Usuaria:AmeliaVR2019/Maria Etxabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AmeliaVR2019/Maria Etxabe

Maria Etxabe Aldai, nada en Zarauz en 1903 e finada en 1993, foi unha destacada escritora, política e axente cultural. Foi tamén coñecida polo pseudónimo Lau Uxo. En 2017 foi unha das autoras seleccionadas para conmemorar o Día das Escritoras baixo a lema Mulleres, saber e poder.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a tradución ao eúscaro da peza teatral do sacerdote Salvador Arriola La Virgen de las Angustias, á que puxo de título Itziar'ko Ama.[1] Con iso gañou o certame literario "Juventud" organizado pola Caixa de Aforros Provincial de Guipúzcoa. A obra estreouse en Azpeitia o 7 de setembro de 1929.[2]

Formou parte da Emakume Abertzale Batza, asociación nacionalista feminina relacionada co Partido Nacionalista Vasco creada en Bilbao en 1922.[3] Realizou varias conferencias sobre as relacións entre mulleres e homes. Un dos guións das súas conferencias impartida o 30 de abril de 1930 en San Sebastián, foi publicado a título póstumo en 2002 por Olerti Etxea de Zarauz con motivo do Día Internacional de Poesía. O título da conferencia foi Zorionaren ituria gizonak non du?

Escribiu diversos artigos co pseudónimo Lau Uxo.

En 2017 foi unha das autoras seleccionadas con motivo do Día das escritoras convocado baixo a lema Mulleres, saber e poder cunha lectura de textos na Biblioteca Nacional de España.[4]

  1. "Zarauzko Idazleak - Maria Etxabe - Itziarko Ama". Consultado o 22 de septiembre de 2017. 
  2. "Etxabe, María - Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 22 de septiembre de 2017. 
  3. "Emakume Abertzale Batza - Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 22 de septiembre de 2017. 
  4. Biblioteca Nacional de España (20 de julio de 2017). "Día de las escritoras en la BNE. Mujeres, saber y poder". Consultado o 22 de septiembre de 2017. 

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Escritoras]] [[Categoría:Feministas]] [[Categoría:Políticas do século XX]] [[Categoría:Nacionalistas vascas]] [[Categoría:Traductores]]