Saltar ao contido

Universidade de Tartu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Tartu
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Tartu Ülikool (et) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Tartu Ülikool (et)
Tartu Riiklik Ülikool (et)
Tartu State University (en)
Tartu State University (en)
Тартуский университет (ru)
Tartu Riiklik Ülikool (et) Editar o valor en Wikidata
 Ten o papel
 Cargo dirixente
Características
 Cor
 Forma xurídica
Implicados
 Reitor/a
Toomas Asser 2018
Volli Kalm 1 de xullo de 2012 - 23 de decembro de 2017
Alar Karis 2007 - 2012
Jaak Aaviksoo 1998 - 2006
Peeter Tulviste 1993 - 1998
Jüri Kärner 1988 - 1993
Arnold Koop 1970 - 1988
Fyodor Klement 1951 - 1970
Hans Kruus 1944 - 1944
Alfred Koort 1944 - 1951
Edgar Kant 1941 - 1944
Hans Kruus 1940 - 1941
Heinrich Riikoja 1940 - 1940
Hugo Kaho 1938 - 1940
Johan Kõpp 1928 - 1937
Henrik Koppel 1920 - 1928 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1632
1802 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Estudantes
 13000 (2021) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF136173993 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119565704 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01fy2s Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI56085075 e P4310314060 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: tartuuniversity Twitter: unitartu Instagram: unitartu Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Universidade de Tartu (en estoniano: Tartu Ülikool; en latín Universitas Tartuensis / Dorpatensis), abreviado como UT, é unha universidade pública estoniana que se asenta na cidade de Tartu. É a universidade máis antiga e maior de Estonia[1] e é considerada a universidade nacional de Estonia[2] e a única universidade dos Estados Bálticos que se atopa entre o 1,2% superior do mundo.

Considérase que a universidade foi fundada co nome de Academia Gustaviana en 1632 polo barón Johan Skytte, gobernador xeral da Livonia sueca, Ingria e Carelia,[3] e ratificada polo rei Gustavo II Adolfo pouco antes da súa morte na batalla de Lützen (1632). Foi deseñada seguindo o modelo da Universidade de Uppsala, creada no século XV.

A historia da universidade pasou por diferentes períodos e varias interrupcións nas súas actividades.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, adóitase aceptar que a orixe da universidade de Tartu está na fundación realizada polos suecos, en 1632, da Academia Gustaviana. Esta Academia sería a segunda universidade fundada en territorio sueco despois da Universidade de Uppsala; aínda que, por outra banda, tamén se podería considerar un precursor da Academia, unha escola de gramática xesuíta que existiu entre 1583 e 1601, cando Dorpat (agora Tartu) estaba baixo a administración polaca.

A Academia Gustaviana, creouse como parte da política colonial en Estonia de Gustavo II Adolfo de Suecia quen quería espallar o protestantismo polo territorio e diminuír a influencia católica fomentada polos xesuítas. Este, asinou a carta fundacional da universidade o 30 de xuño de 1632, e o 25 de outubro inaugurouse a Academia Gustaviana.[4]

Por mor das dificultades, pechou as portas en 1710[5] e foi trasladada a Pernau (hoxe Pärnu). Foi reinaugurada en 1802 por orde do emperador reformador Alexandre I de Rusia, ao que a actual Estonia (que entón estaba dividida entre a gobernación de Estonia e a gobernación de Livonia) estivo unida dende a derrota sueca de 1710. Daquela, a cidade de Tartu (daquela chamada Dorpat) formaba parte do Imperio Ruso, a universidade, que empregaba o alemán,[5] estaba dirixida e asistida por familias nobres alemás locais, ás que o Imperio concedeu un gran grao de autonomía. O primeiro reitor elixido foi Georges-Frédéric Parrot, nado en Montbéliard en 1767.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

Ao longo do século XIX, converteuse nunha universidade europea de referencia, posibilitando intercambios intelectuais e científicos entre o mundo xermánico e o ruso, o que lle permitiu atraer e formar un gran número de investigadores de renome. Estes inclúen Karl Ernst von Baer, ​​​​Friedrich Georg Wilhelm von Struve, Alexander Schmidt e Wilhelm Ostwald (gañador do Premio Nobel de Química a principios do século XX). Entre 1802 e 1893, a lingua de ensino foi exclusivamente o alemán, e despois de 1893 a 1917 o alemán en conxunto co ruso. Durante este período, Dorpat gozou dunha dobre natureza: unha universidade de lingua alemá e unha universidade de lingua rusa. Os rusos financiaron e xestionaron administrativamente a universidade, mais o profesorado era maioritariamente alemán (máis da metade dos profesores procedían de Alemaña e polo menos un terzo eran alemáns bálticos). De feito, entre as trinta universidades de fala alemá, vinte e tres das cales estaban dentro do Imperio Alemán, Dorpat ocupaba o undécimo lugar en tamaño. A universidade educou á elite alemá-báltica, futuros xestores do estado e empresas rusas, así como futuros médicos e profesionais dos servizos de saúde para toda Rusia. Entre 1860 e 1880, a súa idade de ouro, a universidade acadou un nivel internacional.

