Uromys vika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Uromys vika é unha especie de roedor arborícola xigante da familia Muridae.[1][2] O roedor foi descuberto na illa de Vangunu, nas Illas Salomón en 2015,[3] despois de anos de procura baseados en historias locais, e foi descrito en 2017.[4] Foi identificado como unha nova especie en base ó seu crania, esqueleto e detalles da análise de ADN.[1] O único individuo inicialmente recollido dunha árbore cortada (Dillenia salomonensis) medía 46 cm de longo, pesaba entre 0,5 e 1 kg e tiña pelaxe marrón alaranxada.[1] Crese que a súa dieta inclúe noces de casca grosa como noces ngali e cocos,[3] e probablemente froitas.[1] A especie é probable que sexa considerada en perigo crítico de extinción, por mor da pequena extensión do se hábitat (arredor de 80 km2) e a deforestación da illa.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Young, E. (27 de setembro de 2017). "Giant, tree-dwelling rat discovered in Solomon Islands". Nature. doi:10.1038/nature.2017.22684. 
  2. 2,0 2,1 "Tree-dwelling, coconut-cracking giant rat discovered in Solomon Islands". Field Museum. EurekaAlert!. 27 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Choi, C. (26 de setembro de 2017). "Discovered: A Giant, Tree-Dwelling Rat that Munches Coconuts". Discover magazine. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  4. Lavery, T. H.; Judge, H.; A new species of giant rat (Muridae, Uromys) from Vangunu, Solomon Islands, Journal of Mammalogy, gyx116, https://doi.org/10.1093/jmammal/gyx116