Saltar ao contido

Unión Panamericana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUnión Panamericana

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°16′53″N 76°37′48″O / 5.2814, -76.63
EstadoColombia
DepartamentoChocó Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.600 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude119 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webunionpanamericana-choco.gov.co Editar o valor en Wikidata

Unión Panamericana é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Chocó. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 7.627 habitantes.[1]

A súa cabeceira municipal é o centro poboado Las Ánimas.

Unión Panamericana foi erixido en concello mediante ordenanza 011 do 30 de xullo de 1999, segregado dos concellos de Tadó e Istmina.[2]

Economía

[editar | editar a fonte]

A produción minera é a base da súa economía.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello atópase na parte sueste do departamento de Chocó, sobre a vía que conduce de Pereira a Quibdó. Une os concellos da subrexión do San Juan cos do Atrato, o eixo cafeteiro e a saída ao mar pola Panamericana.[2]

  1. "Censo 2018 - Población ajustada por cobertura". Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 24 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nuestro municipio". Alcaldía Municipal de Unión Panamericana. Consultado o 6 de abril de 2024.