Umia CF
| Umia CF | ||
|---|---|---|
| Nome | Umia Club de Fútbol de Ribadumia | |
| Fundación | 1924 | |
| Estadio | A Bouza | |
| Capacidade | 1.500 aprox. | |
| Presidente | ||
| Adestrador | ||
| Liga | Preferente Galicia (Grupo 2) | |
| 2025-26 | 18º | |
| Na rede | ||
| ||
O Umia Club de Fútbol é un equipo de fútbol do concello pontevedrés de Ribadumia, fundado en 1924. Na tempada 2026-27 compite na Primeira Futgal. Xoga os seus partidos como local no campo municipal da Bouza, na parroquia de Barrantes.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse en 1924, sendo un dos máis antigos de Galicia.[1] Comezou xogando no campo municipal do Pisco, e foi itinerando entre diferentes estadios até o actual campo da Bouza, en Barrantes.
Na tempada 19890/90 acadou o ascenso á categoría de Preferente Galicia, na que competiu o ano seguinda por vez primeira na súa historia, malia só se manter durante unha tempada. Na tempada 2020/21 vovleu ascender á categoría Preferente, e desde entón foi alternando dita categoría coa Primeira Futgal. En 2026 finalizou en último lugar no grupo 2 da Preferente Galicia, consumando o seu descenso á Primeira Futgal.
En 2024 celebrou o seu centenario.[2][3] Realizáronse unha serie de actos para conmemorar a historia do club, nos que se incluíron unha exposición fotográfica e de camisolas históricas do club, así coma un xantar popular no Centro Social de Barrantes.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en Primeira división: 0
- Tempadas en Segunda división: 0
- Tempadas en Segunda división B: 0
- Tempadas en Terceira división: 0
- Tempadas en Preferente Autonómica: 7
Campo
[editar | editar a fonte]
O Umia Club de Fútbol xoga os seus partidos como local no campo municipal da Bouza, na parroquia de Barrantes. O estadio, de herba sintética, foi remodelado entre 2025 e 2026, cunha inversión de máis dun millón de euros, financiados por organismos públicos como o Concello de Ribadumia e Turismo de Galicia.[6] Ten unha capacidade aproximada de entre 1500 e 2000 espectadores, repartidos en dúas bancadas. Ten o selo de calidade de FIFA Quality Pro[7]. Dispón tamén dun edificio multiusos de dous andares.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde, Carla. "100 años de pasión en Barrantes". Diario de Pontevedra.
- ↑ "El Umia CF celebra sus 100 años con una comida en Ribadumia". Diario de Arousa.
- ↑ "Centenario do Umia CF". Diario de Pontevedra.
- ↑ Doval, Diego. "Os cien años del Umia". Faro de Vigo.
- ↑ "O Umia CF abre unha nova etapa, con Fernando Romero á fronte.". La Voz de Galicia.
- ↑ "La Xunta impulsa una gran renovación de las instalaciones deportivas de Barrantes". Diario de Pontevedra.
- ↑ González, Paloma. "El nuevo césped del campo de A Bouza costará 267.178,91 euros y tendrá sello FIFA.". La Voz de Galicia.
- ↑ "Arranca el proyecto para dotar de un edificio al campo de A Bouza.". Faro de Vigo.