A finais do século XIX, o Imperio Ruso tivo unha visión vaga desta illa xermánica nun momento no que o Imperio Alemán se estaba a desenvolver e, a partir de 1882, comezou unha ola de rusificación da educación, da que a Universidade estaba a levar a peor parte, véndose obrigada a partir de 1889 a ensinar en ruso.[5]

Rusificación e nacionalismo

[editar | editar a fonte]

A súa condición de universidade alemá rematou co auxe de tendencias nacionalistas en Rusia que favoreceron a uniformidade fronte ao mantemento da diversidade bicultural. Entre 1882 e 1898 impúxose a rusificación parcial e o nomeamento de profesores rusos, con poucas excepcións. Así, a Facultade de Teoloxía foi autorizada a impartir clases en alemán ata 1916, aínda que o clero ortodoxo consideraba que estaba a propagar perigosos puntos de vista protestantes. En 1898, a universidade pasou a chamarse Universidade Youriev (o antigo nome da cidade en ruso antigo). Daquela marcharon todos os estudosos alemáns, deixando o seu lugar a profesores rusos ou alemáns bálticos (daquela súbditos do Imperio). A Universidade de Youriev existiu ata 1918. Incluso foi reaberta por pouco tempo no outono durante a ocupación alemá. O persoal e os estudantes atoparon refuxio en Voronezh, Rusia, o que levou á fundación da Universidade Estatal de Voronezh, que remonta a súa historia á Universidade de Dorpat e aínda posúe algunhas das súas propiedades. Hai, polo tanto, dous herdeiros da Universidade Imperial de Dorpat: a estoniana en Tartu e a rusa en Voronezh.

Ao mesmo tempo, a Universidade de Tartu converteuse paradoxalmente nun dos vectores máis importantes do "espertar nacional estoniano", propiciado porque a conciencia nacional de Estonia se fose desenvolvendo arredor da Sociedade de Estudantes de Estonia, fundada en 1870 e recoñecida en 1883, que adoptou o azul, o branco e o negro como cores e deu orixe a actual bandeira de Estonia en 1884.

Este proceso levou á independencia de Estonia en 1918; feito que permitiu que a cidade de Tartu se convertese no berce intelectual e cultural do país e a Universidade de Tartu comezou a funcionar como universidade en estoniano no ano 1919 e permaneceu aberta até 1940.[5]

De 1940 ao momento actual

[editar | editar a fonte]
Moeda de 2 coroas conmemorando o tricentenario da Universidade de Tartu.

A partir da Segunda Guerra Mundial, a universidade, así como a cidade e o país enteiro, foron invadidos e despois controlados pola Unión Soviética e, despois dun breve período soviético en 1940, volveu ao dominio alemán entre 1941 e 1944, recuperando a antiga denominación de Dorpat e, de novo pola URSS desde o final da guerra, volvendo a se chamar Universidade de Tartu

Baixo a ocupación soviética (1944-1991), a Universidade quedou cortada de parte dos seus intercambios internacionais con Occidente. En 1940–1941 e 1944–1989, a universidade chamouse Tartu Riiklik Ülikool (en galego, Universidade Estatal de Tartu),[6] abreviado como TRÜ. Neste período, o estoniano foi a principal lingua de ensino, aínda que existían algúns cursos en ruso e se daban os diplomas en ruso. Isto segue sendo certo hoxe en día, despois de que Estonia recuperase a súa independencia.

Trala restauración da independencia de Estonia en 1991, a Universidade tivo que esperar ata 1992 para recuperar a súa autonomía académica e ser, polo de agora, unha universidade estoniana. A derradeira década do século XX estivo marcada por cambios organizativos e estruturais baseados no modelo de certas universidades (estadounidense, escandinavas, alemás), en contraste cos seus antecedentes soviéticos e alemán-bálticos. Finalmente adoptou os estándares das universidades europeas a principios dos anos 2000 e, máis recentemente e, aínda hoxe a universidade está a aplicar a reforma de Boloña que trouxo grandes cambios nos estudos.

