Unión Social Demócrata de Macedonia
Instancia de
Nome orixinal
Социјалдемократски сојуз на Македонија (mk)
Ideoloxía política
Posición política
Presidente/a
Secretario/a
Membro de
Fundación / creación
20 de abril de 1991
Sede
Lugar de formación
País
Wikidata
A Unión Social Demócrata de Macedonia (en macedonio : Социјалдемократски сојуз на Македонија, Socijaldemokratski sojuz na Makedonija , SDSM ) é un partido político de Macedonia do Norte .
É o sucesor da Liga de Comunistas de Macedonia , o partido gobernante durante o réxime comunista que dirixiu a República Socialista de Macedonia como república constituínte da República Federal Socialista de Iugoslavia dende 1945 a 1990. A líder actual do partido é Radmila Šekerinska . Foi elixida o 5 de novembro de 2006 como líder do partido.[ 1] Dende setembro de 1992 a 1998 e dende 2002 a 2006 , a SDSM foi o partido con máis representación no Parlamento de Macedonia e o principal partido do goberno, e ten amosado unha actitude moderada e reconciliadora cara ás minorías étnicas en Macedonia. En canto á súa ideoloxía , pódese dicir que malia seren o sucesor dun partido comunista e chamarse "socialdemócrata ", o influente grupo de presión empresarial na SDSM está a mover ao partido nunha dirección neoliberal . Consecuentemente, a SDSM ten menos apoios nas clases baixas e máis apoios nas clases altas que os que cabería agardar dun partido socialdemócrata.
O partido perdeu as eleccións ao Parlamento de Macedonia de 1998 , pero nas eleccións lexislativas do 15 de setembro de 2002 , o partido converteuse no partido con máis forza obtendo 43 dos 120 escanos na Asemblea de Macedonia do Norte e o maior partido da alianza Xuntos por Macedonia , liderada pola SDSM e o Partido Liberal Democrático . Xuntos por Macedonia gobernou en coalición coa Unión Democrática para a Integración .
Radmila Šekerinska é a líder actual da SDSM. Foi elixida Presidenta o 5 de novembro de 2006, no Congreso do partido que seguiu á moción de censura contra o líder anterior, Vlado Bučkovski . Šekerinska fora previamente deputada Primeira Ministra da República de Macedonia responsable para a Integración Europea e da Coordinación Nacional para a Asistencia Estranxeira. Estivo tamén actuando como Primeiro Ministro da República de Macedonia dende o 12 de maio de 2004 até o 12 de xuño de 2004 , e dende o 3 de novembro de 2004 até o 15 de decembro de 2004.
Durante o seu mandato como deputada Primeira Ministra responsable para Asuntos Europeos, o Consello Europeo garantiu en decembro de 2005 o status de país candidato á UE a Macedonia do Norte .
O líder do partido até 2004 foi Branko Crvenkovski , que serviu como Primeiro Ministro de Macedonia dende 1992 até 1998, e dende 2002 até 2004. Crvenkovski foi entón elixido para que fose Presidente de Macedonia do Norte , posto que aínda ostenta. A presidencia do partido pasou a Vlado Bučkovski , que foi o líder do partido e Primeiro Ministro até as eleccións parlamentarias de 2006 . Outros memrbos importante do partido son: Jani Makraduli , Zoran Zaev , Goran Mincev , Nikola Popovski , Ilinka Mitreva , Nikola Kjurkciev e outros. A SDSM é membro en pleno dereito da Internacional Socialista e membro asociado do Partido dos Socialistas Europeos .
O 30 de novembro de 2005 , un dos membros máis importantes da SDSM, Tito Petkovski , que presentarase a presidente en 1999 e que quedara en segundo lugar, deixou o partido para formar o Novo Partido Socialdemócrata . Esta é a segunda maior escisión da SDSM, a primeira foi a escisión de 1993 de Petar Gošev , que creou o Partido Democrático .
Nas eleccións parlamentarias do 5 de xullo de 2006 , o partido foi derrotado, recibindo 32 dos 120 escanos.