Conversa usuario:Kikooo1984

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Kikooo1984!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 09:03, 4 outubro 2005 (UTC)

  • Benvido a este proxecto, considerate como na túa casa, a miña noraboa pola complimentación que estas a facer cos artigos da Historia ano a ano. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:16, 6 outubro 2005 (UTC)
  • Únome con retraso ao saúdo de benvida. Espero que disfrutes colaborando con este proxecto tanto coma nós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:19, 15 outubro 2005 (UTC)

Microprocesador[editar a fonte]

  • Ola, vexo que creaches Intel 4004, no que afirmas que non é o primeiro microprocesador, existe o artigo Microprocesador, no que eu fixen o apartado historia, pero polo que vexo ten erros xa que afirmei que o primeiro microprocesador fora Intel 4004, se tes información sobre o primeiro microprocesador ou os primeiros e o podes corrixir quedaría moito mellor, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:37, 15 novembro 2005 (UTC)
  • Segundo esta páxina [1] o Intel 4004 foi o primeiro microprocesador dun só chip polo que sería o primeiro microprocesador tal como o coñecemos hoxe, sabes dalgunha web de historia da informática con contidos fiables para contrastar a información?--Rocastelo(fálame aquí) 20:55, 15 novembro 2005 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Kikooo1984. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:43, 6 decembro 2006 (UTC)