Saltar ao contido

Universidade de Talín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Talín
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Forma xurídica
Implicados
Datas
 Fundación / creación
2005 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF142278303 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000097746466 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0c3j9x Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI193629610 e P4310314057 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Instagram: tallinnuniversity Dialnet: 6436750 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Talín (en estoniano; Tallinna Ülikool, abreviado TLU) é unha universidade pública investigadora de Estonia que está localizada no centro de Talín, a capital de Estonia. É unha das tres maiores institucións de educación superior do país. Até 2021, tanto a QS World University como a Times Higher Education situábana entre as 1.000 mellores universidades do mundo; en 2025, está no grupo entre 1001-1200.[1][2]

A universidade ten moitos estudantes internacionais, un ensino amigable e está dividida en varias facultades. O instituto tamén garante unha considerable liberdade académica (selección do plan de estudos), garantindo unha alta calidade educativa.

A predecesora da Universidade de Talín, a Universidade Pedagóxica de Talín (en estoniano: Tallinna Pedagoogikaülikool), foi fundada en 1919. A Universidade de Talín, na súa forma actual foi creada o 18 de marzo de 2005 como resultado da fusión de varias universidades e institucións de investigación en Talín: Biblioteca Académica de Estonia (1946), Escola Báltica de Cine e Medios de Comunicación (1992/1997), Instituto de Humanidades de Estonia (1988), Instituto de Historia (1946) e Universidade Pedagóxica de Talín (1919/1952/1992).[3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A universidade tiña matriculados, en 2024, uns 7.000 estudantes nalgún dos seus graos e máis de 14.000 participando en programas de educación continuada, sendo a terceira institución estoniana de educación superior. Entre os estudantes de grao, o 8% eran internacionais.[4] Hai 846 empregados na universidade, dos cales 475 son persoal académico.

A Escola Báltica de Cine e Medios de Comunicación da Universidade de Talín, é a única institución do norte de Europa que ensina cine, televisión e produción audiovisual en inglés, e unha das maiores escolas de cine da rexión.[5] O seu alumnado representa a máis de 40 países en todo o mundo.

En 2015, a Universidade de Talín, someteuse a unha reforma estrutural, pola cal as súas máis de 20 unidades estruturais (o legado das numerosas fusións que levaron ao seu establecemento) foron reorganizadas en seis escolas para optimizar o financiamento e eliminar a superposición entre as unidades de investigación e as de ensino.

  • Escola Báltica de Cine, Medios, Artes e Comunicación
  • Escola de Tecnoloxías Dixitais
  • Escola de Educación
  • Escola Superior de Goberno, Dereito e Sociedade
  • Facultade de Ciencias Humanas
  • Facultade de Ciencias Naturais e da Saúde
  • College Haapsalu
  • College Rakvere

Centros académicos

[editar | editar a fonte]
  • Centro de Tecnoloxía Educativa
  • Centro de Innovación Educativa
  • Centro de Paisaxe e Cultura
  • Centro de Excelencia para a Promoción e Rehabilitación da Saúde
  • Instituto Estoniano de Estudos da Poboación
  • Instituto de Estudos Sociais Internacionais
  • Instituto de Ecoloxía
  • Instituto de Historia, Arqueoloxía e Historia da Arte

Centros de excelencia

[editar | editar a fonte]
  • Centro de Excelencia en Ciencias do Comportamento
  • Centro de Excelencia en Innovación Educativa
  • Centro de Excelencia en Estudos Interculturais
  • Centro de Excelencia en Estudos Interdisciplinares
  • Centro de Excelencia en Innovación en Medios e Cultura Dixital

O campus é accesible co tranvía de Talín. Está preto do parque e castelo Kadriorg. Os edificios máis importantes levan nomes en latín.[6]

Nome Imaxe Ano de construción Architectos
Ursa
1964
Terra 1938 Alar Kotli e Erika Nõva
Silva 1982 Ester Liiberg
Nova 2012 Karli Luik, Maarja Kask e Ralf Lõoke
Mare
2006 Mattias Agabus, Eero Endjärv, Raul Järg,

Priit Pent e llimar Truverk

Biblioteca
Astra 2012 Ignar Fjuk

Internacionalización

[editar | editar a fonte]

A universidade foi clasificada entre as 15 mellores institucións da Europa emerxente e Asia Central pola porcentaxe de profesorado internacional.[7] En 2023, Taiwán creou un centro de estudos chineses na Universidade de Tallin.[8]

Deportes e cultura

[editar | editar a fonte]

A Universidade ofrece múltiples actividades culturais e deportivas. Tamén mantén unha orquestra sinfónica, creada en 2013,[9] un coro masculino,[10] outro feminino[11] e o grupo de danza folclórica Soveldaja.[12]

  1. "Tallinn University". topuniversities.com (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  2. "Tallinn University. World University Rankings 2025". timeshighereducation.com (en inglés). 2020. Consultado o 23 de abril de 2025.
  3. "History". tlu.ee (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  4. "Studies". tlu.ee. Consultado o 23 de abril de 2025.
  5. "Baltic Film and Media School". cineuropa.org (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  6. "Campus". tlu.ee (en inglés). 14 de xuño de 2013. Consultado o 23 de abril de 2025.
  7. "Now featuring the top 300 universities in the region, the QS EECA University Rankings 2018 highlights the best universities in emerging Europe and central Asia.". .topuniversities.com (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2025.
  8. "Taiwan sets up Chinese Studies center in Estonia". focustaiwan.tw (en inglés). 11 de outubro de 2023. Consultado o 23 de abril de 2025.
  9. "Symphony Orchestra". tlu.ee (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  10. "Men's Choir". tlu.ee (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  11. "Women's Choir". tlu.ee (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.
  12. "Folk Dance Group "Soveldaja"". tlu.ee (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]