Universidade de Concepción, Chile
Coordenadas: 36°49′39″S 73°02′20″O / -36.82750, -73.03889
A Universidade de Concepción (en español: Universidad de Concepción, co acrónimo UdeC) é unha universidade chilena cuxo campus principal está situado na cidade de Concepción. A UdeC é unha das principais institucións académicas en Chile, con prestixio nacional e tamén internacional, colocándose entre as máis grandes de América do Sur. A universidade foi fundada no ano 1919 e é a terceira máis antiga do país. Cara a 2011 contaba con 24.767 estudantes[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ As cifras da UdeC - 21 de decembro de 2013 (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Concepción, Chile |