Ubaldo González González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ubaldo González González
Nacementovalor descoñecido
 Entrimo
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ubaldo González González, nado en Entrimo, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a II República foi alcalde de Entrimo. En novembro de 1934 foi suspendido do cargo e multado con 1000 pesetas por asistir a unha comida na honra a un detido.[1] Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu á aldea de Ribeiro na freguesía de Castro Laboreiro cunha ducia de seguidores, entre eles o seu irmán Ricardo, para eludir a orde de detención que por negarse á recoñecer á autoridade militar cando lle foi comunicado o bando de declaración do estado de guerra[2]. Ao pouco tempo marchou para Francia. Foi xulgado en Ourense por desobediencia e declarado en rebeldía.


Predecesor:
?
 Escudo de Entrimo (1964).svg
Alcalde de Entrimo
 
1931 - 1934
Sucesor:
Manuel Rodríguez
Predecesor:
José González Garrido
 Escudo de Entrimo (1964).svg
Alcalde de Entrimo
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 6-11-1934, p. 12.
  2. Prada Rodríguez, Julio (2006). Universidade de Vigo, ed. "Fuxidos, entobados, desertores e contrabandistas. Aproximación á problemática das orixes da resistencia antifranquista en Ourense" (PDF). Minius XIV: 221–238. Consultado o 20 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. p. 59, 256-266. ISBN 978-84-608-9994-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]