Un chien andalou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un chien andalou
Ficha técnica
Director Luis Buñuel
Guión Luis Buñuel
Salvador Dalí
Intérpretes Simone Mareuil
Paul Batcheff
Fotografía Albert Duverger
Jimmy Berliet
Montaxe Luis Buñuel
Estrea 6 de xuño de 1929
Duración 16 minutos
Orixe Flag of France.svg Francia

Un chien andalou é unha curtametraxe surrealista muda dirixida por Luis Buñuel en 1929, baseada nun guión do propio Buñuel e de Salvador Dalí.

Argumento[editar | editar a fonte]

Érase unha vez... Un home afía unha navalla de afeitar mentres mira como unha nube atravesa a lúa. Da mesma forma el corta un ollo da súa muller.

Oito anos despois... Un ciclista pedalea pola rúa. A muller deixa caer o libro que estaba a ler e o ciclista cae. Na habitación coloca a roupa do ciclista na cama mentres da man do home xorden formigas.

Cara ás tres da madrugada... Un home castiga a outro contra a parede con libros na man. A muller entra no cuarto e ve unha bolboreta Acherontia atropos.

En primavera... Nunha paisaxe deserta o home e a muller están enterrados ata o peito.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Simone Mareuil como Moza
  • Pierre Batcheff como Home

Os actores non acreditados son:

  • Luis Buñuel
  • Salvador Dalí
  • Robert Hommet
  • Marval
  • Fano Messan
  • Jaume Miravitlles

Música[editar | editar a fonte]

En 1960 Buñuel engadiu unha banda sonora composta por unha peza de Tristan und Isolde, de Richard Wagner e dous tangos arxentinos.

Influencia posterior[editar | editar a fonte]

Alfred Hitchcock incluíu no seu filme Spellbound unha escena onírica creada por Dalí na que se homenaxeaba a este filme cun ollo pintado nunhas cortinas. David Bowie tamén proxectaba esta escena na súa xira de 1976. O título é referenciado na canción "Debaser" de Pixies.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]