Uladzimir Karatkievič

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uladzimir Karatkievič
Karatkievich student.jpg
Nacemento26 de novembro de 1930
 Orsha
Falecemento25 de xullo de 1984
 Minsk
Causadoenza
SoterradoEastern Cemetery
NacionalidadeRepública Socialista Soviética de Belarús
EtniaPobo bielorruso
Alma mátersen etiquetar
Ocupacióndramaturgo, tradutor, poeta, mestre, escritor e guionista
Coñecido/a porKing Stakh's Wild Hunt, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosOrder of Friendship of Peoples
editar datos en Wikidata ]

Uladzimir Karatkievič (en belaruso: Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч), nado en Orsha o 26 de novembro de 1930 e finado o 25 de xullo de 1984, foi un escritor belaruso, unha das figuras máis destacables da literatura belarusa da segunda metade do século XX [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1954 graduouse en filoloxía pola Universidade de Kiev. Primeiro estivo destinado como profesor de lingua rusa nunha escola nunha aldea da rexión de Kiev (1954-56) e logo na súa cidade natal (1956-58). Máis tarde, completou cursos de literatura avanzada (1960), e despois de cinematografía (1962), ambos os dous en Moscova e despois converteuse nun escritor profesional. Comezou a escribir moi novo, os seus primeiros poemas, contos e artigos publicounos nunha revista escolar de Orsha durante a posguerra[2]. Mentres estudaba en Kiev compuxo poemas en belaruso e ruso e escribiu no verán de 1950 primeira versión da que sería a súa grande obra,Дзікае паляванне караля Стаха[3]. En 1951 apareceron na revista do distrito de Orsha Ленінскі прызыў os dous primeiros poemas publicados, «Тут будет канал» (en ruso) e «Якубу Коласу» (en belaruso) aos que lle seguiron tres coleccións de versos. Así e todo foi sobre todo coñecido como narrador, publicou varias coleccións de relatos e catro novelas, a máis coñecida foi Дзікае паляванне караля Стаха en 1964. As súas novelas tratan do pasado histórico de Belarús, incluíndo a insurección de xaneiro de 1863 – 1865. Karatkievič tamén escribiu varias pezas teatrais, ensaios, artigos, guións cinematográficos, e algunhas historias de detectives e de aventuras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 3 — ISBN 985-08-0666-4.
  2. Макарэвіч А. М., Яфімава М. Б., і інш. Уладзімір Караткевіч // Беларуская дзіцячая літаратура / Пад рэд. А. М. Макарэвіча, М. Б. Яфімавай. — Мн.: Вышэйшая школа, 2008. — páx. 460 ISBN 978-985-06-1440-7
  3. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 7 — ISBN 985-08-0666-4.