Saltar ao contido

Universal Studios Singapore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universal Studios Singapore
Sentosa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
2011 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/026_mw1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Universal Studios Singapore é un parque temático singapuriano, situado na illa de Sentosa. É o primeiro e único parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios no sueste asiático, inaugurado en marzo do 2010[1]. Foi o cuarto parque Universal Studios construído a nivel mundial, despois dos de Universal Studios Hollywood (EE.UU.), Universal Studios Florida (EE.UU.) e Universal Studios Japan en Osaka (Xapón). O parque foi deseñado como un destino de entretemento integral, adaptándose dentro do complexo turístico de Resorts World Sentosa. Desde a súa inauguración, o parque conta con sete áreas temáticas e numerosas atraccións baseadas en franquías populares de Universal, acadando unha notable popularidade rexional. En 2023, recibiu uns 4,5 millóns de visitantes, consolidándose na lista dos 25 parques temáticos máis visitados de Asia. O parque é popularmente coñecido en Singapur e a rexión como un dos principais destinos de entretemento familiar e de ocio.[2].

Entrada ao Parque, situado na Illa de Sentosa, decembro de 2025
Anexo ao parque a Illa de Sentosa oferta servizos turísticos, na imaxe o Restaurante Vasco Sugarra

Universal Studios Singapur está organizado en sete áreas temáticas distribuídas nun percorrido circular ao redor dun gran lago central.

Áreas Propias e Únicas

[editar | editar a fonte]

Dúas das zonas de Universal Studios Singapur son creacións orixinais e non se atopan en ningún outro parque Universal do mundo a data do ano 2025:

Sci-Fi City: É a única zona deste tema na marca Universal, un concepto orixinal desenvolvido para Singapur coas icónicas montañas rusas xemelgas Battlestar Galactica.

Far Far Away presenta o castelo de Shrek nunha configuración e escala distintiva, sendo a única representación deste reino nun parque Universal de Asia. E a única con Castelo a nivel global, partes do Reino que non ten a mesma área temática en Orlando.

Hollywood

[editar | editar a fonte]
Paseo de entrada a Hollywood con decoración adicada a Wicked (filme)

Esta zona serve como entrada principal e homenaxe á idade dourada do cine, recreando a famosa Hollywood Boulevard con tendas, restaurantes e encontros con personaxes.

Atraccións e espectáculos principais
  • Pantomima de personaxes clásicos (como Marilyn Monroe e os Minions)
  • Desfile "Universal Stars" (noite)
  • Efectos Especiais de Cine (espectáculo en directo)

Nova York

[editar | editar a fonte]

Inspirada na arquitectura da famosa cidade, esta zona é unha configuración única dentro dos parques Universal.

Atraccións e espectáculos principais
  • Lights, Camera, Action! Hosted by Steven Spielberg (espectáculo sobre efectos especiais)
  • Sesame Street Spaghetti Space Chase (atracción familiar)

Sci-Fi City

[editar | editar a fonte]

Zona única e exclusiva de Universal Studios Singapur. Unha metrópole futurista dominada por estruturas metálicas e neon, cunha temática orixinal de ciencia ficción.

Atraccións e espectáculos principais
  • Transformers: The Ride 3D (atracción en 3D)
  • Battlestar Galactica: HUMAN vs. CYLON (montañas rusas xemelgas únicas no mundo - unha de interior e outra de exterior) Con 982 metros de distancia en Human e 971 en Cylon son ambas un proxecto da empresa de montañas rusas Vekoma. Acadan os 90kmph e contan cun total de 5 inversións.[3]. A operativa de ambas atraccións en paralelo simula, dentro do guión dos vídeos nas colas de espera e na tematización, unha batalla entre o ben e o mal, os humanos e os Cylon, que tamén se poden pasar por humanos.
  • Accelerator (carrusel futurista)

Antigo Exipto

[editar | editar a fonte]

Transporta os visitantes ao Exipto dos anos 30, ambientado na época das exploracións arqueolóxicas, fortemente inspirado na saga The Mummy.

Atraccións e espectáculos principais
  • Revenge of the Mummy (montaña rusa de alta velocidade a cuberto, o coñecido no sector coma unha Dark Ride)
  • Treasure Hunters (paseo en coche familiar)

O Mundo Perdido

[editar | editar a fonte]

Dividida en dúas subseccións: Jurassic Park e WaterWorld. A zona recrea a selva prehistórica e un porto post-apocalíptico.

Atraccións e espectáculos principais
  • Jurassic Park Rapids Adventure (viaxe en balsa por río rápido)
  • Canopy Flyer (montaña rusa suspendida)
  • Dino-Soarin' (carrousel aéreo)
  • WaterWorld (espectáculo acuático de acción en directo con acrobacias e explosións)

Far Far Away

[editar | editar a fonte]
Castelo da IP de Shrek a tamaño real

Baseada nos reinos dos filmes de Shrek, recrea o icónico castelo e a vila do famoso ogro. É a única representación desta zona temática nun parque Universal de Asia.

Atraccións e espectáculos principais
  • Shrek 4-D Adventure (espectáculo en 4D)
  • Puss in Boots' Giant Journey (montaña rusa familiar)
  • Donkey Live (espectáculo musical interactivo)
  • Magic Potion Spin (carrusel familiar)

Unha zona tropical e festiva baseada na exitosa saga de animación, deseñada especialmente para os máis cativos. A súa atracción principal, A Crate Adventure, é unha versión única desta Dark Ride no mundo ao situar os carrís en barca en lugar de sobre raís en terra.

Atraccións e espectáculos principais
  • Madagascar: A Crate Adventure (paseo en barca única pola historia do filme)
  • King Julien's Beach Party-Go-Round (carrusel temático)
  • Madagascar Furry Friends (encontro con personaxes)
  1. ↑ "Universal Studio". Consultado o 13-12-2025..
  2. ↑ "Universal Studios Singapore: General Information". statista.com. Consultado o 13-10-2024..
  3. ↑ "Battlestar Galactica:". Consultado o 21-12-2025..