Eesti Maaülikool (et)dende 2005 Eesti Põllumajandusülikool (et)dende 1991ata 2005 Eesti Põllumajanduse Akadeemia (et)dende 1951ata 1991 Эстонская сельскохозяйственная академия (ru)dende 1951ata 1991
A Universidade Estoniana de Ciencias da Vida (en estoniano:Eesti Maaülikool, EMÜ) é unha universidade pública de Tartu, en Estonia. As súas orixes remóntanse a 1802 cando se creou a cátedra de Agricultura na Universidade de Tartu.[1] EMÜ é a cuarta universidade pública máis grande en Estonia.[2]
A EMÜ é, pola súa propia afirmación, a única universidade de Estonia cuxas prioridades nas actividades académicas e de investigación proporcionan o desenvolvemento sostible dos recursos naturais necesarios para a existencia do ser humano, así como a preservación do patrimonio e do hábitat. A EMÜ é un centro de investigación e desenvolvemento en campos como a agricultura, silvicultura, ciencia animal, ciencia veterinaria, vida e economía rural, ciencia alimentaria, ciencias ambientais e tecnoloxías amigables co medio ambiente. A universidade é membro da rede universitaria BOVA.
A universidade está clasificada entre as 100 mellores universidades do mundo nos eidos da agricultura e a silvicultura.[3]