UL Bohemian R.F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «UL Bohemian RFC»)
UL Bohemians
NomeUL Bohemian Rugby Football Club
Alcume(s)"The Red Robins" ou "The Bohs"
Fundación1999
SedeLimerick, Irlanda
Estadio(s)Thomond Park, Limerick
Capacidade26,500 (15,100 sentadas) espectadores
PresidenteGraham Burns
AdestradorIan Costello e Christy Neilan
Liga(s)AIB League
Casa
Na rede
UL Bohemians

O UL Bohemian RFC é un club de rugby da 1ª División da AIB League con base en Limerick. Está afiliado á Universidade de Limerick.

O club está afiliado á federación de Munster e os seus xogadores poden ser seleccionados polo equipo representativo da rexión, o Munster Rugby.

O seu símbolo é o paporroibo (red robin). O xogador máis representativo do club no Munster Rugby é Barry Murphy.

Xoga os seus partidos en Annacotty e o University's Sports Arena, ademais de Thomond Park.

History[editar | editar a fonte]

O club resulta da fusión en 1999 do Bohemian RFC (fundado en 1922) e o University of Limerick (fundado en 1972).

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Irlanda, 2ª División : 2005
  • Campionato de Irlanda, 4ª División : 1995
  • Munster Senior League : 2006
    • Finalista (1) : 2007