Unión Obrera Metalúrgica
| Unión Obrera Metalúrgica | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
A Unión Obreira Metalúrgica (UOM) é o sindicato que agrupa aos traballadores da metalurxia na República Arxentina. Foi tradicionalmente un dos alicerces do sindicalismo peronista; ás súas filas pertenceron Augusto Timoteo Vandor, José Ignacio Rucci e Lorenzo Miguel, figuras principais das 62 Organizaciones, así como Felipe Vallese, considerado o primeiro desaparecido da historia arxentina contemporánea.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobre o antecedente da Sociedad de Resistencia Metalúrgica, fundada pouco antes da Semana Trágica de 1919, foi creada o 20 de abril de 1943 dentro da Confederación General del Trabajo, agrupando a bronceiros, caldeiros, cerralleiros, fundidores, ferreiros de obra e ourives de diversas liñas políticas. O seu primeiro secretario xeral foi Nicolás Giuliani, a quen se debía a idea de unificar as distintas agrupacións metalúrxicas. Pouco máis tarde viu a luz o seu distintivo, unha engrenaxe de doce dentes enmarcando a sigla UOM, en pleno estilo futurista, similar ao sol que aparece na bandeira arxentina.
Conta cunha obra social, Forjar, fundada no ano 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial Arquivado 30 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)