo, afirmacións contraditorias, etc. Bótalle un vistazo e a ver como o imos pulindo. Suxíroche que, segundo vaiss comprobando e corrixindo -ou mantendo- os puntos que indico, que risques eses puntos xa comprobados, para que nos sexa máis fácil saber qué nos falta por mirar. Eu tamén sería partidario de reducir este artigo pasando información a outros paralelos e ligados a este. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 21:41, 30 xaneiro 2009 (UTC)

Royaume de Galice[editar | editar a fonte]

Ola Elvire!, acabo de "tentar" aportar traduccións ao artigo do reino que estas a traducir na wiki en francés, simplemente queria avisarte para que lle botaras un ollo, non é moito -e seguramente que esteña moi mal- pero pensei que podia -por pouco que fose- axudarte algo na tradución do artigo, que lle vas ter que corrixir un montón de cousas é seguro, pero asi se cadra che facilita máis a laboura, ti me dirás, se ves que no canto de axudarte te perxudico comentamo, porque se cadra que enrollo máis, non sei, botalle un ollo e a ver se che facilitei algo as cousas. Tamén quería pedirche de novo unha valoración co artigo do reino, teño moitas ganas de rematar a parte que me propuxen nese artigo (apenas dous temas máis), para comezar con outros artigos que teño pendentes. Unha grande aperta.--Alexandre Vigo 16:04, 31 xaneiro 2009 (UTC)

Ola Elvire, desculpa non contestarte antes, ben, dicirche antes de nada, que a tradución ao francés, fixena por medio dun traductor que me tiña boa estima, eu sei algo de francés (nivel elemental2), pero non está feita por min directamente, pensei que facendoo "en bruto" podia axudarte para que despois o foras correxindo, pero parece que foi peor o remedio, asi que se me dis que che é máis cómodo facer ti a traducción pois adiante, non teño máis que dicir, ti es quen levas o peso de traducir este artigo :), tes a miña axuda incondicional cando queiras. No tocante ao neovisigotismo, mira atopei no google algo en francés, referido ao tema, "Le choc de 711 et la réaction néo-gothique", aqui vemos a formula empregada, pero en galego e en español tamén da lugar a confusión coa xente "gótica" actual asi que... se cadra é necesario facer un artigo do neovisigoticismo e explicar en que consiste. Veña un saudo, estou desexando acabar co artigo da historiografía, estame sendo dificil! :).--Alexandre Vigo 14:46, 7 febreiro 2009 (UTC)

Francia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! viches os trocos que fixen no artigo Francia? que che parecen?--Hugo22 19:45, 1 febreiro 2009 (UTC).

Artigo Francia[editar | editar a fonte]

Tranquila Elvire, que non che meto présa ningunha. Ti coñeces ben esa complicada administración e atoparás cómo expresalo de forma que o lector galego o entenda. O que sucede é que como abrín tantas dúbidas, habería que ir solucionando cousas, sobre todo agora que é "artigo de portada". Pero bueno, xa o iremos facendo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 1 febreiro 2009 (UTC)

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, perdoa se fixen algo que non che gustou, quixen resumir ao máximo o apartado e baseeime nos artigos en inglés e castelán. O que traducíramos da wiki francesa paseino ao artigo Divisións administrativas de Francia. Fai os cambios que creas axeitados e logo eu doulles formato, aínda así non entendo ben que sobra do que puxen.

