Universidade de Miami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «University of Miami»)

Coordenadas: 25°43′18″N 80°16′45″O / 25.721644, -80.279267

Universidade de Miami
University of Miami
Datos xerais
LocalizaciónCoral Gables, Florida
Fundación1925
Datos actuais
ReitorThomas J. LeBlanc
Alumnos16 774
Datos de contacto
Enderezo1320 S Dixie Hwy Coral Gables
Páxina webhttps://welcome.miami.edu/
Facebook: UniversityofMiami Twitter: univmiami Instagram: univmiami Youtube: UCmeV01P9S5yncJkJyei27JQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Miami (University of Miami en inglés), tamén coñecida como Miami of Florida, UM, ou simplemente The U,[1][2]) é unha universidade privada que se atopa en Coral Gables, Florida (nos Estados Unidos).[3][4] É unha das universidades privadas máis exclusivas dos Estados Unidos. É laica e foi fundada en 1925.

A universidade ten arredor de 15 657 estudantes matriculados en aproximadamente 115 programas de pregrao e 165 programas de posgrao (114 másteres e 51 doutoramentos). Os estudantes proveñen dos 50 estados dos Estados Unidos e de 148 países estranxeiros. Actualmente posúe 3027 docentes a tempo completo, entre os que se contan bolseiros de Guggenheim, de Fulbright e da National Science Foundation. O 97% dos estudantes de doutoramento e doutros posgraos logran a súa titulación. Con máis de 10 800 empregados a tempo completo ou parcial, a UM é o segundo maior empregador privado no condado de Miami-Dade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]