Saltar ao contido

Universidade dos Andes (Colombia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade dos Andes
Logotipo
Imaxe
Implicados
 Fundador/a
 Reitor/a
 Entidades subsidiarias
Datas
 Data de comezo
16 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
16 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF122661912 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000419370714 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03py55 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310318850 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: Uniandes Instagram: uniandes BNE: XX97338 Dialnet: 1129862 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade dos Andes é unha universidade privada colombiana, suxeita a inspección e vixilancia por medio da Lei 1740 de 2014 e a lei 30 de 1992 do Ministerio de Educación de Colombia, con sedes en Bogotá e Cartaxena. Foi fundada en 1948 por un grupo de intelectuais destacados, entre eles Mario Laserna Pinzón, Francisco Pizano de Brigard, Alberto Lleras Camargo e Nicolás Gómez Dávila, co obxectivo de crear unha institución de educación superior laica e independente ás correntes políticas do país. Dende os seus inicios albergou parte da elite económica e académica do país e América Latina. Tamén recibiu o apoio de académicos como Albert Einstein, quen participou na xunta consultiva da universidade durante os seus inicios.[1]

A súa poboación estudantil ascende a 19.601, dos cales 14.668 son estudantes de pregrao e 4.933 de posgrao. Conta cunha planta profesoral de 731 profesores, dos cales o 73% conta con doutoramento. Está composta por 12 unidades académicas divididas en 10 facultades, a Escola de Goberno Alberto Lleras Camargo e o Centro Interdisciplinario de Estudos sobre Desenvolvemento. Ofrece 39 programas de pregrao, 25 especializacións, 61 mestrías e 15 doutoramentos. Conta con máis de 143 grupos de investigación e posúe un sistema de bibliotecas, o cal alberga unha colección de 428.490 volumes de libros que datan dende a Idade Media até o presente.

O 26 de xaneiro de 2015, o Ministerio de Educación Nacional, na cabeza do Consello Nacional de Acreditación, outorgoulle a Acreditación Institucional de Alta Calidade por 10 anos, o máximo tempo que contempla a lexislación colombiana, converténdose a primeira universidade privada do país en conseguilo. Foi igualmente incluída en numerosas clasificacións (Quacquarelli Symonds e Times Higher Education) que a sitúan entre as primeiras 300 universidades do mundo, as dez primeiras de América Latina e en varias ocasións como a mellor de Colombia.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]