Ucraínofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sentimento anti-ucraíno ou Ucrainofobia é o odio aos ucraínos, á cultura ucraína, á lingua ucraína ou á Ucraína como unha nación.[1] Está moi presente en Polonia e na antiga Unión Soviética, sobre todo en Rusia e nalgunhas partes do leste da Ucraína, na fronteira con Rusia, moi habitada por rusos.[2] O seu contrario é Ucraínofilia.

Os estudos modernos establecen dous tipos de sentimento anti-ucraíno: un baseado na discriminación dos ucraínos en base á súa orixe étnica e cultural (similar a outras manifestacións de xenofobia e racismo ), e outra baseada no rexeitamento conceptual dos ucraínos, a cultura ucraína e a linguaxe ucraína como artificial e antinatural. No século XX, varios autores apoiaron unha afirmación de que a identidade e a lingua ucraína fora creada artificialmente ao fin de debilitar a Rusia.[3] Este argumento foi promulgado por varios autores conservadores rusos. Non obstante, é un argumento totalmente falso, dado que a lingua ucraína, ao igual que a lingua bielorrusa, proceden da lingua rutena.

Ucraínofobia por país[editar | editar a fonte]

Ucraína[editar | editar a fonte]

Debuxo de Vidsich sobre a situación lingüística na Ucraína. Nel móstrase un xigantesco home ruso e unha nena coas cores nacionais nun transporte público.

O domingo 15 de xullo de 2012, a emisora ​​de televisión nacional en Ucraína, Pershyi Natsionalnyi (Перший національний), no seu programa de noticias "Resumo da semana" (Підсумки тижня) mostrou imaxes de vídeo do desenvolvemento dos sentimentos anti-ucraínos en Ucraína.[4]

Caso Bilozir[editar | editar a fonte]

O 8 de maio de 2000, Ihor Bilozir, compositor e artista ucraíno foi asasinado en Lviv.[5] Foi golpeado ata a morte preto da oficina do Fiscal do Estado rexional (no antigo edificio do Partido Comunista de Lviv). Un policía, que estaba facendo a patrulla, non interveu porque un dos atacantes era fillo do Xefe adxunto da Militsiya (servizo de policía desde a época soviética) de Lviv. Os atacantes, presos nun primeiro momento, foron liberados. Pero finalmente foi emitido un mandato de busca e captura no 22 de maio, cando un dos agresores fuxiu. O 6 de xaneiro de 2001 atopouse ao fuxitivo en Crimea. En decembro de 2000, na memoria de Ihor Bilozir, na cidade de Ivano-Frankivsk, renomeouse a rúa R. Zorge co seu nome. Os seus dous atacantes foron encarcerados por un delito de asasinato por ucraínofobia, dado que eles mesmos, no xuízo, confesaron darlle a malleira por terlle oílo falar en ucraíno.

Outros Casos[editar | editar a fonte]

  • O 17 de abril de 2009, Maksym Chaika, unha estudante de 20 anos da Universidade Nacional de Odesa, foi asasinada en Odesa.[6] Chaika era un membro de Sich, un movemento da mocidade patriótica da Ucrania. Algúns observadores din que Chaika criticara abertamente ás actividades pro-rusas de Markov, ao seu partido (Rodina) e á televisión local (ATB), que simpatizaban con Markov.
  • O 25 de maio de 2013, un residente de Kiev foi golpeado simplemente por falar na lingua ucraína.[7]

Rusia[editar | editar a fonte]

Nunha investigación realizada polo Centro Levada, en xuño de 2009 en Rusia o 75% dos entrevistados rusos respectaba aos ucraínos como grupo étnico, pero o 55% foron negativos sobre o Estado ucraíno. En maio de 2009, un 96% dos ucraínos entrevistados polo Instituto Internacional de Socioloxía de Kiev foron positivos sobre os rusos como grupo étnico, e o 93% respectaba a Federación Rusa como estado.[8]

Algúns medios de comunicación rusos parecen intentar desacreditar á Ucraína. Medios como Komsomolskaya Pravda parecen intentar fomentar a mala relación entre Ucraína e Rusia. Hai algúns filmes rusos con insultos ucraínofobicos, pero sen ningunha crítica ao seu goberno. A actitude ucraínofobica persiste entre algúns políticos rusos, como o ex-alcalde de Moscova, Yuri Luzhkov, e o líder do Partido Liberal Democrático de Rusia e Vicepresidente do Parlamento ruso, Vladímir Zhirinovski.

Filmes con mensaxe ucraínofobico[editar | editar a fonte]

  • Irmán 2 (Брат 2)
  • 72 metros (72 метра)

Canadá[editar | editar a fonte]

A discriminación anti-ucraína era endémica en Canadá desde a chegada dos ucraínos ao Canadá ao redor de 1891 ata o final do século XX. Durante a Primeira Guerra Mundial, uns oito mil ucraínos-canadenses foron internados polo goberno canadense como "estranxeiros inimigos", como procedentes dun territorio integrado no Imperio Austríaco.

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Segundo o historiador ucraíno-americano, Petro Mirchuk, existía unha forte ucraínofobia entre os membros do pobo xudeu en Estados Unidos durante a década de 1990, así como entre algúns rusos-estadounidenses. Referiuse a xuízos contra os ucraínos que foron acusados ​​de crimes de guerra contra xudeus polos procuradores da Oficina de Investigacións Especiais, comparándoos coa caza de bruxas.[9]

Notas[editar | editar a fonte]