Upplands-Bro
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Estocolmo | ||||
| Capital | Kungsängen (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.333 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | Área metropolitana de Estocolmo Uppland Q19978621 Q61634192 Q61605385 distrito xudicial de Attunda (2007–) | ||||
| Superficie | 325,23 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Upplands-Bro Municipality, Sweden (en) | Camilla Janson (en) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | upplands-bro.se | ||||
Upplands-Bro é un concello sueco no noroeste do condado de Estocolmo. A súa capital é a localidade de Kungsängen.
O concello ten unha paisaxe típica da zona do lago Mälar, outeiros de morenas boscosas, parcialmente espidas e grandes chairas arxilosas. A actividade económica local está fortemente afectada pola súa proximidade a Estocolmo. Como en moitos outros municipios periféricos, está dominada polo comercio e as industrias de servizos.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia da poboación, salvo algúns anos, foi moi positiva. En decembro de 2024 Upplands-Bro tiña unha poboación de 32 868 habitantes.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado na parte sur da provincia histórica de Uppland, na beira oriental do lago Mälar. O municipio de Upplands-Bro limita ao nordés co concello de Sigtuna, ao leste co de Upplands Väsby, ao sueste co de Järfälla e ao sur ten unha fronteira marítima co de Ekerö, todos no condado de Estocolmo. Upplands-Bro tamén limita ao oeste cos concellos de Enköping (fronteira marítima) e Håbo, os dous no condado de Uppsala.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-07.
