Saltar ao contido

Unravel (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unravel
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Modo de xogo
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
9 de febreiro de 2016 (mundial) Editar o valor en Wikidata
 Anuncio
15 de xuño de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
77/100 OpenCritic (19 de xuño de 2018)
57% OpenCritic (19 de xuño de 2018)
77/100 Kritikanstvo
80/100 CriticDB Editar o valor en Wikidata
Clasificación
PEGI
USK
IMDB: tt4781786 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Unravel é un videoxogo de crebacabezas e plataformas desenvolvido pola empresa sueca Coldwood Interactive[1] e publicado por Electronic Arts. Foi anunciado o 15 de xuño de 2015 e lanzado o 9 de febreiro de 2016[2] para PlayStation 4, Windows e Xbox One. O xogo céntrase en Yarny, unha pequena criatura antropomorfa feita de fíos que o xogador controla polo ambiente, utilizando o fío que se desenreda para resolver crebacabezas, evitar criaturas perigosas e atravesar obstáculos.

Unravel recibiu unha acollida favorable despois do lanzamento, con moitos críticos de acordo en que os elementos visuais, o protagonista, a banda sonora e o ton xeral do xogo estaban entre os seus fortes. Algúns formularon críticas sobre os controis, a variedade de crebacabezas e as plataformas. A súa secuela, Unravel Two, estreouse en xuño de 2018.

  1. Dyer, Mitch (15 de xuño de 2015). "E3 2015: Unravel Is a Cute, Yarn-Themed Platformer From EA". IGN. Consultado o 15 de xuño de 2015.
  2. Makuch, Eddie (14 de decembro de 2015). "EA's New Xbox One/PS4/PC Indie Game Unravel Gets Release Date, New Trailer". GameSpot. Consultado o 14 de decembro de 2015.