Ulysses (sonda espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ulysses
Ulysses at Jupiter H1.jpg
Representación de Ulysses cerca de Xúpiter
Tipo Observación solar
Organización ESA / NASA
Data de lanzamento 6 de outubro de 1990, 11:47 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Transbordador espacial Discovery[3][5]
Sitio de lanzamento Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6]
Obxectivo da misión Estudo do vento e campos solares.[3][6]
NSSDC ID 1990-090B
Masa 370,0 kg[3]
Potencia 285,0 W[3]

Ulysses foi unha sonda espacial conxunta da ESA e da NASA lanzada no transbordador espacial Discovery na misión STS-41 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 6 de outubro de 1990.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Ulysses, orixinalmente denominada International Solar Polar Mission (ISPM), foi estudar as características solares a altas latitudes, en especial as propiedades do vento solar, o campo magnético interplanetario, os raios cósmicos galácticos e o gas neutro interestelar, así como a composición das partículas cargadas e a súa aceleración. Entre os instrumentos atópanse dous magnetómetros, dous detectores de plasma do vento solar, un instrumento de ondas de radio e plasma, tres detectores de partículas cargadas, un sensor de gas neutro interestelar, un detector de raios gamma e raios X e un detector de po cósmico. O sistema de comunicacións tamén foi usado para recoller datos científicos.[3][5][6]

A nave foi enviada cara Xúpiter para, mediante asistencia gravitatoria, inclinar a súa órbita e poder estudar latitudes nunca antes observadas do Sol. A nave estabilizábase mediante xiro a 5 r.p.m. e a alimentación eléctrica era proporcionada por un único xerador termoeléctrico de radioisótopos.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ULYSSES" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 January 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (92-02818). 21 de xaneiro de 1992: 17. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Ulysses" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Ulysses" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Ulysses" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Ulysses" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]