Unión Deportiva Sámano
| UD Sámano | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Unión Deportiva Sámano | ||
| Alcume(s) | Lobos, Laranxas | ||
| Fundación | 1978 | ||
| Estadio | Vallegón | ||
| Inauguración | 1976 | ||
| Capacidade | 1.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 2ª Federación – Grupo 1 | ||
| 2024–25 | 1º (3ª – Grupo 1) | ||
| Na rede | |||
| https://udsamano.com | |||
| |||
A Unión Deportiva Sámano é un club de fútbol español con sede en Sámano (Castro Urdiales, Cantabria).[1] Fundado en 1978, actualmente xoga no Grupo I da Segunda Federación. Os seus partidos na casa dispútanse no Estadio Vallegón, que ten capacidade para uns 1.000 espectadores.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A Unión Deportiva Sámano fundouse en 1978.[3] Competiu principalmente en categorías rexionais, ata que en 1987 conseguiu o ascenso á Terceira División, na que permaneceu dous anos, antes de regresar ao fútbol rexional durante dúas décadas e media máis.
Estadio
[editar | editar a fonte]O seu terreo de xogo é o campo de Vallegón, situado no polígono industrial do mesmo nome en Sámano. Ten unha capacidade aproximada duns 1.000 espectadores.[4] Orixinalmente o campo era de herba natural, esta foi substituída por herba artificial nunhas obras de renovación que se completaron en 2023.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "U.D. Sámano :: Datos del Club ::". Consultado o 2020-08-28.
- ↑ "Dimensiones, asistencia de Estadio Vallegon en Cantabria - Fichajes.com". Consultado o 2020-08-28.
- ↑ "Cuenta oficial de la Unión Deportiva Sámano. Club de fútbol fundado en 1978". Consultado o 25 de julio de 2023.
- ↑ "Ficha do Campo de Vallegón". federacioncantabradefutbol.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2025.
- ↑ Irene Bajo (1 de abril de 2023). El Diario Montañés, ed. "Los clubes de Castro estrenan el renovado campo de fútbol de Vallegón". Consultado o 3 de novembro de 2025.