Ummagumma
| Ummagumma | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pink Floyd | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Ummagumma é un álbum parcialmente de estudio e parcialmente en directo da banda británica de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 7 de novembro de 1969 a través do selo Harvest Records.[1] É un álbum dobre onde o primeiro disco consta de gravacións en directo de concertos no Mothers Club en Birmingham e no College of Commerce en Manchester que contiñan parte da súa lista de cancións habitual da época, mentres que o segundo contén composicións en solitario de cada membro da banda gravadas nos estudios EMI, conformando o cuarto álbum de estudio de Pink Floyd.[2][3] A portada foi deseñada polos colaboradores habituais de Pink Floyd, Hipgnosis, e presenta varias imaxes da banda combinadas para darlle un efecto Droste.
O título do álbum supostamente provén da xerga de Cambridge para sexo,[4][5] usada habitualmente por Iain "Emo" Moore, amigo de Pink Floyd e ocasional roadie, que dicía: "Vou volver á casa para un pouco de ummagumma". Segundo Moore, inventouse o termo el mesmo.[6] O batería Nick Mason dixo máis tarde que o álbum foi titulaba así "porque soaba interesante e agradable".[7]
Aínda que Ummagumma tivo unha boa acollida no momento do seu lanzamento e chegou ao top 5 das listas de álbums do Reino Unido, co paso do tempo a crítica e mesmo a propia banda valorárono de maneira pouco favorable, expresando opinións máis ben tépedas en entrevistas. O álbum foi reeditado en CD varias veces, xunto co resto do seu catálogo.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]älbum ao vivo
[editar | editar a fonte]| Cara 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Álbum orixinal | Duración | |||||
| 1. | "Astronomy Domine" | Syd Barrett | The Piper at the Gates of Dawn, 1967 | 8:25 | |||||
| 2. | "Careful with That Axe, Eugene" | cara B do sinxelo "Point Me at the Sky", 1968 | 8:47 | ||||||
| Cara 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Álbum orixinal | Duración | |||||
| 1. | "Set the Controls for the Heart of the Sun" | Waters | A Saucerful of Secrets, 1968 | 9:21 | |||||
| 2. | "A Saucerful of Secrets"
|
| A Saucerful of Secrets, 1968 | 12:51 | |||||
| 22:12 39:24 | |||||||||
Álbum de estudio
[editar | editar a fonte]| Cara 3 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 1. | "Sysyphus"
| Wright | 13:32 |
||||||
| 2. | Sin título | Waters | 7:23 | ||||||
| 3. | "Several Species of Small Furry Animals Gathered Together in a Cave and Grooving with a Pict" | Waters | 4:47 | ||||||
| 25:42 | |||||||||
| Cara 4 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
| 1. | "The Narrow Way"
| Gilmour | 12:14 | ||||||
| 2. | "The Grand Vizier's Garden Party"
| Mason | 8:55 | ||||||
| 21:09 46:51 (86:32) | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Povey 2007, p. 115
- ↑ Povey 2007, p. 74
- ↑ Alistair Lawrence (2012). Abbey Road: The Best Studio in the World. A&C Black. p. 14. ISBN 9781408832417
- ↑ Schaffner 2005, p. 157
- ↑ Manning 2006, p. 160
- ↑ Blake 2008, p. 137
- ↑ Guesdon & Margotin 2017, p. 182
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blake, Mark (25 de novembro de 2008). Comfortably Numb: The Inside Story of Pink Floyd. Da Capo Press Inc. p. 137. ISBN 978-0306817526.
- Guesdon, Jean-Michel; Margotin, Philippe (2017). Pink Floyd All the Songs – The Story Behind Every Track. Running Press. ISBN 978-0-316-43923-7.
- Manning, Toby (2006). The Rough Guide to Pink Floyd (1st ed.). London: Rough Guides. ISBN 1-84353-575-0.
- Povey, Glenn (2007). Echoes: The Complete History of Pink Floyd. Mind Head Publishing. ISBN 978-0-955-46240-5.
- Schaffner, Nicholas (2005). Saucerful of Secrets: The Pink Floyd Odyssey (New ed.). London: Helter Skelter. ISBN 1-905139-09-8.