A Universidade de Westminster (en inglésUniversity of Westminster) é unha universidade pública do Reino Unido. Fundada en 1838 co nome de Institución Politécnica Real (en inglésRoyal Polytechnic Institution), foi a primeira institución politécnica no Reino Unido. A institución foi convertida en universidade en 1992, o que significou que podería brindar os seus propios títulos académicos.
As actividades académicas da universidade están organizadas dentro de sete facultades, dentro das cales existen 45 departamentos académicos. A universidade conta con diversos centros de investigación a través dos diversos eidos de estudos, incluíndo comunicacións e investigación dos medios de comunicación, cuxa investigación esta considerada dentro das 40 mellores do mundo segundo QS World University Rankings. A Universidade de Westminster tivo un ingreso de £170.4 millóns no 2012/13, dos cales £4.5 millóns proviñeron da área de investigación académica. Westminster é recoñecida especialmente polos seus programas de xornalismo, administración de empresas, ciencias sociais e ciencias políticas.
Entre o alumnado de Westminster atópase un premio Nobel de Medicina, o inventor da cordita, xefes de Estado, personalidades da política, dos deportes olímpicos, do ámbito científico, do cine, premios BAFTA e Oscar,[2] da música, xornalistas e poetas.