No tocante ao mapa, collino do artigo da wiki inglesa, se ves que ten erros quítolle os escudos e problema resolto.--Hugo22 13:10, 3 febreiro 2009 (UTC)

AVE[editar | editar a fonte]

Pois estar está. Podes ve-la súa candidatura pola Coruña aquí. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 17:34, 15 febreiro 2009 (UTC)

Viquingos[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! Fixeches unhas mudanzas no artigo Viquingos en Galicia que non teño nada claras. Por unha banda puxeches "entre o século VIII e o século VIII", supoño que aí teñen que ir dous séculos diferentes. A outra é a mudanza de normandos por viquingos. Creo que é máis exacto normandos, que son os pobos do norte entre os que se inclúen os viquingos. A ver que che parece. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:05, 18 febreiro 2009 (UTC)

Imaxe do Parlamento[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire, esa imaxe non está libre de dereitos. Toda a web ten o © do Parlamento de Galicia, incluídas as fotos e os textos (mira no pé da páxina). Síntoo. --Xabier Cid Conversa 18:46, 24 febreiro 2009 (UTC)

C'est bon. Certes, je ne saurais quoi faire quand deux differents licenses sont au même document (j'imagine que l'on devra de apliquer la plus restrictive, mais je n'en suis pas sûr). Mais, à ce cas-ci, la license écrite du Parlament de la Galice est plus restrictive que la license de Wikipédia, parce que l'on ne donne pas autorisation pour modifier les contenus, mais que pour les reproduire. Et pour que les contenus soient placés à Wikipédia ils ont besoin d'une license qui laisse que l'on les modifie et que l'on les altère. :) --Xabier Cid Conversa 22:08, 24 febreiro 2009 (UTC)

-ería / -aría[editar | editar a fonte]

bon día, Elvire;

Movín o artigo a "cacería" porque na galipedia hai outros exemplos de títulos rematados en "-aría" que redirixen a "-ería" (cachotaría -> cachotería...).

Como puideches ver no artigo sufixo -aría, di que este sufixo ás veces dá problemas debido á competencia entre as formas cultas fronte ás bases patrimoniais.

Non se trata dun erro, "cazaría" é correcto, pero mudeino por homoxeneizar. Ora ben, en calquera momento pode iniciarse un debate e que a comunidade decida cal é a mellor solución.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:57, 25 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz[editar | editar a fonte]

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:26, 26 febreiro 2009 (UTC)

Cazaría salvaxe[editar | editar a fonte]

Síntoo, Elvire, pero estiven corrixindo algunha cousa no artigo cazaría salvaxe e fixen algún cambio nas referencias que non dou arranxado. Agora aparece na nº 1 name="Shön1", e na nº 4 unha mensaxe de erro. Bótalle un vistazo a ver se recuperas o artigo. Síntoo, de verdade. Pedro --Lameiro (conversa) 21:09, 28 febreiro 2009 (UTC)

Fada[editar | editar a fonte]

Efectivamente, eu tamén entendo por 'fada' o que en castelán sería 'hado', 'maldición', '(mal) destino', distinto das 'hadas' dos contos. Consultado o Dicionario de Dicionarios, os distintos autores dan os dous significados, pero na Gran Enciclopedia Galega (o autor do artigo é González Reboredo, reputado etnógrafo) vén desfacer esta confusión. Dí que algúns autores (Murguía, Carré, Eladio Rodríguez, Jesús Rodríguez López) utilizan 'fada' como damas bondadosas, puras, que viven nos ríos e fontes; pero que a segunda acepción (a de fado=fada) "parece se-la máis exacta". Engade que Risco o demostra con argumentos seguros, como que nos relatos de tradición oral só se fala de donas, damas, mouras, pero nunca de fadas ("non se puido recompilar nin unha soa lenda na que a dona, moura e similares se mencionen co vocábulo fada"); tamén a etimoloxía, que segundo Coromines vén de fatum, predición ou destino, que dá o plural fata, e que só moi tarde, no renacemento, pasouse ó termo 'fado' e non 'fada' (pero "máis no culto que no popular"). Que a fada se alcanza por nacemento, maldición, envexa ou por botar soberbias. O uso na fraseoloxía reforza esta teoría: botáronlle unha mala fada (cando todo lle sae mal, como se lle botaran unha maldición), seica é fada que non ha saír de probe (nunca deixará de ser un poble, por moito que se esforce), seica che viu unha mala fada (díselle ó que ten moi mala sorte), andar de fada (andar como maldito, ou cangando un mal). Tamén se recolle con este sentido nas cantigas e ensalmos: malas falas me fadaron/ no ventre de miña nai, lávoche a cara para que Dios che quite a mala fada, malas fadas puxéronme negra, que eu ben branca era, fada, si é meigueiría, que se desfaga. Máis: existe o verbo fadar co significado de botar un maleficio, unha maldición, facer feitizos. En calquera caso, hai boas e malas fadas, como hai boa e mala sorte. Espero, Elvire, que todo isto responda á túa pregunta. Se queres máis información, dimo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:14, 8 marzo 2009 (UTC)

