US-A
US-A (acrónimo de Upravliaemi Sputnik Aktivnii, ou Satélite Controlado Activamente), coñecidos como RORSAT en occidente, foi unha serie de satélites de recoñecemento mediante radar da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.[1][2]
Características[editar | editar a fonte]
Os satélites US-A eran satélites de recoñemento mediante radar adicados fundamentalmente a vixiar os océanos. Os requerimentos de enerxía do sistema de radar fixo que se decidira alimentalos mediante enerxía nuclear. Ao finalizar a súa misión, o compartimento do reactor nuclear separábase e era enviado a unha órbita superior para evitar que caera na superficie terrestre. A pesar diso dous dos satélites non foron capaces de enviar o seu reactor a unha órbita segura: o reactor do denominado Kosmos 954 (US-A 15) acabou caendo sobre Canadá, contaminando 124 000 km2, e o de Kosmos 1402 (US-A 22) caeu sobre o Atlántico Sur.[2][1]
Lanzáronse 32 US-A, un deles fallando en chegar a órbita. Todos foron lanzados desde o cosmódromo de Baikonur mediante foguetes Tsiklon-2. As versións pasivas dos US-A denomináronse US-P e US-PM.[2][1]
Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]
Misión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Foguete lanzador[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|
US-A 1 | 3 de outubro de 1970 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 2 | 1 de abril de 1971 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 3 | 25 de decembro de 1971 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 4 | 21 de agosto de 1972 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 5 | 25 de abril de 1973 | Tsiklon-2 | Fallo |
US-A 6 | 27 de decembro de 1973 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 7 | 15 de maio de 1974 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 8 | 17 de maio de 1974 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 9 | 2 de abril de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 10 | 7 de abril de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 11 | 12 de decembro de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 12 | 17 de outubro de 1976 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 13 | 21 de outubro de 1976 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 14 | 16 de setembro de 1977 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 15 | 18 de setembro de 1977 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 16 | 29 de abril de 1980 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 17 | 5 de marzo de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 18 | 21 de abril de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 19 | 24 de agosto de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 20 | 14 de maio de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 21 | 1 de xuño de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 22 | 30 de agosto de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 23 | 2 de outubro de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 24 | 29 de xuño de 1984 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 25 | 31 de outubro de 1984 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 26 | 1 de agosto de 1985 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 27 | 23 de agosto de 1985 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 28 | 21 de marzo de 1986 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 29 | 20 de agosto de 1986 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 30 | 18 de xuño de 1987 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 31 | 12 de decembro de 1987 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 32 | 14 de marzo de 1988 | Tsiklon-2 | Éxito |