Saltar ao contido

Un poeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un poeta
 Título
Un poeta Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
Publicación
 Data de publicación
19 de maio de 2025 (Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025)
28 de agosto de 2025 (Colombia) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
2 horas Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt36544524 Filmaffinity: 102945 Allocine: 1000023462 Rottentomatoes: m/a_poet Allmovie: am637509 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Un poeta é un filme traxicómico[1] de 2025 escrito, coproducido e dirixido por Simón Mesa Soto. É unha coprodución entre Colombia, Alemaña e Suecia. Está protagonizado por Ubeimar Ríos, Rebeca Andrade, Guillermo Cardona, Allison Correa, Margarita Soto e Humberto Restrepo.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025 o 19 de maio de 2025. Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios.[2]

A obsesión de Óscar Restrepo coa poesía non lle trouxo gloria. Envellecido e errático, converteuse no cliché do poeta nas sombras. Cando coñece a Yurlady, unha adolescente, el axúdaa a cultivar o seu talento.[3]

Elenco e director do filme en Cannes.
  • Ubeimar Ríos como Óscar Restrepo
  • Rebeca Andrade
  • Guillermo Cardona
  • Allison Correa
  • Margarita Soto
  • Humberto Restrepo

Produción

[editar | editar a fonte]

A fotografía principal realizouse en Medellín.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]