Unto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha ensulla de unto

O unto é a graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se conserva curada ou en sal.[1][2]

Tamén reciben este nome cada unha das láminas nas que se divide esta graxa, ou ensullas.[1][2]

En linguaxe figurada o termo é sinónimo de suborno.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Esta voz deriva do latín unctu(m), "untura".[2]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Locucións[editar | editar a fonte]

  • Ser [algo ou alguén] como o unto ás verzas: dise dunha cousa ou dunha persoa que veñen moi ben para conseguir un obxectivo.
  • Ó caldo vénlle ben un pouco unto.

Refrán[editar | editar a fonte]

  • Canto máis unto, millores verzas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 unto no Dicionario da RAG
  2. 2,0 2,1 2,2 unto, 4ª acep. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
  3. unto, 6ª acep. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.