Características

[editar | editar a fonte]
Litografía da Universidade de Tartu (1860).

A Universidade de Tartu ten catro facultades, que se agrupan en 31 institutos: a Facultade de Humanidades e Artes, a Facultade de Ciencias Sociais, a Facultade de Ciencias Médicas, e a Facultade de Ciencias Naturais e Exactas. A Universidade de Tartu ofrece máis de 140 programas de estudo e, en 2024, tiña máis de 15.000 estudantes regrados dos que o 10% son estudantes de fóra de Estonia[7] e 2.000 docentes. A maior parte do currículo impártese en estoniano. Non obstante, aínda hai 30 programas que se imparten en inglés: tres de grao e 27 de mestrado, incluído o Programa de Excelencia Erasmus Mundus en Química Analítica.

A universidade ocupa o primeiro lugar dos países bálticos segundo o The Academic University Rankings, que a sitúa entre os postos 301 e 350 en todo o mundo. En concreto, a mesma clasificación, sitúa o seu departamento de ciencias da vida entre os postos 176-200 e os de psicoloxía, informática, artes e ciencias da saúde entre os postos 251-300.[8] A Universidade de Tartu está entre o 1% das universidades e institucións de investigación máis citadas do mundo en 15 campos de investigación. Máis de 80 investigadores da UT están entre o 1% dos investigadores máis citados do mundo (Web of Science).[9]

Máis da metade das publicacións científicas de Estonia foron publicadas por investigadores da Universidade de Tartu. Segundo ETIS, hai aproximadamente 34.000 publicacións científicas, incluíndo máis de 7.500 na base de datos ISI Web of Science. Máis da metade das teses de doutoramento de Estonia (aproximadamente 120 teses de doutoramento ao ano) tamén se defenden na Universidade de Tartu. O reitor da universidade é o profesor Toomas Asser.

Os edificios históricos da universidade están incluídos na listaxe do Selo de Patrimonio Europeo como "encarnación das ideas dunha universidade no Século das Luces".[4]  A universidade forma parte do Grupo Coimbra e da Rede de Utrecht.

Juridicum, facultade de dereito da Universidade de Tartu.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Os seus museos, xardín botánico e complexo deportivo adoitan, xeralmente, a estar abertos a tódolos cidadáns de Tartu. A universidade ten uns 150 edificios, 30 dos cales están fóra de Tartu e outros 31, forman parte do patrimonio arquitectónico da cidade. Tamén conta con moitos edificios e residencias universitarias de recente construción ou reforma.

Investigación

[editar | editar a fonte]

Cada ano, a universidade produce máis de 3.300 publicacións. Cerca da metade deles son publicados por científicos estonianos en revistas (con índices de citas como "SCI Expanded", "SSCI" ou "A&HCI"), e moitas delas, están escritas por autores de Tartu. Segundo a universidade, as investigacións máis destacadas son os campos da bioloxía molecular e celular, a xenética, a inmunoloxía, a farmacoloxía, a medicina láser, as ciencias dos materiais, a espectroscopia láser, a bioquímica, a ecoloxía (tecnoloxía ambiental), a lingüística informática, a psicoloxía e a semiótica. A universidade comezou a cooperar con empresas privadas e a ser o núcleo para o desenvolvemento de empresas spin-off.

Xardín botánico

[editar | editar a fonte]

A universidade ten un xardín botánico de 3,5 hectáreas. Ten 10.000 especies de plantas e un invernadoiro tropical.

Personalidades vencelladas á universidade

[editar | editar a fonte]

Profesores

[editar | editar a fonte]
  1. "University in brief". ut.ee (en inglés). 9 de novembro de 2023. Consultado o 11 de abril de 2025.
  2. "Tartu Ülikooli seadus". riigiteataja.ee (en estoniano). 16 de febreiro de 1995. Consultado o 11 de abril de 2025.
  3. "Lecture and presentation of Johan Skytte's biography". skytte.ut.ee (en inglés). 6 de decembro de 2018. Consultado o 11 de abril de 2025.
  4. 1 2 "European Heritage Label sites". culture.ec.europa.eu (en inglés). 11 de abril de 2024. Consultado o 12 de abril de 2025.
  5. 1 2 3 4 Ristikivi (2020), p. 135
  6. Ristikivi (2020), p. 145
  7. "University of Tartu statistics". statistika.ut.ee (en inglés). 2024. Consultado o 12 de abril de 2025.
  8. "University of Tartu". timeshighereducation.com (en inglés). 2025. Consultado o 12 de abril de 2025.
  9. Modelo:Netiviide

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]