Un simple accident
| Un simple accident | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Un simple accident (en persa: یک تصادف ساده; Yek tasādof-e sāde) é un filme de suspense político de 2025 escrito e dirixido por Jafar Panahi. O filme é unha coprodución entre Irán, Francia e Luxemburgo. Conta a historia dun grupo de expresos políticos iranianos que se enfrontan á cuestión de vingarse dun home que cren que pode ser o seu torturador. Panahi, que é crítico co goberno iraniano e foi encarcerado varias veces, realizou o filme sen o permiso oficial de filmación das autoridades iranianas.[1][2][3][4]
Estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 20 de maio, onde gañou a Palma de Ouro, e recibiu a aclamación da crítica. Nos Globos de Ouro, converteuse no primeiro filme iraniano en ser nomeado nas categorías de mellor filme - drama, mellor director e mellor guión, así como ao mellor filme estranxeiro. Na 98ª edición dos Óscar, foi nomeado nas categorías de mellor filme internacional (Francia)[5] e mellor guión orixinal.[6][7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Vahid Mobasseri como Vahid
- Mariam Afshari como Shiva
- Ebrahim Azizi como Eghbal
- Hadis Pakbaten como Goli/Golrokh
- Majid Panahi como Ali
- Mohamad Ali Elyasmehr como Hamid
- Delnaz Najafi como filla de Eghbal
- Afssaneh Najmabadi como muller de Eghbal
- Georges Hashemzadeh como Salar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Movie Review: Jafar Panahi's 'It Was Just an Accident' is a darkly moving and funny look at revenge". AP News (en inglés). 15 de outubro de 2025. Consultado o 18 de outubro de 2025.
- ↑ "'It Was Just an Accident' Review: A Liberation Story Straight From Iran" (en inglés). 15 de outubro de 2025. Consultado o 18 de outubro de 2025.
- ↑ Ehrlich, David (13 de outubro de 2025). "'It Was Just an Accident' Review: Five Iranian Dissidents Debate Killing Their Former Torturer in Jafar Panahi's Breathless Moral Thriller". IndieWire (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2025.
- ↑ "Un simple accident Review: Jafar Panahi returns with Cannes gold.". Films Fatale (en inglés). 31 de maio de 2025. Consultado o 18 de outubro de 2025.
- ↑ Goodfellow, Melanie (17 de setembro de 2025). "Oscars: France Selects Jafar Panahi's 'It Was Just An Accident' As 2026 Best International Feature Candidate". Deadline (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2025.
- ↑ "98th Oscars Shortlists in 12 Award Categories Announced". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 16 de decembro de 2025. Consultado o 19 de decembro de 2025.
- ↑ Hilary Lewis, Beatrice Verhoeven (16 de decembro de 2025). "2026 Oscars Shortlists Revealed". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2025.