Saltar ao contido

Universidade Internacional da Rioxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Universidad Internacional de La Rioja»)
Universidade Internacional da Rioxa
Logo
Tipouniversidade privada, Educación a distancia e editor de acceso aberto
Data de fundación2009
SedeLogroño e Madrid
EnLogroño
PaísEspaña
42°27′44″N 2°25′27″O / 42.462277777778, -2.4241388888889
Na rede
https://www.unir.net
Facebook: UNIRUniversidad Twitter: UNIRUniversidad Instagram: uniruniversidad BNE: XX5232123 Dialnet: 2460950 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), é unha universidade privada de educación en liña, con sede en Logroño e presenza en América Latina. En 2020 contaba con máis de 48.000 alumnos, e en 2022 con 55.000 alumnos.[1] Ten 108 titulacións oficiais avaladas pola ANECA, 84 títulos propios e 3 programas de doutoramento.[2]

Foi recoñecida en 2008 polo Parlamento da Rioxa[3] e após autorización por Decreto 69/2009, comeza a actividade académica[4] Réxese pola Lei de Ordenación Universitaria española, polas directrices da Unión Europea e polas normas do Estado español e a Comunidade da Rioxa. A súa estrutura, organización e funcionamento foron deseñados segundo parámetros e requisitos do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

O 8 de marzo de 2019 a UNIR, integrada no grupo rioxano Proeduca Altus, realizou a súa entrada no Mercado Alternativo Bursátil (MAB).[5]

A Facultade de Empresa e Comunicación en outubro de 2019 e a de Educación en xullo de 2020 recibiron a Acreditación Institucional da ANECA.[6][7] Outras 16 universidades españolas recibiron este recoñecemento ás súas respectivas facultades.

En marzo de 2021 o Grupo Proeduca adquiriu a escola de mercadotecnia dixital KSchool.[8]

Método pedagóxico

[editar | editar a fonte]

Susténtase nos seguintes alicerces:

  • Clases online en directo. En horario de tarde e mañá, as clases quedan gravadas e o alumno pode velas con posterioridade.
  • Titor persoal. Ten contacto periódico con cada estudante para apoialo durante o estudo, procurando un modelo adaptado a circunstancias persoais.
  • Avaliación continua: O claustro de profesores valora a evolución do alumno tendo en conta traballos, asistencia, participación e actividades.[9]
Primeira gradación de UNIR
  • Entre outros galardóns UNIR recibiu a máxima condecoración que concede o Goberno autonómico da Rioxa [10] ademais de distincións de organismos privados.

Polémica

[editar | editar a fonte]

No curso 2020-21 os sistemas de identificación facial e tratamento de datos utilizados pola UNIR foron rexeitados por varios centos de estudantes. Agrupáronse na plataforma HUxIR contra o que consideraban unha vulneración de dereitos polo uso de Proctoring con control biométrico nos exames online. Cursaron unha denuncia á Agencia Española de Protección de Datos, que emitiu unha Resolución de Advertencia.[11][12] A Universidade de León e a Universidade de Burgos que tamén usaban ese método de identificación abandonárono en 2022, a UNIR prescindiu da biometría, substituíndoa polo acceso a dúas cámaras como método de identificación, alén de ofertar os exames presenciais nun hotel habilitado.[13]

  1. "La UNIR comienza el curso con 45.000 estudiantes de 90 países" (en castelán). 18 de novembro de 2019. 
  2. "Facultades y Escuelas Universitarias | UNIR" (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  3. "Ley 3/2008, de 13 de outubro, de reconocimiento de la Universidad Internacional de La Rioja.
  4. "Decreto 69/2009", de 31 de julio, por el que se autoriza el comienzo de actividades de la Universidad Internacional de La Rioja, la implantación de enseñanzas conducentes a la obtención de determinados títulos de carácter oficial y se aprueban las normas de funcionamiento
  5. "La Universidad Internacional de La Rioja ya tiene fecha para su debut: 8 de marzo". lainformacion.com. p. lainformacion.com. Consultado o Mércores, 6 de marzo 2019. 
  6. "La Facultad de Empresa y Comunicación de UNIR consigue la Acreditación Institucional de la ANECA". Europa Press. 29 de outubro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  7. elEconomista.es. "ANECA emite su informe favorable a la acreditación institucional de la Facultad de Educación de UNIR - elEconomista.es" (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  8. lainformacion.com (2021-03-11). "Proeduca continúa su expansión con la compra de KSchool por cuatro millones" (en castelán). Consultado o 2021-03-12. 
  9. "Cómo Estudiar Online | UNIR" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2020. 
  10. "El rector de la UNIR dedica la Medalla de La Rioja al alumnado (en castelán)". 
  11. "El ojo que vigila los exámenes online". La Vanguardia (en castelán). 2021-05-23. Consultado o 2022-02-13. 
  12. "Home". huxir.org. Consultado o 2022-02-13. 
  13. "Exámenes a distancia: cómo controlar las chuletas sin violar el derecho a la intimidad". Nius Diario (en castelán). 2022-01-21. Consultado o 2022-02-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]