Universal Studios Hollywood
Universal Studios Hollywood | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | Parque temático ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | California | |||
Condado | Condado dos Ánxeles | |||
Cidade chárter | Os Ánxeles | |||
Barrio | Hollywood ![]() | |||
Localización | Universal City ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1964 ![]() | |||
Inauguración | 30 de abril de 1912, 15 de marzo de 1915 e 15 de xullo de 1964 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | NBCUniversal ![]() | |||
Operador/a | Universal Destinations & Experiences (pt) ![]() ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | universalstudioshollywood.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Universal Studios Hollywood é un parque temático dos EUA, situado no Val de San Fernando, Os Ánxeles, California. É o primeiro parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios. O parque foi inicialmente deseñado só como un centro de visitantes para os seus estudios profesionais de cine e decorados reais usados en películas e series da firma. Co paso dos anos o parque comezou a inaugurar atraccións e áreas temáticas ata acadar os 9,6 millóns de visitantes, o parque foi o 8° parque temático máis visitado de América do Norte en 2023[1].O parque tamén é popularmente coñecido en California como "The Entertainment Capital of LA".
O Parque
[editar | editar a fonte]
Universal Studios Hollywood ten unha división principal por alturas: a planta ou lote superior e o lote inferior. Ambos están conectados pola construción dunhas escaleiras mecánicas que ata a construción das escaleiras Umeda Sky Building en Osaka, mativeron o récord das máis grandes e altas do mundo, que se estenden en tres paradas principais.
Lote Superior
[editar | editar a fonte]- Atraccións
- The Simpsons Ride
- Harry Potter and the Forbidden Journey
- The Wizarding World of Harry Potter
- Flight of the Hippogriff
- WaterWorld
- Universal’s Animal Actors
- Special Effects Stage
- The Blues Brothers
Lote Inferior
[editar | editar a fonte]- Atraccións
- Transformers the Ride 3D
- Revenge of the Mummy
- Jurassic Park – The Ride
- Mario Kart: Bowser's Challenge
Studio Tour
[editar | editar a fonte]

O Studio Tour é unha atracción con cola e acceso idénticas ao resto das do parque. Buses con remolques de pasaxeiros acoplados inician unha viaxe de 45 minutos polo lote dianteiro e polo lote traseiro do parque. Ademais dalgúns platós orixinais, os visitantes tamén poden ver gravacións en directo, actores e profesionais do audiovisual durante o seu traballo diario. A ruta amplíase e cámbiase regularmente para mostrar as películas actuais de Universal. En 2010 ampliouse con King Kong 360-3D, visita ao set da película combinado coa entrada a un túnel industrial con pantallas 3D na que todo o autobús sube a un escenario móbil para a simulación de movemento, sincronizado coa imaxe. O tren parece estar viaxando por unha selva e atopa dinosauros e a King Kong na adaptación cinematográfica de Peter Jackson. Ata 2011, Whoopi Goldberg acompañou aos convidados polo estudio a través de vídeo que se reproducía dentro do autobús durante a ruta, antes de que as secuencias fosen substituídas por novo material con Jimmy Fallon. En 2016, o Studio Tour ampliouse para incluír o espectáculo de acción en 3D Fast & Furios - Supercharged, con tecnoloxía similar á de King Kong.
Sets do percorrido
[editar | editar a fonte]Durante o percorrido os coches percorren algúns platós de rodaxe. Entre outros, estes son:
- Psicose
- Jurassic Park
- Back to the Future
- War of the Worlds
- Spider-Man
- The Mummy
- Meet the Fockers
- Crossing Jordan
- CSI
- Desperate Housewives
- King Kong
- The Fast and the Furious
- The Good Place
- Big Fat Liar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Leading amusement and theme parks in the United States in 2023, by attendance". statista.com. Consultado o 13-10-2024..