Arcanxo Uriel
San Uriel | |
---|---|
Proceso de canonización | |
Veneración | |
Venerado/a en | Xudaísmo rabínico, Igrexa anglicana, Igrexa ortodoxa, Igrexas ortodoxas orientais, Igrexas católicas orientais, Catolicismo folclórico |
Festividade | 29 de setembro (occidental), 8 de novembro (oriental) |
Uriel (hebreo: אוּרִיאֵל; grego: Ουριήλ; copto: ⲟⲩⲣⲓⲏⲗ; «Deus é a miña luz» ou «lume de Deus»), é, nas tradicións xudía e cristiá, un arcanxo que serve como mensaxeiro de Deus. Aparece nas mencións no libro Zohar, 2 Esdras, Libro de Enoc e outra literatura esotérica.[1]
No cristianismo[editar | editar a fonte]
A Igrexa católica só recoñece a tres arcanxos mencionados na Biblia: Miguel, Gabriel e Rafael. Pero, segundo algunhas tradicións xudías e cristiás, hai catro ou sete arcanxos, Uriel é xeralmente o cuarto.[2] É venerado como un santo arcanxo na Comuñón anglicana, Igrexas católicas orientais, Igrexa ortodoxa, Igrexa ortodoxa copta, Igrexa etíope tewahedo, Igrexa eritrea tewahedo e no Cristianismo esotérico.
Galería[editar | editar a fonte]
Vidreira na igrexa St James’ Church, Grimsby
Vidreira na igrexa Holy Trinity Church, Hull
«San Uriel, intérprete de profecías», St Michael’s and All Angels Church, Howick, Northumberland
Fresco na Igrexa ortodoxa copta de Santa Virxe María, O Cairo
Uriel con Neno Xesús, detalle da pintura A Virxe das rochas de Leonardo da Vinci
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcanxo Uriel |