Uncia (moeda)
- Para a unidade romana de masa, ver Onza (masa).
A uncia (voz latina; en galego: "doceavo") ou onza romana foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, emitida tanto na República como no Imperio, con peso variable en función do sistema e cun valor da doceava parte dun ás.[1][2][3][4]
Historia
[editar | editar a fonte]Moeda republicana
[editar | editar a fonte]No sistema ponderal dos primeiros tempos da República romana, a uncia naceu como unha unidade de peso romano-osca (23 gramos) equivalente á doceava parte dunha libra (nesa época de 273 gramos).[5]
Baixo o sistema libral do aes grave, cunha libra de 327 gramos, emitiuse ocasionalmente como unha moeda de aproximadamente 27 gramos, nos primeiros momentos da produción romana de moeda fundida de bronce.
Os motivos máis recorrentes dos anversos destas bastas moedas con valor dunha uncia eran os cotobelos dunha man (ca. 289-245 a. de C), un gran de cebada (ca. 280-245 a. de C.) e o busto dunha alegoría de Roma con casco, neste caso coa proa de barco nos reversos, característica das cuñaxes de bronce desta época (a partir de ca. 240 a. de C.).[6]
A uncia republicana deixou de emitirse a finais do século II.[7]
Moeda do Imperio
[editar | editar a fonte]Xa en tempos do Imperio a uncia reviviu momentaneamente baixo os mandatos de Traxano (98-117 d. de C.) e de Hadriano (117-138 d. de C.), como unha pequena moeda de entre 11 e 14 milímetros de diámetro e un peso de entre 0,8 e 1,2 gramos, que probablemente se emitise unicamente para a súa circulación na parte oriental do imperio.[8]
Nos seus anversos, estas novas uncias exhibían o busto do emperador, carente de calquera lenda, e nos reversos as iniciais SC (Senatu Consulto) nunha grilanda.[9][10]
Múltiplos e divisores
[editar | editar a fonte]A onza romana como moeda tivo os seguintes múltiplos e divisores:[11]
Divisores
[editar | editar a fonte]- Semuncia (media uncia).
- Quartuncia (cuarto de uncia).
Múltiplos
[editar | editar a fonte]- Dextans (dez uncias).
- Dodrans (nove uncias).
- Bes (oito uncias).
- Semis (seis uncias).
- Quincunx (cinco uncias).
- Triens (catro uncias).
- Quadrans (tres uncias).
- Sextans (dúas uncias).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Uncia". En Melville Jones, J. R. (1990).
- ↑ "Uncia". En Mateu y Llopis, F. (1946)
- ↑ "Once". En Amandry, M. (2001)
- ↑ "Uncia". En Forum Ancient Coins.
- ↑ "Uncia (1). En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
- ↑ Boyne, William. (1865). Páxina 7.
- ↑ "Uncia (2)". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
- ↑ "Uncia (pl. unciae)". En Vagi, D. L. (2001).
- ↑ "The uncia". En Roman bronze coins. www.monete-romanae.com
- ↑ "Uncia". En Online Coins of the Roman Empire. www.numismatics.org
- ↑ Véxanse as respectivas entradas en Alfaro Asins, C. et al. (2009)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uncia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
- Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163
- William Boyne, A Manual of Roman Coins: from the earliest period to the extinction of the empire. W. H. Johnston, 1865.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Uncia". Descricións e fotografías de uncias en CoinArchives.
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.