Saltar ao contido

Uropatía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uropatía
EspecialidadeUroloxía
SíntomasVarían segundo o tipo específico, poden incluír dor, dificultade ao ouriñar, urina escura ou sanguenta.
ComplicaciónsInsuficiencia renal, infeccións, danos permanentes no sistema urinario
PrevenciónDieta adecuada, hidratación suficiente, seguimento médico regular
TratamentoVaría; pode incluír tratamento con fármacos, cirurxía e cambios no estilo de vida
FrecuenciaComún
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A uropatía é un termo xeral que describe calquera alteración ou enfermidade das vías urinarias,[1] incluíndo os uréteres, vexiga e uretra. Estas condicións poden ser provocadas por infeccións, obstrucións, doenzas sistémicas, trastornos estruturais ou outros problemas de saúde que afectan o sistema urinario.

É unha causa de retención urinaria. A obstrución completa do tracto urinario require un tratamento rápido para a preservación renal. Calquera signo de infección, como febre ou calafríos, no contexto da obstrución do fluxo urinario constitúe unha emerxencia urolóxica.

Dentro das doenzas urolóxicas, o termo "uropatía" refírese a unha enfermidade do tracto urinario, mentres que "nefropatía" refírese a unha enfermidade do ril (e.g. nefropatía por IgA, diabética, lúpica ou glomerulonefrite membranosa).

Uropatía obstrutiva

[editar | editar a fonte]

A uropatía obstrutiva é un tipo de uropatía na que se produce un bloqueo que impide o fluxo normal da urina. Pode ocorrer en calquera parte do sistema urinario e pode afectar a homes e mulleres de calquera idade, así como a un neno non nado durante a xestación.[2]

Pode ser causada por diversos factores e condicións, como estreitamentos anormais dos uréteres ou da uretra. As obstrucións temporais ou permanentes poden resultar de lesións como fracturas pélvicas, masas tumorais que se estenden aos riles, vexiga, útero ou colon, doenzas do tracto dixestivo, cálculos renais, trombos ou trastornos do sistema nervioso que afectan o control da vexiga.

Aínda que é pouco común, hai casos na literatura humana e veterinaria de que unha bala ou outro proxectil balístico migran á uretra e causan unha obstrución do tracto urinario. Isto foi reportado en persoas, pequenos animais e unha cabra.[3]

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Os síntomas poden variar e inclúen dor na zona media nun ou ambos lados do corpo, febre, náuseas, vómitos, inchazo ou sensibilidade nos riles, dificultade para ouriñar, un chorro de urina máis lento, urxencia frecuente para ouriñar, sensación de vexiga non completamente baleira, e diminución da cantidade de urina expulsada.

O diagnóstico realízase mediante ultrasóns, onde se visualiza se a urina se está a acumular en algures (nos riles) e identifícanse posíbeis bloqueos.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O obxectivo principal do tratamento é eliminar a obstrución. Isto pode incluír cirurxía para retirar masas como tumores cancerosos, pólipos ou tecido cicatrizado. Outra opción menos invasiva é a colocación dun stent no uréter bloqueado.[4]

Obstrución conxénita das vías urinarias

[editar | editar a fonte]

A obstrución do tracto urinario como un trastorno conxénito provoca oligohidramnios que á súa vez pode levar á secuencia Potter de aparencia física atípica. A hipoplasia pulmonar é, con moito, a principal causa de morte no período neonatal precoz dos nenos con obstrución conxénita do tracto urinario inferior.[5]

A cirurxía fetal da obstrución conxénita do tracto urinario inferior parece mellorar a supervivencia, segundo un estudo aleatorizado aínda que pequeno.[5]

Posición de micción sentada

[editar | editar a fonte]

Unha metaanálise sobre a influencia da posición da micción na urodinámica en homes sans e con LUTS (síntomas do tracto urinario inferior) mostrou que na posición sentada, a urina residual na vexiga reduciuse significativamente. Aumentáronse e diminuíron os outros parámetros, a saber, o fluxo urinario máximo e o tempo de micción, respectivamente. Para os homes sans, non se atopou ningunha influencia nestes parámetros, o que significa que poden ouriñar en calquera posición.[6]

Perspectivas a longo prazo

[editar | editar a fonte]

A perspectiva para a uropatía obstrutiva depende de se un ou ambos riles están afectados. As persoas coa obstrución nun só ril teñen menos probabilidades de experimentar uropatía crónica, mentres que aquelas con obstrucións recorrentes nun ou ambos riles son máis propensas a sufrir danos renais extensos, que poden ser reversibles ou permanentes dependendo da saúde xeral da persoa.

  1. "uropatía" (PDF). web.archive.org; edu.xunta.gal/DXPL; Dicionario galego de termos médicos. p. 804. Archived from the original on 10 de novembro de 2021. Consultado o 23 de novembro de 2024. 
  2. "Urinary Tract Obstruction: Types, Causes, and Symptoms". Healthline (en inglés). 2015-10-23. Consultado o 2024-11-23. 
  3. Smith, Joe S.; Hespel, Adrien-Maxence; Garcia, Jessica D.; Lipe, Krista L.; Kleine, Stephanie A.; Mulon, Pierre-Yves (2023-07-17). Mutinelli, Franco, ed. "Delayed Urethral Obstruction after Migration of a Ballistic Pellet in an Alpine Wether". Case Reports in Veterinary Medicine (en inglés) 2023: 1–7. ISSN 2090-701X. PMC 10365913. PMID 37492468. doi:10.1155/2023/3531856. 
  4. O stent é un tubo de malla que se expande dentro do ureter ou da área bloqueada do ril. A colocación do stent faise mediante un catéter, un procedemento que se realiza xeralmente baixo anestesia local, aínda que ás veces pode requirir sedación.
  5. 5,0 5,1 Morris, Rachel K; Malin, Gemma L; Quinlan-Jones, Elisabeth; Middleton, Lee J; Hemming, Karla; Burke, Danielle; Daniels, Jane P; Khan, Khalid S; Deeks, Jon (2013-11). "Percutaneous vesicoamniotic shunting versus conservative management for fetal lower urinary tract obstruction (PLUTO): a randomised trial". The Lancet 382 (9903): 1496–1506. ISSN 0140-6736. PMC 3898962. PMID 23953766. doi:10.1016/s0140-6736(13)60992-7. 
  6. Jong, Ype de; Pinckaers, Johannes Henricus Francisca Maria; Brinck, Robin Marco ten; Nijeholt, Augustinus Aizo Beent Lycklama à; Dekkers, Olaf Matthijs (22 de xul. de 2014). "Urinating Standing versus Sitting: Position Is of Influence in Men with Prostate Enlargement. A Systematic Review and Meta-Analysis". PLOS ONE (en inglés) 9 (7): e101320. ISSN 1932-6203. PMC 4106761. PMID 25051345. doi:10.1371/journal.pone.0101320. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.