Usuaria:AmeliaVR2019/Isabel de Villena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AmeliaVR2019/Isabel de Villena

Elionor Manuel de Villena, coñecida como Isabel de Villena ou Sor Isabel Manuel de Villena (Valencia, 1430-1490) foi unha poeta e prosista española, considerada a primeira escritora coñecida en valenciano. A súa obra Vita Christi, a única que se conservou, está enmarcada no protofeminismo español do século XV. Durante a súa vida relixiosa Isabel rodeouse dun nutrido grupo de escritores que a respectaron especialmente pola súa altura intelectual, considerando a súa obra como indispensable no Século de Ouro valenciano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu probablemente en Valencia en 1430. Filla de Enrique de Villena foi froito dos amoríos do marqués Enrique de Villena e Veiga (1384-1434) cunha muller da que non se coñece o seu nome. O seu pai era un poeta pertencente á alta nobreza e estaba emparentado coas casas reais de Castela e Aragón.[1] A raíña María, que non tivo descendencia, fíxose cargo dela dende que tiña 4 anos e instruíuna coma se se tratáse dunha princesa, a pesar da súa condición de bastarda. Viviu dende pequena na corte de María de Castela, educándose nos ambientes aventureiros e abertos que rodearon a Alfonso V, coñecido como o Magnánimo.

De Leonor a Isabel[editar | editar a fonte]

Aos 15 anos, en 1445, ingresou por vontade propia no convento da Santísima Trindade das Clarisas de Valencia, fundado por dona María. Alí cambiou o seu nome polo de Isabel. Recluída como monxa clarisa, continuou a súa estreita relación coa raíña María, quen, na construción do cenobio previra un espazo privado dentro do convento para pasar as súas horas de retiro como unha relixiosa máis.[1]Foi nomeada abadesa en 1463, unha responsabilidade que tivo até a súa morte, acaecida por mor da epidemia de peste que arrasou Valencia en 1490.

Isabel de Villena seguiu unha vida de contemplación e espiritualidade (que a levou a escribir, segundo transcendeu nas crónicas da época, diversos tratados sobre a vida relixiosa). De todos eles, só se conservou unha única obra que lle valeu un recoñecemento universal, a Vita Christi (Vida de Cristo), grazas á intervención póstuma da súa sucesora, sor Aldonça de Montsoriu, que publicou a primeira edición en Valencia en 1497. Pouco se sabe doutras obras, pero parece que escribiu diversos tratados e unha obra mística, o Speculum Animae (Espello da alma), do que a última noticia data de 1761, pero que hoxe permanece perdida.

En todo caso, a dedicación ás letras da autora non é moi frecuente na súa época, e sen dúbida débese enmarcar no esplendor cultural da Valencia do século XV. Crese tamén que Isabel tivo ocasión de compartir as súas ideas literarias con Jaume Roig, que entón exercía de médico do mesmo convento, e algúns estudiosos quixeron ver na Vita Christi unha resposta á misoxinia do autor de Espill ou Llibre de les dones(O espello ou Libro das mulleres).

Outros escritores e tradutores contemporáneos noméana ou lle dedican as súas obras, como Miquel Pérez, que lle dedica a tradución da Imitació de Jesucrist (que segundo ela vive no noso tempo aínda, visitando os conventos), o que dá idea do seu prestixio entre os autores que a rodearon.

Sobre a obra[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Vita Christi

Vita Christi é unha narración sobre a vida de Xesucristo escrita co propósito de ilustrar ás monxas do seu convento. A súa orixinalidade estriba no feito de que a autora é capaz de enchela coa súa prodixiosa imaxinación e o seu punto de vista feminino. Así, a que tiña que ser a vida de Cristo é narrada en referencia á vida da Virxe María: o libro empeza co nacemento da Virxe e acaba coa súa asunción ao ceo. Moi probablemente, coñecería a Vita Christi de Ludolfo de Sajónia, que tivo un amplo éxito e difusión, pero marcou a súa obra con trazos orixinais, entre outros elementos inspirándose nos evanxeos apócrifos e nos evanxeos gnósticos, que se escribiron nos dous primeiros séculos do cristianismo para prohibirse pouco despois.

