Saltar ao contido

Universidade de Ōsaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Ōsaka
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
大阪大学 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
The University of Osaka (en) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Presidente/a
Shōjirō Nishio 26 de agosto de 2015
Toshio Hirano 1 de agosto de 2011 - 1 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata
Estudantes23234 (1 de maio de 2025) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Afiliación
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1 de maio de 1931 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Sede
Identificadores
VIAF136860286 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121656365 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/045vxq Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310313450 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: OsakaUniversity Twitter: osaka_univ_e Instagram: osakauniversity Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Ōsaka (en xaponés: 大阪大学 Ōsaka daigaku), tamén coñecida como UOsaka ou Handai (阪大), é unha universidade nacional de investigación situada na cidade de Ōsaka, no Xapón. A entidade orixinouse coas institucións Tekijuku (1838) e Kaitokudō (1724), fundadas no período Edo; porén, estableceuse oficialmente en 1931 como unha das seis universidades imperiais, con dúas facultades: Ciencias e Medicina. Tras a reforma educativa da posguerra, integrouse con outros institutos para conformar unha universidade con cinco facultades: Ciencias, Medicina, Dereito e Economía, Letras e Enxeñaría. No 2007, incorporou tamén a Universidade de Estudos Estranxeiros de Ōsaka, converténdose na maior universidade nipoa en número de alumnado de grao.

A Handai é unha das institucións de investigación máis produtivas do país. Moitos eruditos e científicos estudaron ou traballaron nela, como o premio Nobel de Física Hideki Yukawa, o mangaka Ōsamu Tezuka, o gañador do premio Lasker Hidesaburō Hanafusa, os escritores Ryōtarō Shiba e Seishi Yokomizo, ou o descubridor do linfocito T regulador Shimon Sakaguchi.