Universo cinematográfico de Marvel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Universo cinematográfico de Marvel (inglés: Marvel Cinematic Universe, a miúdo abreviado MCU) é unha franquía de medios e un universo compartido, centrada nunha serie de películas de superheroes producidas independentemente por Marvel Studios e baseadas nos personaxes que aparecen nas publicacións de Marvel Comics. Marvel, nos seus inicios non tiña un estudio propio e colaboraba con outras axencias que quixesen levar a cabo os seus proxectos, como por exemplo a realizada en 1978 por Philip DeGuere, Dr. Strange. Pero non foi ata o ano 2000 que as películas de Marvel se fixeron tan famosas e aclamadas polos espectadores grazas a X-Men dos estudios de 20th Century Fox e as posteriores a esta baixo a dirección de diversos estudios como Columbia ou Universal Studios.

En 2008 comeza un proxecto a gran escala comezando coa película de Iron Man onde pretendía que todos os seus superherores compartisen universo; é dicir, a pesar de que cada filme contaba unha historia diferente, todas acabarían xuntaándose nun crossover final. Este proxecto foi dividido en diferentes sagas e fases, na cal só coñecemos a primeira que dispón de tres fases.

Saga do infinito: Arco que se centra nas aventuras por separado dos heroes de Marvel onde se vai presentando un inimigo común, Thanos. Esta saga está composta por 23 películas divididas en tres fases.[1]

Fase 1[editar | editar a fonte]

Preséntanse os personaxes principais do universo e os máis importantes ó longo da saga. Neste comezo van preparando ós espectadores para o que comeza a ser o universo, xa que moitos personaxes fan cameos en diferentes películas chegando a interpretar papeis secundarios como sucede no caso de Scarlett Johansson, interpretando o papel de Natalia Romanova (Black Widow), facendo de axente dobre na película de Iron Man II.

Películas da fase 1[editar | editar a fonte]

Iron Man (2008)

The Increible Hulk (2008)

Iron Man II (2010)

Captain America: The first avenger (2012)

Fase 2[editar | editar a fonte]

Unha vez xa consolidado o universo, comezan a resolver diferentes dúbidas que deixaron as películas anteriores creando disputas entre os diferentes heroes e especulación sobre os diferentes inimigos que poden chegar. Nesta fase coñécese a existencia das xemas do infinito grazas á película de Guardians of the Galaxy e tamén se aprecia como de grande pode chegar a ser este universo.

Películas Fase 2[editar | editar a fonte]

Iron Man III (2013)

Thor: The Dark World (2013)

Captain America: The Winter Soldier (2014)

Guardians of the Galaxy (2014)

Avenger: Age of Ultron (2015)

Ant-man (2015)

Fase 3[editar | editar a fonte]

Rematan todos os problemas que foron aparecendo ó longo das películas anteriores, as disputas restantes e todo aquilo que causaba destrución neste universo rematando así esta saga co filme de Spiderman: Far from home. Temos que destacar que co remate deste arco, moitos dos actores despídense do elenco de Marvel a causa da finalización do seu contrato como ocorre con Robert Downey JR (Tony Stark/ Iron Man) e dan protagonismo ao novos integrantes como Tom Holland (Peter Parker/ Spider-man).

Películas da fase 3[editar | editar a fonte]

Captain America: Civil War (2016)

Dr. Strange (2016)

Guardians of the Galaxy Vol.2 (2017)

Spider-man: Homecoming (2017)

Thor: Ragnarok (2017)

Black Panther (2018)

Avenger: Infinity war (2018)

Ant-man and the Wasp (2018)

Captain Marvel (2019)

Avenger: Endgame (2019)[2]

Novos proxectos[editar | editar a fonte]

Marvel Studios non para aquí, ten en mente diferentes proxectos para futuras películas como Spider-man: Far From Home a cal remata a fase tres e comeza unha nova saga que está aínda sen titular. Xa están confirmados diferentes spin-off dos personaxes de Marvel como a futura película de Black Widow, The Ethernals, Black Panther II etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Official Site for Marvel Movies, Characters, Comics, TV, & More". Marvel Entertainment (en inglés). Consultado o 2019-05-16. 
  2. "Universo Cinematográfico de Marvel". Marvel Cinematic Universe Wiki (en castelán). Consultado o 2019-05-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

https://www.marvel.com/

https://www.marvel.com/movies

https://www.imdb.com/search/keyword?keywords=superhero&ref_=fn_al_kw_1

https://marvel.fandom.com/wiki/Marvel_Database