A obra céntrase nas mulleres que rodearon a vida de Cristo: Santa Ana, a Virxe María e Maria Magdalena preséntanse como mulleres, avoas, nais. Viven a vida de Cristo como mulleres normais, con sentimentos humanos.[1]

Vita Christi, escrita en primeira instancia co obxectivo de fomentar a devoción relixiosa, é aproveitada para realizar unha defensa das mulleres, tan amplamente argumentada como dificilmente refutable. A súa análise permite demostrar que esta autora rebatía directamente os tópicos da literatura misóxina, moi abundante durante décadas na coroa de Aragón.[2]

A Vita Christi nace como un libro de doutrina e convértese nunha das pezas importantes da literatura en valenciano e universal do século XV, dentro do que se chama como o Século de Ouro valenciano.

Os críticos e estudiosos vírona como un referente extraordinario, e tamén como un caso peculiar, aténdose ás escasas publicacións que se conservan escritas por mulleres. Libro biográfico e de contemplación, que non exclúe os soños como unha maneira de explicar a espiritualidade, fálanos das mulleres en relación directa con Cristo, un punto de vista que non debía gustar moito á igrexa de entón [cita [Cómpre referencia].

A intención doctrinal da Vita Christi, libro que non foi asinado pola autora, non quita que sexa un gran traballo literario que non se fundamentou só nas fontes consideradas lexítimas. Lonxe diso, Isabel de Villena escribe prestando atención a outras fontes chamadas “extra-canónicas”: libros apócrifos ou traducións procedentes dos evanxeos gnósticos.

Neste último poderiamos entender que tamén estivo influenciada polo seu pai, xa que como gran maestre dunha orde, a cal dá como válidos certos textos non recoñecidos pola igrexa [cita [Cómpre referencia], así como o ensalzamiento da muller.

Isabel de Villena foi fonte de inspiración doutros autores, como Jaime Pérez de Valencia, que lle dedicou a súa Expositio super cantica evangélica, Bernat Fenollar ou de Miguel Pérez., tradutor da Imitatio Christi de Jean Gerson[3]

Homenaxes póstumas[editar | editar a fonte]

Na súa honra na poboación de Esplugues de Llobregat, Barcelona, hai unha escola co seu nome, fundada durante o franquismo. En 2007, o Ministerio de Fomento bautizou ao Sasemar 101, un dos seus avións de patrulla marítima co seu nome, operado pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. En València, a súa cidade natal, un instituto de educación secundaria, na Malvarrosa, leva o seu nome, "IES Isabel de Villena", unha biblioteca municipal da cidade de València, no barrio de Torrefiel, leva por nome "Isabel de Villena" e unha das principais rúas do barrio do Cabanyal, paralela á praia da Malvarrosa, chámase "Isabel de Villena". Igualmente, en 2003, o concello do municipio valenciano de Quart de Poblet instituíu os premios anuais "Isabel de Villena pola igualdade".

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Vita Christi, Ed. Aldonça de Montsoriu (Primeira edición), Valencia, 1497.
  • Vita Christi, Barcelona, 1527.
  • Vita Christi, Valencia, Institución Alfonso el Magnánimo, 1986.
  • Vita Christi, [Última edición - a cargo d'Albert Hauf], Barcelona, Edicions 62, 1995

Versión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • Século de Ouro valenciano

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Escritora cercana, Isabel de Villena (1430-1490)". Consultado o 24 de diciembre de 2016. 
  2. Zavala, M, Iris. "Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca)". 
  3. Caballé. Por mi alma os digo. De la Edad Media a la Ilustración. Círculo de lectores. ISBN 84-226-9863-3. 

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Clarisas]] [[Categoría:Personalidades de Valencia]] [[Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana]] [[Categoría:Escritores españolas]] [[Categoría:Españolas século XV]] [[Categoría:Escritoras século XV]] [[Categoría:Poetas]] [[Categoría:Feministas]] [[Categoría:Protofeministas]] [[Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas]]