Universidade de Deusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Universidad de Deusto»)

Coordenadas: 43°16′15″N 2°56′15″O / 43.270833333333, -2.9375

Universidade de Deusto
Deustuko Unibertsitatea
Universidad de Deusto
Universidade de Deusto
Datos xerais
Localización Bilbao
Datos actuais
ReitorJosé María Guibert Ucín, SJ
Alumnos10.000
Datos de contacto
EnderezoAvenida de las Universidades, 24
Páxina webhttp://www.deusto.es/
Dialnet: 819037
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Deusto (en éuscaro: Deustuko Unibertsitatea), é unha universidade privada da Igrexa católica situada no barrio bilbaíno de Deusto (País Vasco). Ten un campus de menor tamaño en Donostia e dúas sedes en Gasteiz e Madrid.

Historia[editar | editar a fonte]

Antiga biblioteca en La Comercial

Fundada en 1886 pola Compañía de Xesús (Xesuítas), contribuíu, no ámbito educativo, ao desenvolvemento industrial da rexión do Gran Bilbao. Dende 2013 o seu reitor é José María Guibert Ucín, SJ. [1] É a universidade privada española máis antiga,[2] e unha das máis prestixiosas e coñecidas. [3] Segundo o estudo "U-Ranking", elaborado polo Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE) e a Fundación BBVA en 2015, a Universidade de Deusto é líder no ámbito da docencia entre as principais universidades españolas.[4]

Durante a Segunda República española, debido á disolución da Compañía de Xesús e a confiscación das súas propiedades en España en 1932, a universidade é pechada e reabre tras o remate da Guerra civil española. Durante a contenda, tras a caída de Bilbao en mans do bando sublevado, en xuño de 1937 as súas instalacións pasan a formar a parte central e permanente dun campo de concentración franquista. Este permanecerá activo ata decembro de 1939.[5]

A universidade estendeuse a Guipúscoa en 1956 coa apertura da Escola Superior de Técnicos de Empresa en Donostia.[6]

En 2018, tras chegar a un acordo de colaboración co centro educativo Egibide, a Universidade de Deusto inaugurou a súa sede de Gasteiz, situada no edificio do Instituto Arriaga da cidade. [7]

Edificios representativos[editar | editar a fonte]

Edificio central da Universidade de Deusto, onde se imparten os estudos de Dereito

O Campus de Bilbao componse de varios edificios, entre eles:

  1. O de A Literaria, o máis antigo, onde se imparten os estudos de Dereito, con título propio de Especialidade Económica.
  2. O da Universidade Comercial (Komertziala), creado pola Fundación Vizcaína Aguirre, que alberga os estudos de Administración e Dirección de empresas.
  3. O do Centenario ou FICE (anexo á Literaria), onde se imparten estudos de Ciencias da Educación, con profesores como o Dr. Luís Pantoja Vargas, director do Instituto de Drogodependencias de Deusto.
  4. O do ESIDE (Estudos Superiores de Enxeñería de Deusto), dedicado ás enxeñerías en Informática, Automática e Electrónica, Telecomunicacións e Organización Industrial.

Centros docentes[editar | editar a fonte]

A universidade ten 7 facultades e escolas universitarias:

  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Teoloxía
  • Facultade de Enxeñaría
  • Deusto Business School
  • Facultade de Educación e Deporte
  • Facultade de Ciencias Sociais e Humanas
  • Facultade de Ciencias da Saúde. Inclúe os graos de Psicoloxía, Medicina e Fisioterapia. O 31 de outubro de 2019 ratificouse que a Universidade de Deusto lograra o informe favorable da agencia Unibasq, encargada de autorizar a apertura de novas carreiras, para poñer en marcha a súa Facultade de Medicina no campus de Bilbao durante o curso 2020-2021.[8][9] O 11 de setembro de 2020 a universidade presentou a primeira promoción.[10]

Grupos de investigación[editar | editar a fonte]

Entre os grupos de investigación desta universidade destacan:

Museo Guggenheim e a Universidade de Deusto fronte a fronte nas marxes da Ria, unidos pola pasarela Pedro Arrupe.
  1. Instituto de Estudos Vascos.
  2. Dereitos Humanos.
  3. Estudos de Lecer.
  4. Drogodependencias.
  5. DELi.
  6. Seminario Afonso Irigoien.
  7. Fonetiker.
  8. Laboratorio de Psicoloxía da Aprendizaxe, entre outros.

Na páxina web da fundación pódese acceder ao Catálogo de Oferta Científica da Universidade, onde se atopan todos os equipos de investigación actualizados.

Reitorado[editar | editar a fonte]

O primeiro reitor da Universidade de Deusto foi Luis Martín García (curso 1885-86). Os últimos reitores foron:

  • 1971-1975: Pere Ferrer Pi.
  • 1975-1977: Alberto Dou Mas de Xaxàs.
  • 1977-1986: Dionisio Aranzadi Telleria.
  • 1986-1996: Jesús María Eguiluz Ortuzar.
  • 1996-2003: José María Abrego de Lacy.
  • 2003-2013: Jaime Oraá Oraá.
  • 2013-presente: José María Guibert Ucín.

Profesorado e alumnos[editar | editar a fonte]

Nela impartiron clases Javier Elzo, Andrés Ortíz-Osés, Alberto Dou Mas de Xaxàs, José María Lidón, Xabier Arzalluz e Carlos Sobera.

Entre os alumnos que pasaron por esta universidade nos seus máis de 100 anos de historia atópanse coñecidos personaxes como Ana Blanco, Gerardo Diego, Manuel de Irujo, Agustín Rodríguez Sahagún, Sabino Fernández Campo, José Félix de Lequerica, Joaquín Almunia, Antonio Garrigues Walker, Carlos Garaikoetxea, José Antonio Ardanza, Fernando Buesa, José María Oriol y Urquijo, Joseba Sarrionandia, Federico Paternina, Emilio Botín, Emilio Ybarra Churruca, José Ángel Sánchez Asiain, Espido Freire, Álex de la Iglesia, Mario Conde, Pedro Luis Uriarte, Iratxe Ibarra, Lorea Bilbao, Igone Etxebarria, José Ortega y Gasset, Asier Aranbarri, José Eiguiguren, Pedro Morenés ou José Manuel García-Margallo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José María Guibert, nuevo rector de la Universidad de Deusto". Consultado o 2 de maio de 2013. 
  2. "Cronología universidades privadas de España". El País. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  3. "Ranking de universidades privadas españolas según El Mundo". El Mundo. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  4. Zugadi, Ane. "La universidad de Deusto, número uno en docencia". Consultado o 17 de marzo de 2015. 
  5. Carlos Hernández de Miguel. "Campo de concentración de Deusto". 
  6. Ainhoa AROZAMENA AYALA. "Universidad de Deusto". Enciclopedia Auñamendi. Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  7. "43 estudiantes estrenan el campus alavés de Deusto". El Correo. 6 de setembro de 2018. 
  8. Fernández Vallejo, Marta (31 de outubro de 2019). "Deusto impartirá el grado de Medicina tras avalar Salud al IMQ como hospital universitario". El Correo. Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  9. "Deusto obtiene el visto bueno para su nuevo grado de Medicina en 2020-21". Deia. 31 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2019. 
  10. Zupiria, Pello (11 de setembro de 2020). "La Universidad de Deusto presenta su primera promoción de Medicina". El Correo. Consultado o 31 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]