Eu disto, nin a máis remota idea. :) --Xabier Cid Conversa 22:38, 8 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:WesternEurope BeatusOsma.jpg[editar | editar a fonte]

Eu estou totalmente de acordo contigo. Coma ti, creoque os criterios de Commons deberían ser trasladados e aceptados na Galipedia, pero na Galipedia non todo o mundo pensa así.

Para min, o que é PD-art en Commons debería ser PD-arte na Galipedia. Xa discutín iso polo correo (e-mail) e rematei por claudicar a pesar de seguir pensando o mesmo e non ter aprendido nada.

Eu non estou de acordo con que esa imaxe estea marcada como dubidosa, pero non vou ser eu quen inicie a discusión pois, ademais, tampouco as teño todas comigo nin estou disposto a estudar en profundidade as leis españolas.

Fala con Xabier Cid. A min os seus argumentos non me convenceron, pero, seguindo o meu criterio, eu na Galipedia debo deixarme guiar por aqueles que acomunidade considerou adecuadospara guiar. Procurarei non ir contra eles salvo en discusións abertas a todo o mundo.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:42, 10 marzo 2009 (UTC)

Se se abre algunha discusión sobre o asunto, comunícamo para eu poder participar. Eu procuro non pasar polas páxinas da comunidade, se alguén desexa que pase por algunha páxina, é preferible que mo diga, ou non me darei conta de que existe esa discusión--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:59, 10 marzo 2009 (UTC)
Na miña opinión. A imaxe está marcada como dubidosa ou para borrar por mor dunha suposición.
Quero dicir que aquel que a marcou sobreentende que a imaxe foi recollida dalgún texto español. Agora ben, dado que a imaxe non ten ese dato na súa orixe, é unha suposición. Se a imaxe fose recollida dun texto que tivese orixe en calquera outro país, sería correcta. Para min, a imaxe é correcta.
Ata o de hoxe, ata esta imaxe, na Galipedia estábase a actuar como digo. Agora semella que se actúa doutra maneira, pois esa imaxe está marcada, pero ninguén ousa crear novas políticas, abrir discusións... Críticas de dirixismos sufríronas outros, ¿cando aprenderemos do pasado para non caermos no mesmo?--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:04, 10 marzo 2009 (UTC)
Grazas pola túa benvida, pero se entendes o que acabo de dicir nas mensaxes anteriores, o que expresas sobre a imaxe pode ter moi pouco que ver co que hai que discutirsobre ela. Eu penso que Alexandre Vigo non ten que aclarar nada e que a imaxe se debe manter--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:11, 10 marzo 2009 (UTC)
Unha mostra de que Alexandre Vigo non ten que aclarar nada é que esa imaxe en Commons non tería ningún problema. Mesmo podes subila ti -agradeceríache que o fixeses co mesmo nome- sen nomear esta imaxe. Quizais o faga eu. En Commons, xamais tería problemas--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:14, 10 marzo 2009 (UTC)


Ola, desculpade que tardase estas horas en responder, pero tiña outras cousas entre mans. Deixei unha mensaxe na páxina de discusión do arquivo. --Xabier Cid Conversa 10:45, 11 marzo 2009 (UTC)