Uraken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Posición do puño en Uraken e zona de impacto.

Uraken (en xaponés 裏拳) é unha posición do puño empregada en karate. A palabra componse dos kanjis 裏 (que significa «atrás») e 拳 (que significa «puño»).

Esta posición fórmase pechando o puño do mesmo xeito que Seiken, é dicir, dobrando os dedos maimiño, anular, medio e índice ata que a xema toca practicamente a base dos mesmos. Feito isto, os catro dedos péchanse nun puño e colócase o polgar apertando sobre os dedos índice e medio, aínda que en ocasións pode descansar só sobre o índice.

Existen dous métodos básicos para empregar este puño. Na primeira, o puño colócase do mesmo xeito que na posición Seiken, pero en Uraken o obxectivo é golpeado coa parte posterior dos cotelos, non coa parte frontal como sucede en Seiken. Con este método a acción de resorte do brazo imprime potencia e permite golpear a un opoñente que está moi cerca ou ao carón de quen golpea.

No segundo método, o puño mantense na posición normal para Seiken, pero a diferenza está no empuxe, xa que o golpe propínase coa palma do puño cara arriba. No momento do impacto debe haber un lixeiro xiro no pulso para maximizar a efectividade do golpe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]